- Obituario
- Cultura
Morre Dorothé Schubarth, a musicóloga que puxo nome (de muller) á tradición oral galega
Entre 1978 e 1983 percorreu o rural galego recollendo ao redor de 5.000 cancións en colaboración con Antón Santamarina, un traballo de recuperación e catalogación que se converteu na obra Cancioneiro Popular Galego. Nos últimos anos recibiu recoñecementos coma o galardón honorífico dos Premios Martín Códax ou a homenaxe da plataforma A Sega. Finou en Basilea aos 79 anos
Festivais de cine denuncian "déficit histórico" nas axudas da Xunta e alertan de "agravios comparativos" en beneficio dalgún certame
Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, que agrupa 19 certames, critica o "estancamento" nas axudas públicas do Goberno galego e faise eco da denuncia que o PSdeG levou ao Parlamento sobre o "reparto arbitrario" de fondos da Xunta dirixidos a festivais
- Datos
- Ciencia e tecnoloxía
Radiografía do cancro en Galicia: colorrectal, pulmón e próstata, os máis habituais, e os homes os máis afectados
A Xunta puxo en marcha o Rexistro Galego de Tumores (Regat), que analiza con detalle a incidencia, distribución e mortalidade dos distintos tipos tumorais. No ano 2020 diagnosticáronse un total de 16.689 e 8.125 persoas morreron por esta causa.
Propoñen unha homenaxe a Joám Facal, que traballou "para que a casa de todos sexa mellor"
Un artigo de Santiago Lago Peñas reclamando unha celebración colectiva de tributo ao enxeñeiro, economista e político foi continuado por outro de Lourenzo Fernández Prieto que tamén avogaba por unha homenaxe aínda en fase de proposta e aberta á incorporación de ideas e persoas para o seu deseño e organización.
Máis mulleres e menores de 55 anos: o perfil do voto por correo en Galicia, escorado á esquerda
O 6,5% do censo CER galego solicitou o voto por correo. A porcentaxe foi maior nas mulleres (6,9%) que nos homes (6,1%) e disparouse nas persoas entre 25 e 34 anos (10%) e entre 35 e 44 (9,6%). Un estudo do CIS amosa que as forzas progresistas obteñen un maior apoio entre as persoas que solicitaron o voto a distancia.
- Entrevista | Moura
- Cultura
"A mellor forma de manter viva a tradición musical é empregala e usala dende outras perspectivas"
A mestura de psicodelia, rock progresivo e tradición galego converte a Moura nunha das bandas emerxentes máis destacadas no Estado nos últimos tres anos. Unha proposta nova, pero que tamén mira aos anos 70 e máis atrás, e na que todo flúe á perfección. O vindeiro venres 25 actuarán na Cidade da Cultura no marco do ciclo Atardecer no Gaiás. Falamos con Diego Veiga.
Aurora Marco, 'Señora das Letras' polo seu traballo de recuperación da memoria das 'silenciadas' na historia galega
Ribeira acolle este martes 15 de agosto a décima edición da celebración do Día das Galegas das Letras realizada pola plataforma de crítica literaria A Sega. As súas obras Elas, Mulleres na guerrilla antifranquista galega ou Irmandiñas deitaron luz sobre o papel xogado por un gran número de mulleres ata entón invisibilizadas
Verán de seca en Galicia: alerta da Xunta e chamadas a limitar regas e piscinas tras meses de falta de chuvias
O pasado luns a Xunta declarou a situación de seca prolongada nas concas das rías da Coruña e Betanzos e nos sistemas de abastecemento de Ferrolterra e da Mariña. En xullo a precipitación media en Galicia foi un 43% inferior ao valor climático normal e a primavera foi un 24% máis seca do habitual
- Datos
- Economía
Concellos e Xunta aumentaron a súa débeda no 2022 e as deputacións reducírona ao mínimo da última década
A débeda dos 313 municipios do país galegos pasou de 236,7 millóns de euros a 250,4 millóns o pasado ano, no segundo aumento consecutivo despois do mínimo acadado en 2020. Dende o ano 2010 a débeda da Xunta aumentou en 5.788 millóns, unha suba do 94%
Galicia recupera os 2,7 millóns de habitantes cun aumento de dez mil persoas nos últimos dous anos
A poboación aumentou en seis mil persoas nos últimos doce meses e en máis de dez mil dende o mínimo acadado en xullo de 2021. Fronte a unha natalidade á baixa e cun saldo vexetativo claramente negativo, é a inmigración a que está evitando un despoboamento maior
De Catuxa Salom a Natalia Lacunza, un mes de agosto de 'atardeceres no Gaiás' para bailar "sen fronteiras"
O ciclo ofrece nas vindeiras semanas unha programación variada e de primeiro nivel: Catuxa Salom, KYR4, Bejo, Lontreira, Faíscas e Xa'lum, Parquesvr, Júlia Colom, MOURA, Ben l'Oncle Soul ou Natalia Lacunza. Rap, tradi, folktrónica, rock, pop... Que o solpor nos atope bailando. Falamos con Catuxa Salom, unha das sensacións da música galega dos últimos meses, que actúa na Cidade da Cultura este xoves 3.
- Datos Xerais 23X
- Política
O PP asentou o seu triunfo en Galicia nas zonas máis envellecidas e nos barrios de maior renda
As seccións censuais cunha maior idade media votaron de forma contundente o PP. Nos lugares de menor renda, que adoitan ser rurais e envellecidos, tamén dominaron os populares. De igual xeito, as seccións con máis renda, no centro das cidades, o voto ao PP disparouse por riba do 45% e o da esquerda caeu de forma abrupta, mentres que tamén medrou o de VOX