"Non hai indicios de recuperación da anguía", di a UE o mesmo día que a Xunta levanta a súa veda
A Comisión Europea pide "maior ambición para facer fronte á mortalidade debida ao medio ambiente e, ao mesmo tempo, seguir adoptando medidas en materia de pesca", pero a Xunta rexeita elevar a súa protección
Rueda valora un novo cargo para o ex-conselleiro Villares tras ser exculpado de agresión sexual: "Depende del"
"Non tería problemas para volver á vida pública", di o presidente, que insiste en que a oposición debe pedirlle desculpas
A Xunta desvela que inspecciona 'en secreto' as liñas de bus desde este luns e pon sobre aviso ás empresas
O Goberno galego volve avisar as concesionarias da realización de 1.974 inspeccións e mesmo das liñas e momentos do día nas que porá o foco: "Horas punta nas conexións Ferrol-A Coruña e Santiago-Vigo", en mans de Monbus
Compañeiros do maquinista condenado por Angrois queren o seu indulto, con debate entre as vítimas
Sentenciado a dous anos e medio por 79 mortes, evitaría a cadea cun perdón parcial de medio ano, o mesmo que recibiron en 2009 dous maquinistas por un accidente en Navarra en 1997 con 18 mortos
O PP vota "non" a todas as propostas de BNG e PSdeG agás tres no debate de política xeral
Os populares só aceptaron sen mudalas unha proposta nacionalista e outra socialista, e negociaron outra máis con estes, e 11 do total de 52 aprobadas foron por unanimidade
O Sergas regula as queixas da cidadanía con dúas décadas de atraso e tras pedirllo o Defensor del Pueblo
Sanidade dáse mes e medio para responder reclamacións ou suxestións pero sen sancións se non o fai
A Xunta pide a AP-9 mentres admite que "non dispón" de medios para controlar as súas autoestradas
O Goberno galego subcontrata un servizo de apoio na supervisión das concesionarias galegas ao que tamén encargará estudos sobre autoestradas que na actualidade son estatais
O 70% das propostas do PP no debate de política xeral reclaman algo ao Goberno de Sánchez
BNG e PSdeG piden no Parlamento de Galicia máis actuacións da Xunta coas súas propias competencias en vivenda e sanidade
O futuro do CGAC en 5 páxinas: a Xunta remuda a dirección cun funcionario entre malestar do mundo cultural
Santiago Olmo deixa o cargo tras unha década e o Goberno galego convoca un proceso de libre designación restrinxido a funcionariado que deberá propoñer un proxecto de dirección e programación do centro de "máximo 5 páxinas"
- Crónica Debate 2026
- Política
Rueda, agora "en serio"
"O rexistro de [demandantes] de vivenda está subindo porque a xente agora se dá conta que o da vivenda vai en serio", resume o presidente, que no debate de política xeral tamén dá sinais de poñerse serio co persoal de baixa laboral no que BNG e PSdeG observan como un cuestionamento da clase traballadora e dos médicos
Rueda pon no albo o persoal de baixa laboral e afonda a viraxe na vivenda
O presidente anuncia no debate de política xeral do ecuador da lexislatura unha nova reforma da Atención Primaria, que será máis estrito no ensino e "unha nova delegación en Bos Aires"
A UE insiste en que prorrogar concesións na costa como quere a Xunta "vulnera" o libre mercado
Tras preguntar á Comisión Europea pola cuestión, o eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares cuestiona se a Xunta e a conselleira de Medio Ambiente "van asumir a factura" das ilegalidades