- Interactivo
- Economía
As zonas rurais de Ourense e Pontevedra encabezan o mapa da pobreza en Galicia
O 11,3% dos galegos e galegas contan con rendas inferiores aos 7.500 euros anuais, unhas 300.000 persoas. E o 20,6% percibe ingresos por debaixo dos 10.000 euros ao ano, ao redor de 600.000 persoas. As porcentaxes son superiores no caso dos menores de 18 anos, que nun 26% viven en fogares con ingresos baixos
Aldealista, un 'Tinder' para dar visibilidade ás aldeas cun obxectivo final: fixar poboación
En novembro nace unha aplicación que busca facilitar o contacto entre aldeas abandonadas ou despoboadas e as persoas que en calquera parte do mundo poderían estar interesadas en pasar alí unha tempada -ben como turistas ou nunha estadía de teletraballo- ou mesmo marchar a vivir nelas
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A pandemia baleirou cidades e zonas turísticas e encheu os concellos ao redor das áreas urbanas
A gran maioría dos concellos galegos gañaron habitantes neses meses, poboación flotante que habitualmente marchar estudar, traballar, mercar ou a un centro médico) ás principais cidades, que ficaron máis deshabitadas entre marzo e xuño daquel 2020, o mesmo que aconteceu en diversas localidades turísticas. Debullamos os datos de carga poboacional que vén de divulgar o IGE
- Entrevista | Wesley Guerra
- Mundo
"Bolsonaro saíu fortalecido e Lula vaino ter moi complicado: mesmo se gaña a segunda volta vaille ser difícil gobernar"
A primeira volta das eleccións brasileiras deixou a Lula da Silva como candidato máis votado, pero cunha maioría insuficiente ante un Bolsonaro que superou as previsións das sondaxes. Falamos co colaborador do IGADI Wesley Guerra sobre o resultado dos comicios e as opcións de cada candidato para o segundo turno, que terá lugar o 30 de outubro.
- Entrevista | Alfonso López Rodríguez
- Política
"A ultradereita fréase con políticas que combatan a desafección e acheguen a recuperación económica á maioría"
O pasado domingo Fratelli d'Italia gañou as eleccións no país transalpino. É a primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial que a ultradereita vai liderar un dos grandes países europeos. Falamos con Alfonso López Rodríguez, profesor da Facultade de Ciencias Políticas da USC, sobre os factores que alimentan o ascenso destas forzas e como combatelas
As vivendas dispoñibles para alugar en Galicia limítanse a catro mil inmobles con prezos que non deixan de medrar
Nos últimos cinco anos o prezo dos alugueiros aumentou entre un 20% e un 40% no país, cun mercado limitado pola auxe dos pisos turísticos e a ausencia das necesarias reformas nas vivendas baleiras. Segundo FEGEIN o circuíto de comercialización limítase a 3.900 inmobles, máis da metade concentrados nas sete cidades
- Entrevista | Uxío-Breogán Diéguez
- Acontece
"A Transición foi moito máis complexa do que se cre e nela os movementos que desafiaron a ditadura tiveron un papel clave"
O Centro Universitario de Riazor acolle este venres e sábado o congreso 'As Outras Protagonistas da Transición', organizado pola Cátedra de Memoria Histórica da UDC. Trátase do primeiro gran encontro científico sobre o proceso da Transición en Galicia e céntrase nos actores e voces que decote fican ausentes do relato establecido ao redor deste tempo histórico
Navantia terá que indemnizar a Pillado con 128.000 euros por non protexer o persoal dos estaleiros ante o amianto
O ex-sindicalista estuda recorrer a sentenza, que xulga insuficiente, e busca converter o seu proceso en causa colectiva contra “os asasinatos silenciosos” causados polo amianto
- Entrevista | Anselmo López Carreira
- Cultura
"A forma en que se construíu o paradigma da historia de España foi un camiño no que Galicia ficaba á marxe"
O pasado xoves finalizou o Congreso sobre o Reino medieval de Galicia, que buscaba "poñer fin á ocultación do Reino de Galicia" e axudar a divulgar esta realidade histórica. Falamos co historiador Anselmo López Carreira, curador científico do encontro
- Entrevista | José Gómez Alén 50 anos 10M 1972
- Acontece Vigo
"A conciencia democrática e as loitas obreiras da Transición estiveron alimentadas polos 15 días de folga xeral de Vigo"
En setembro de 1972 máis de 25.000 traballadores de Vigo e a súa comarca levaron a cabo durante 15 días unha folga xeral que desafiou ao franquismo, tivo un grande impacto posterior e que se converteu nunha das máis importantes levadas a cabo no Estado ao longo de toda a ditadura. Porén, hoxe o seu recoñecemento segue moi lonxe do que esta mobilización merecería. Falamos co historiador José Gómez Alén
- Reportaxe
- Cultura
Cen anos das primeiras editoriais galegas modernas: da pioneira Céltiga ao "proxecto de país" de Ánxel Casal
Céltiga, Lar ou Nós buscaban "conquistar amplos públicos lectores, para o que se deseñaban capas atractivas, se poñían en marcha coleccións temáticas, e se elaboraban estratexias de mercado e publicidade"
“Ollo nace para dar valor ao fotoxornalismo e documentar temas que non se tratan da maneira axeitada"
Vén de nacer Ollo, un colectivo de fotoxornalistas e de persoas vencelladas ao documentalismo gráfico e videográfico e á xestión cultural en Galicia que se presenta na revista 5W co proxecto Lumes, resultado de 15 anos de imaxes e experiencias ao redor da problemática dos incendios no país. Falamos con Vanessa Casteleiro