- Entrevista | Joel Cava
- Ciencia e tecnoloxía
"A familia de Ana Kiro está emocionada porque a senten de volta grazas á intelixencia artificial"
Falamos con Joel Cava, coordinador do equipo creador da canción Florespiña, que a través da voz de Ana Kiro, finada hai 13 anos, representa a Galicia na final do IA Song Contest, o Eurovisión das músicas creadas con IA, e que A Coruña acollerá o vindeiro 4 de novembro.
- Entrevista | Haydee Castillo
- Mundo
"En Nicaragua Ortega iniciou unha guerra contra un pobo desarmado que non ten con que protexerse"
Canto vale a lingua galega? O seu impacto directo na economía do país suma 1.440 millóns de euros
A lingua galega xera máis de 27.000 postos de traballo, principalmente en educación e industrias culturais, segundo o documento O valor económico do galego, presentado este venres. No estudo, que realiza unha estimación "de mínimos", sinálase que os impactos indirectos e inducidos elevarían a 2.695 millóns de euros e case 50.000 postos de traballo o valor do galego.
O gasto da Xunta en políticas sociais baixou do 66% ao 63% do orzamento dende o regreso do PP ao poder
Aínda que o investimento medrou en termos absolutos e por habitante, fíxoo en menor contía que outras partidas das contas anuais da Administración galega. No conxunto do Estado a diminución foi mesmo máis importante: do 67% ao 59%. O gasto en educación en Galicia aumentou apenas un 9,9%, fronte ao 19,4% da media española.
O número de prazas de aloxamento para persoas sen fogar en Galicia sitúase por debaixo da media do Estado e descende dende o 2018
O INE publicou esta semana os últimos datos sobre os servizos de atención, que amosan un empeoramento dos equipamentos galegos de aloxamento, pero un aumento das prazas de comedor e comidas servidas. Tamén se dispara o número de intervencións na rúa, moi por riba dos datos globais do resto do Estado
As mulleres no Seminario de Estudos Galegos: de Carmiña Sierra a unha ducia de socias activas
Aurora Marco vén de publicar a biografía Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos), presentada este xoves en Pontecesures, onde naceu en 1906 esta mestra e militante comunista que en 1923 se converteu na primeira muller en ser admitida na institución.
A voz de Ana Kiro revive da man da intelixencia artificial para representar Galicia no AI Song Contest con 'Florespiña'
Este venres presentouse a peza creada polo equipo PAMP! que o 4 de novembro participará na final do festival de eurovisión das cancións xeradas por intelixencia artificial, que este ano se celebra na Coruña. O tema rende homenaxe á artista arzuá, finada hai 13 anos, "unha muller adiantada ao seu tempo" e "un exemplo de resiliencia", ao igual que a flor do toxo.
O Consello da Cultura urxe a actuar ante o dano do eucalipto ao patrimonio e critica a "pasividade" da Administración
Un informe do CCG analiza os prexuízos provocados pola expansión das especies de crecemento rápido nos montes do país. Alerta de que existe un "amplo marco normativo" para protexer o medio, pero denuncia que os instrumentos presentes nestas leis non se desenvolven e que a Administración actúa con "pasividade".
- Entrevista | Miguel Anxo Seixas
- Cultura
"Cando se crea o Seminario de Estudos Galegos, a Universidade non atendía á realidade do país"
En outubro de 1923 créase o Seminario de Estudos Galegos, un centenario que se conmemorará cun congreso no CCG e unha exposición que se pode ver na Cidade da Cultura ata final de ano. Falamos con Miguel Anxo Seixas Seoane.
- Reportaxe
- Acontece
90 anos do recoñecemento de Galicia como 'nación' que puxo "na axenda global" un "problema nacional a resolver"
Entre o 16 e o 18 de setembro de 1933 celebrouse o IX Congreso de Nacionalidades Europeas (CNE), organismo da Sociedade de Nacións, unha cita na que por vez primeira vez Galicia -representada por Plácido Castro- foi recoñecida oficialmente como nación. Falamos con Xulio Ríos, Presidente de Honra do IGADI, sobre a importancia deste feito e a necesaria aposta por unha estratexia internacional de país.
- Entrevista | Alfonso Iglesias
- Acontece
"A Ditadura de Primo de Rivera supón a fin de Alfonso XIII, que liga a traxectoria da Monarquía á do ditador ao darlle o seu apoio"
O 13 de setembro de 1923, hai hoxe cen anos, Miguel Primo de Rivera iniciou unha sublevación militar que deu lugar a un réxime autoritario que durou ata 1930. Falamos con Alfonso Iglesias Amorín, do grupo Hispona da USC, secretario do congreso Revisitando a Ditadura de Primo de Rivera. O Centenario do Golpe de Estado de 1923, que este xoves e venres acolle o Consello da Cultura Galega
O acceso á vivenda, máis difícil: os alugueiros nas cidades galegas dispáranse un 11,6% no último ano e medio
No que levamos de ano os prezos dos alugueiros incrementáronse moi por riba da inflación, cun aumento do 6% no conxunto de Galicia, que é maior nas urbes e grandes vilas. Os aumentos dende xaneiro de 2022 superan o 15% na Coruña e o 14,5% en Santiago