- Datos Escola pública
- Acontece
Os casos de coronavirus nos centros educativos aumentan a 161, con 35 aulas pechadas
O segundo parte oficial divulgado pola Xunta este martes, tras o primeiro do pasado sábado e aínda sen comezar as clases en secundaria, reflicte un aumento de 65 casos e 8 aulas afectadas
O falecemento dos dous pilotos do hidroavión caído en Lobios fai que as mortes por incendios forestais superen a trintena en tres décadas
Persoal dos servizos de extinción seguido de persoas de idade que estaban realizando queimas son o perfil máis habitual
- Datos Coronavirus
- Acontece
Segue a moderación no ritmo de novos casos de coronavirus en Galicia, pero con tres mortes máis
Os datos deste luns, tras a habitual caída de notificacións da fin de semana, sitúan en 194 os novos casos positivos da última xornada, por baixo dos 200 por primeira vez en dúas semanas
Milleiros de aspirantes, á expectativa da previsión da Xunta de retomar as oposicións en outubro
O Goberno galego vén de nomear tribunais para varios procesos, o que implicaría a celebración dos exames en cuestión de semanas, pero os sindicatos descoñecen aínda os protocolos e lugares
- Documento O foco na transparencia
- Política
O Tribunal Superior obriga a facer público o impacto dun parque eólico nos paxaros dun espazo protexido
O TSXG rexeita o recurso da empresa contra a decisión da Xunta de facilitar a Praza.gal, en aplicación da Lei de Transparencia, informes ambientais dun parque en Rede Natura na Serra do Xistral, entre Abadín e Muras
A chuvia e novos cálculos deixan en 8.800 as hectáreas ardidas na última semana en Ourense, 2.000 máis que en 2019 en toda Galicia
Sete dos incendios acadaron a consideración de grandes lumes forestais ao superar as 500 hectáreas, e en varios deles houbo que activar a Situación 2, nivel de alerta empregado cando están en risco zonas habitadas
A Xunta tamén rectifica os protocolos de residencias e centros de día segundo o risco de coronavirus
O Goberno galego dita novas instrucións para que os centros sociosanitarios non teñan que pechar en territorios con restricións específicas e lígaas a variables que non adoita facer públicas
- Documento Coronavirus
- Acontece
Xa é obrigatorio comunicar a chegada a Galicia desde a metade das comunidades autónomas
A Xunta inclúe a Cantabria, Castela-A Mancha, Murcia e Melilla na lista de territorios con control de viaxeiros polo coronavirus, da que saen Xibraltar, República Dominicana e Porto Rico
A Xunta destina 80.000 euros a que a patronal coxestione o bono turístico para o persoal sanitario
O Goberno galego leva anos deixando o deseño e execución das políticas do sector en mans da asociación Clúster do Turismo de Galicia, á que dedica outros 150.000 euros para que asesore ás empresas fronte ao coronavirus
Tras eloxiar a súa xestión, Feijóo remuda as cúpulas de Sanidade e Política Social e as delegacións territoriais da Xunta
Os novos nomeamentos nas consellerías eran cargos inferiores que agora son ascendidos mentres que nas delegacións óptase por persoas de confianza do partido
Feijóo insinúa falta de "prudencia" das autonomías que publican datos da COVID-19 abertos e por territorios
O presidente apela ao “segredo profesional” para non divulgar datos desagregados que si se están a facilitar na gran maioría do resto do Estado. "Non é un problema de ocultación, é un problema de prudencia", xustifica mentres autos xudiciais reflicten datos do coronavirus por concellos que o Goberno galego non publica
A Xunta desbota investigar se empresas de buses atentaron contra a competencia ao non loitar entre elas no maior concurso do sector
Tras varias denuncias da CIG contra unha ducia de empresas, o departamento de Mobilidade só requiriu explicacións a Monbus e Alsa por concorrer xuntas en catro lotes e non competir noutros dez