Bus directo Ferrol-Lugo tras meses de trámites: a lenta mellora de Diego Calvo tras os fracasos de Ethel Vázquez
O Goberno galego xa rescindiu por insuficientes oito das concesións outorgadas en 2020 que debían durar ata 2030, pero só foi quen de volver adxudicar a primeira e saca agora a concurso a segunda, mentres as anteriores empresas seguen a prestar o servizo
Empeoran de novo os buses da Xunta: faltas de información e puntualidade, principais eivas
Preto de 2.000 inspeccións secretas levan ao Goberno galego a admitir que a puntualidade "condiciona a quen depende dun transbordo ou emprega o servizo para chegar ao seu lugar de traballo", mentres mellora o transporte escolar compartido
Cando "os do non" son do PP: o Concello de Oia mobilízase contra o novo proxecto eólico na Groba
Os populares recorren a estratexias de protesta como a distribución de alegacións xenéricas para que as asine a cidadanía de xeito masivo ou a organización de charlas e pronúncianse oficialmente "contra estes proxectos"
Cinco anos despois de prometelos Feijóo aínda non hai data para os centros de coidados intermedios
Anunciados no debate da autonomía de 2021, Política Social non dá prazos tras gastar xa 1,1 millóns na adaptación en Santiago do infrautilizado Cegadi e mentres destina outros 11,6 millóns á rehabilitación do antigo hospital do Rebullón en Mos para o mesmo fin
- Datos Reféns de Audasa
- Acontece
Audasa supera os 100 millóns de euros de beneficio en 2025
A concesionaria da AP-9 dispara o seu resultado tras impostos un 11,7% malia que o tráfico sobe só un 4,7% e os ingresos por peaxes un 8,5%
A Xunta perde un preito de 1,8 millóns de euros pola súa lentitude en revisar subvencións
O Goberno galego tardou cinco anos en reclamar a Angulas Aguinaga que devolvese axudas que consideraba que non lle correspondían por non ser pequena ou mediana empresa, pero o TSXG di que foi demasiado tempo e que o requisito era previo
140 anos da ponte Tui-Valença e sen data para o AVE: cando o tren con Portugal ía á par do da Meseta
As dúas vilas fronteirizas celebran o aniversario da que segue sendo única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal mentres Madrid e Lisboa seguen sen concretar a súa modernización
Santiago, A Coruña, Vilagarcía e agora Neda: as derrotas xudiciais de Abogados Cristianos en Galicia
O TSXG desestima un recurso contra a retirada dunha Cruz dos Caídos en Neda logo de que a xustiza inadmitise demandas contra feitos similares en Vilagarcía, unha charla sobre Lenin na Coruña ou a retirada pola Xunta dun monumento a Xoán Paulo II
Unha vítima ao día nos centros de crise de violencia sexual en Galicia
Tras un ano de silencio a Xunta revela ao Parlamento as primeiras cifras, incompletas, sobre o funcionamento dos cinco centros impulsados polo Estado cuxa xestión o Goberno galego privatizou
- Entrevista | Diego Martín (Semaf) Angrois: traxedia en Compostela
- Política
"Non queremos que as melloras tras Adamuz queden durmidas por interese político como en Angrois"
O secretario xeral do Sindicato de Maquinistas (Semaf) analiza a sentenza do accidente de Angrois, que acata pero non comparte, e os sinistros de Adamuz e Rodalies e asegura que o tren é seguro ou non se porían en risco eles mesmos
A Xunta acouta o material escolar ou deportivo que se pode desgravar na declaración da renda
Permite roupa ou calzado deportivo para Educación Física, mochilas ou libros de lectura establecidos polo centro pero non uniformes nin "material de carácter recreativo"
O Estado retira a Stellantis unha axuda de 20,7 millóns que para a UE non contribuía a desenvolver Galicia
A axuda á fabrica viguesa foi outorgada en 2017 sen "ningunha obriga de novos postos de traballo" e a Comisión Europea abriu unha investigación en 2019 sen que España puidese xustificar ata agora a legalidade