Portugal estende a todo o país as restricións polo coronavirus que aplicaba en Lisboa e limita os horarios comerciais
Limita a 4 persoas os grupos na hostalería nas proximidades de escolas e en centros comerciais e restrinxe a venda de alcol. A regulación no uso da máscara continúa como ata agora
O perito xudicial non ve probas documentais de eivas no Alvia e reitera a falta de seguridade da liña Ourense-Santiago
O experto ao que o xuíz encargou pescudar nas denuncias dun ex-mecánico de Talgo insiste en que a causa do accidente non foi o estado do tren senón o exceso de velocidade sen que existise ningún sistema que evitase o despiste do maquinista
- Análise
- Política
Do peso político de Romay e Cuíña na primeira Xunta de Fraga aos ex-directores xerais dos gobernos de Feijóo
Presidentes de deputacións, baróns territoriais, conselleiros de anteriores gobernos e políticos de longa traxectoria conformaron o primeiro goberno do vilalbés, no que varios dos actuais conselleiros eran directores xerais
A Xunta é condenada a convocar un novo concurso de licenzas de radio: "está vinculado á liberdade de expresión", di o TSXG
O Goberno galego argumentou que a radio dixital terrestre non é rendible pero o tribunal dille que iso é cousa das empresas que decidan arriscarse e salienta que “o interese xeral demanda a convocatoria do concurso”
- Documentos Coronavirus
- Acontece
Da aceleración de Pontevedra á "agrupación de casos" na Coruña: os argumentos oficiais das novas restricións fronte ao coronavirus
A Xunta, que non fai públicos os detalles da incidencia da pandemia en Galicia, limítase a comunicar algún detalle da situación en cada zona na que toma unha nova decisión
Agadic reinterpreta as súas bases de selección en tres montaxes que impedían que a mesma actriz tivese varios papeis
A axencia das industrias culturais volveu privatizar a contratación de parte do persoal das tres próximas producións do CDG mentres que noutra parte que seguiu dependendo dela deu postos en dúas obras á mesma persoa, que acabou renunciando a un polo risco sanitario non contemplado previamente por Agadic
Do impacto de ata o 15% no negocio a atrasos en proxectos: as previsións das autoridades portuarias polo coronavirus
As auditorías das contas dos portos estatais, que veñen de ser publicadas no BOE, coinciden na “incerteza” que a pandemia supón para o seu funcionamento. A Coruña apunta ao impacto da crise no tráfico de hidrocarburos e sinala que “se verá afectado o ritmo de investimento”, Ferrol-San Cibrao sinala que xa decidiu adiar algúns pagamentos e Vigo admite atrasos de proxectos pero non espera problemas de tesourería polo seu “exceso de liquidez actual”
- Análise Coronavirus Galegas 2020
- Política
Menos perfil político para Sanidade, o departamento do ‘conselleiro’ Feijóo
Julio García Comesaña sucede á fronte da Consellería a tres persoas ‘do partido’ nun momento en que o presidente do Goberno galego reclama para si todo o protagonismo da xestión sanitaria
Seis anos de silencio administrativo: o TSXG condena a Xunta a pagar a prestación dun dependente falecido á filla coa que convivía
O tribunal censura como “reprobable” que o Goberno galego “non se dignou” responder á muller, cuxo pai morreu en 2012 mentres agardaba desde 2009 a que se lle recoñecese o dereito
A oposición critica o continuísmo e a perda de peso das mulleres no novo Goberno de Feijóo, ao que piden “impulso” fronte ao coronavirus
Pontón e Caballero reclaman que os cambios non se queden “nas caras”
- Galería Coronavirus Galegas 2020
- Política
Feijóo muda de conselleiros de Sanidade e Educación en plena pandemia a catro días da volta ás aulas e nomea un vicepresidente económico
O presidente divide Emprego e Economía e ascende ao titular desta, Francisco Conde, ao tempo que volve agrupar Educación con Cultura en mans de Román Rodríguez e entrega Sanidade ao ata agora xerente de Vigo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Tres novas mortes elevan a 40 os falecidos con coronavirus no último mes en Galicia tras os dous meses anteriores sen ningunha
17 das persoas falecidas vivían en residencias de maiores, nas que hai 162 casos activos entre os usuarios