- Reportaxe
- Política
Feijóo vai por libre no PP de Casado
O presidente da Xunta obvia directrices do partido e volve rexeitar a coalición con Ciudadanos que impula Génova: "En Galicia non é necesario". Malia non ter fixado aínda a data das eleccións galegas, todos no PP dan por feito que repetirá como candidato
Un xulgado destapa pagos en B e contratos temporais durante unha década a unha traballadora da UXT de Vigo
As irregularidades reflícteas a sentenza que anula o despedimento e conclúe que a Federación de Servizos do Sindicato usou un ERE para "liquidar" a rivais tras unhas eleccións internas
Ameaza de despido á presentadora que criticou o uso partidista da TVG ante Feijóo
A dirección da canle pública ten en marcha un expediente por falta moi grave contra Tati Moyano supostamente por se maquillar nas instalacións públicas para presentar unha gala contra o cancro. O comité de empresa alega que se trata dunha práctica habitual e ven no proceso unha "represalia" polas protestas
A CRTVG apercibe a xornalista que dimitiu do Telexornal tras participar nunha gala benéfica
A Corporación aclara que abriu "un proceso informativo" a Beatriz Moyano por un "posible incumprimento" da norma que impide usar medios da CRTVG para actos alleos á compañía. A maioría de presentadores da TVG apoiouna cun escrito e pediu á empresa un protocolo claro de actuación
A xuíza desestima a demanda sobre 'Fariña' e condena a pagar as custas ao ex-alcalde do Grove
A maxistrada sentenza que o libro de Carretero “está baseado en feitos probados descritos en sentenzas firmes” e que non existe “ningunha vulneración ao dereito ao honor”
Venres negros, condena por vulnerar a folga do 8-M e dimisións de presentadores: a Feijóo incéndiaselle a TVG
A renuncia dos presentadores do Telexornal Serán por diferenzas coa política informativa aviva as protestas nos medios públicos
A Xustiza suspende o secuestro de 'Fariña'
O tribunal considera que debe primar "o dereito á libre información de feitos históricos veraces e obxectivos sobre o dereito á honra do solicitante, por canto que ningunha nota engade a obra ao descrédito ou á sona" de Bea Gondar
As ordes da TVG sobre a sentenza da Gürtel: “40 segundos de vídeo como máximo”
VÍDEO | A cobertura da sentenza durou finalmente 76 segundos entre a presentación e o vídeo, obviou os detalles da condena ao PP e ocultou que Pablo Crespo foi número 3 do partido en Galicia
A sentenza da Gürtel condena os líderes da trama e certifica o financiamento do PP con diñeiro negro
Máis de 50 anos de cadea para Correa, 33 para Bárcenas e 37 para Pablo Crespo, ex-número tres do PPdeG. O Partido Popular, condenado "a título lucrativo" nun ditame que é un catálogo da corrupción con todos os delitos posibles: só os 28 de prevaricación suman 194 anos de inhabilitación.
O albanel de Alianza Popular que factura 750 millóns en adxudicacións públicas
Manuel Taboada, antigo edil en Silleda ben relacionado co PP galego, converteu a súa pequena empresa na construtora que máis contrata coa Xunta. Durante a súa amizade con Cuiña a construtora iniciou un crecemento que chega ata hoxe
A ministra de Sanidade frea a fichaxe da cargo do Sergas investigada por homicidio imprudente no caso da hepatite
O plan establecido pola directora xeral de Farmacia do Ministerio foi freado por Montserrat: "Nin vai vir facer un estudo nin será contratada para ningún posto, non con esta ministra". González-Criado, de quen a oposición galega e a plataforma de doentes vén reclamando o seu cesamento, abandonou o cargo e regresou ao seu posto de funcionaria rasa
O Ministerio de Sanidade ficha unha das responsables do Sergas imputada por homicidio no caso da hepatite
A ata agora subdirectora xeral de Farmacia marcha ao Goberno central para realizar un estudo sobre a área farmacéutica, pero fontes do Ministerio de Sanidade admiten que o seu destino definitivo será o posto de subdirectora xeral de Calidade do Medicamento