Sindicatos e profesorado acusan a Xunta de desmantelar a FP coa conversión a 'online' de ciclos presenciais
A Consellería de Educación defende que "son unicamente sete" os ciclos afectados e afirma que os cambios atenderon "ás solicitudes dos centros", algo que algúns dos afectados negan. CIG-Ensino e departamentos alertan do prexuízo para alumnado e profesorado e din que a medida levará á redución de prazas docentes.
- Datos
- Economía
A superficie agrícola ecolóxica dispárase en Galicia, pero cun estancamento da facturación
As terras certificadas para a produción en ecolóxico medraron un 40% e tamén aumentou de forma importante o número de operadores, pero as vendas descenderon lixeiramente por primeira vez na última década. O CRAEGA celebra os datos destacando que malia "os atrancos nestes últimos anos (como a Guerra de Ucraína ou a pandemia), a agricultura ecolóxica en Galicia goza de boa saúde".
40 anos da unanimidade que aprobou a Lei de Normalización e abriu "unha nova etapa" para a lingua malia os "atrancos"
O 15 de xuño de 1983, hai 40 anos, o Parlamento aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística, cerna do entramado normativo que defende a lingua propia de Galicia. Repasamos con Camilo Nogueira o debate que tivo lugar na cámara.
Ponteareas, Boiro, Poio, Vilagarcía e O Porriño encabezan o encarecemento dos alugueiros en Galicia
No ano 2021 o prezo medio dos alugueiros incrementouse un 2% en Galicia, catro décimas por riba da media do Estado (1,6%). Os pisos de menor tamaño, inferiores a 60 metros cadrados, son os que máis encareceron nos últimos anos, cun aumento do 11%
- Datos Cara ao 23X
- Política
O Censo de Residentes Ausentes supera os 472.000 electores nos primeiros comicios sen voto rogado dende 2009
As eleccións do 23 de xullo serán as primeiras nas que se apliquen as novas normas para o voto do censo CERA. Un nivel de participación do 25% implicaría a introdución nas urnas de preto de 120 mil votos do exterior. En Galicia 17,6% do censo reside no estranxeiro, unha porcentaxe que en Ourense chega ao 29%
De Sada a Castrelo de Miño: as urnas premiaron ou castigaron as mocións de censura presentadas no anterior mandato
En cinco destes concellos os alcaldes censurados foron recompensados pola cidadanía e melloraron os seus resultados ou aseguraron a súa investidura: Sada, Santa Comba, A Baña, Ribadavia e Viana do Bolo. En cambio, en Castrelo do Miño as urnas outorgaron ao PP unha ampla maioría absoluta, que consolidou o poder ao que chegaran a través dunha moción con tránsfugas
- Mapas interactivos Municipais 28M
- Política
Os barrios ricos e envellecidos votaron PP e VOX, os pobres e novos a PSdeG, BNG e a Jácome
O PP obtivo as súas maiores porcentaxes de voto nas seccións electorais cunha maior idade media e maior renda. En PSdeG e BNG, pero tamén en Democracia Ourensana, a relación foi a contraria, con mellores resultados nas seccións censuais máis novas e con menores recursos.
Galicia segue entre os territorios do Estado cos médicos máis envellecidos: a metade dos colexiados ten máis de 55 anos
No último ano incrementouse o número de profesionais menores de 45 anos, pero a porcentaxe de colexiados e colexiadas por debaixo desa idade é do 35%, a cuarta máis reducida, só por detrás de Aragón, Asturias e Castela e León. Ademais, Galicia é a quinta comunidade autónoma con menos medicos e médicas por habitante.
- Datos Municipais 28M
- Política
O PP medrou na Galicia urbana e o BNG en todo tipo de concellos; o PSdeG cae malia seguir primeiro nas cidades
A pesar da mellora do PP e do descenso do PSdeG, o bloque progresista segue a ser hexemónico nas cidades. Os populares toman a dianteira, en cambio, nas grandes vilas. Entre as 53 comarcas galegas, o PP foi a forza máis votada en todas agás en 7, onde gañou o PSdeG (Vigo, Meira, A Mariña Central, A Fonsagrada, Fisterra, Terra de Soneira e Eume). O BNG mellorou resultados en 46 comarcas.
- Mapas interactivos Municipais 28M
- Política
O 28M, concello a concello: do dominio do PP en 191 municipios aos feudos da esquerda
O PP mantivo o seu dominio territorial, con triunfos como primeira forza en dúas de cada tres localidades, fronte ás 82 do PSdeG e ás 26 do BNG. Os populares, que obtiveron edís en 310 dos 313 plenos municipais, melloraron os seus resultados no Baixo Miño, comarca de Lugo e área metropolitana de Vigo. O Bloque acadou representación en 224 concellos, preto dos 271 do PSdeG.
Poucos cambios nas vilas, cunha suba do PP e algúns 'cambios de cromos'
Os populares fanse con algunhas vilas importantes, como Teo, Poio, Baiona e Ribadavia. O PSdeG, aínda que perde apoios nestas zonas, mantén boa parte do seu poder municipal neste ámbito e o BNG probablemente gobernará en Cangas, Arzúa, A Guarda ou Mugardos, pero perde Poio ou Rianxo. Ponteareas ou Cambados dependerán de complexos pactos post-electorais
- Datos
- Acontece
Os concellos urbanos galegos, entre os máis envellecidos do Estado e con menor poboación estranxeira
O INE compara os datos de 126 cidades (sete delas galegas) e dun total de 417 localidades de máis de 20.000 habitantes. É ben sabido que Galicia no seu conxunto ten unha poboación envellecida e unha baixa taxa de natalidade mais estes datos amosan que esta situación non é exclusiva das zonas rurais, senón que se estende aos grandes concellos