Alcoa pide ampliar a súa balsa de lodos a 110 metros de altura un ano despois de superar os 100
A empresa solicita a ampliación outros seis metros máis do depósito de residuos perigosos de Xove logo de que a Xunta autorizase elevar a cota ata os 104 metros en febreiro do pasado ano.
O accidente dun tren nas Neves custa máis de 2 millóns á espera dos 265 xa previstos para a liña do Miño
Tras anos de espera por melloras da liña Vigo-Ourense, o descarrilamento en novembro dun convoi de mercadorías por un corremento de terras, co maquinista ferido, está a ser investigado agora pola CIAF como "grave" polo seu elevado custo
Dous trimestres no bus co agresor: "Preocupación" do Defensor del Pueblo pola lentitude co acoso escolar
O Defensor del Pueblo únese á Valedora e afea o desleixo na loita contra o acoso no ensino galego
Sánchez lembra a Feijóo que tras Angrois o PP "tapou probas e puxo obstáculos"
O presidente do Goberno de España gábase de que permitiu unha comisión de investigación parlamentaria sobre o Alvia pero obvia que leva anos sen emitir as súas conclusións
A senda litoral de 1.300 quilómetros prometida por Rueda redúcese a obras nun 10% porque o resto xa existe
O presidente di agora que o 90% do Camiño do Litoral "non precisa adaptacións significativas" porque coincide con treitos xa transitables e calcula o custo total en 2 millóns de euros
Rueda suprime as comarcas porque "a maioría dos galegos non quere multiplicar administracións"
"Veño do mundo local", di o presidente -secretario municipal e director xeral de Administración Local con Fraga- para defender que "interesa moitísimo máis potenciar a planta municipal, garantir a súa sostibilidade"
A Xunta retirou a atención psicolóxica a unha vítima de violencia machista en contra do criterio profesional
O Defensor del Pueblo afea a Política Social que a atención que presta a través do Colexio de Psicoloxía estea limitada a un máximo de 15 sesións e pediulle derivar a afectada a servizos públicos gratuítos, o que "non ocorreu neste caso"
Rueda recúa e dará "unha solución" a quen xa pagou os libros de texto en efectivo para que os poida desgravar
O presidente di poñerse "na pel dos afectados" que "actuaron de boa fe e polo tanto hai que darlles unha solución"
"Máis de 500 aeroxeradores en 25 km": Estado e Xunta cadran no límite aos eólicos na Serra do Suído
O Goberno galego considera tamén superada a capacidade eólica do Barbanza e zonas da Costa da Morte, a Mariña ou a Serra do Faro mentres contrata aínda agora o novo Plan Eólico anunciado por Rueda hai 15 meses e que aprobará dentro de tres anos
Cando o banco cobra (ilegalmente) comisión pola Risga ou o Ingreso Mínimo Vital
A Audiencia de Pontevedra condena a Caixabank por cobrar comisións a un home que só precisaba unha conta social básica sen custo para ingresar a renda de inclusión, un problema que a Valedora do Pobo vén detectando de xeito reiterado en varias entidades
Cando Fraga prometía a comarcalización: "En ningún sitio é máis necesario ca na nosa terra"
A lei de comarcas de 1996 agora derrogada foi unha aposta persoal de Fraga, que prometera un esquema "próximo no posible ás deputacións" que moi pronto quedou reducido a actuacións desenvolvemento rural
A Xunta suprime as comarcas
Malia estar previstas no Estatuto como entidades locais propias de Galicia, o Goberno galego vai derrogar a lei de 1996 coa que Fraga quixo impulsar as comarcas, liquidadas de feito durante os mandatos de Feijóo