A Coruña é a cidade galega que usa máis o transporte público e menos o coche e Ourense e Pontevedra as que máis camiñan
A maior parte dos desprazamentos ao lugar de traballo ou estudo realízanse en coche, pero na cidade herculina un 20% vai en tren ou autobús e nas dúas capitais provinciais do sur o 30% vai andando. Ferrol é onde máis se emprega o vehículo privado, máis utilizado por homes que por mulleres e especialmente polos varóns entre 30 e 50 anos.
- Datos
- Acontece
No 45% dos fogares galegos as mulleres encárganse da maioría das tarefas domésticas, tres veces máis que os homes
Os datos do Censo 2021, publicados polo INE, poñen datos á división sexual do traballo de coidados, no que as mulleres seguen a cargar coa maior parte dos labores no fogar e á hora de atender a menores ou a maiores dependentes. O 13% dos homes que viven en parella e con fillos na vivenda non realizan ningunha tarefa e un 38% só unha pequena parte.
"A cita previa obrigatoria non se axusta a dereito e só beneficia á Administración, pero non á cidadanía"
Diego Gómez, avogado e profesor da Uvigo, puxo en marcha unha iniciativa para eliminar unha das poucas medidas aplicadas no marco da emerxencia sanitaria da COVID aínda vixentes. Lembra que a obrigatoriedade prexudica "aos máis débiles", como persoas maiores e migrantes e subliña que "aplicar normativas excepcionais a situacións ordinarias vai en contra do Código Civil"
- Interactivo Que turismo?
- Acontece
Carnota é o concello con máis concentración de pisos turísticos, que nas cidades se condensan nos cascos históricos
Na vila carnotá o 9% dos inmobles do termo municipal están rexistrados legalmente como vivendas de uso turístico. Sanxenxo achégase ao 8% (7,84%) e tamén Fisterra, O Grove, Corcubión, O Vicedo e Muxía superan o 5%. Na zona vella compostelá a porcentaxe supera tamén o 5%.
- Datos As cifras do galego
- Acontece
O Censo sitúa por vez primeira o castelán como a lingua usada con máis frecuencia en Galicia
A diferenza do último estudo lingüístico publicado polo IGE no 2019, no que o galego aínda aparecía como o idioma máis empregado, os datos do INE amosan que tanto no ámbito familiar, entre as amizades e no traballo, hai máis persoas que empregan o castelán "sempre" ou "frecuentemente".
- Datos
- Acontece
O cancro é a principal causa de morte por baixo de 80 anos agás na mocidade de 15 a 29 anos, onde dominan os suicidios
Entre a mocidade tamén destaca a importancia das mortes en accidente de tráfico e por riba de 80 anos son máis as defuncións ligadas a problemas circulatorios. No resto, os tumores son a principal causa, chegando a supoñer o 45% dos falecementos entre 50 e 59 anos e o 51% entre 60 e 69 anos
As eleccións municipais que seguiron ao Prestige: o día que o PP gañou en Muxía pero comezou a perder a Xunta
O PP agarrouse ao mantemento dos seus resultados na Costa da Morte para expoñer que a cidadanía avalara a súa xestión da catástrofe, pero Galicia estaba a vivir un cambio de ciclo que se confirmou dous anos despois. Os populares baixaron catro puntos no país e perderon parte do seu poder municipal, mentres que no resto do Estado mantiveron o apoio acadado catro anos antes.
Os alugueiros encadean outro ano de subas en Galicia e xa son un terzo máis caros que no 2015
Entre xaneiro e novembro os prezos medios aumentaron un 4,5%, un incremento que en barrios coma o Ensanche compostelán foi do 16%. Pontevedra e A Coruña son as cidades que máis se encareceron nos últimos anos
- Interactivo
- Acontece
O peso de Galicia na poboación do Estado caeu á metade no último século polo baleirado de Lugo e Ourense
En 1900 Galicia era o terceiro territorio máis poboado, por diante de Cataluña, a Comunidade Valenciana ou Madrid, e A Coruña era a cuarta provincia con máis habitantes (hoxe é a 12ª). A perda demográfica máis importante correspondeu ás provincias orientais.
O sur de Ourense e o interior de Pontevedra presentan as maiores taxas de paro de Galicia, con cifras preto do 25%
Quintela de Leirado (28,6%) é o concello con máis desemprego, nunha lista que continúa Vilardevós, Fornelos de Montes e Monterrei e 39 localidades superan o 20%. Hai 11 concellos por debaixo do 8% de paro, a maior parte no centro da provincia de Lugo
As comunidades de montes volven quedar fóra das axudas do Ministerio para impulsar proxectos de enerxías renovables
Os montes veciñais levan dous anos atopando atrancos para ser recoñecidas como 'comunidades enerxéticas locais' e poñer en marcha instalacións de autoconsumo. O Observatorio Eólico presentou un informe pericial que defende a participación dos comuneiros galegos pero que foi ignorado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
"O que máis lembra a xente do 'Mar Exeo' é a columna de fume negro, un recordo máis épico que triste"
Tres xornalistas de La Opinión da Coruña, Enrique Carballo, Marta Otero e Iván Aguiar (con quen falamos) veñen de publicar o libro Mar Egeo. El día que ardió el mar, que reconstrúe o sinistro que tivo lugar hai 30 anos e as súas consecuencias posteriores a través de entrevistas con algúns dos principais protagonistas.