Galicia, á cabeza do Estado en número de pacientes que atende cada día o persoal de Atención Primaria
Unha investigación de Civio a partir de datos oficiais revela a realidade da presión asistencial en todo o Estado. As áreas sanitarias galegas teñen, xunto coas andaluzas, os centros de saúde e profesionais máis saturados, tanto en Medicina de Familia como Pediatría e Enfermaría.
- Datos
- Acontece
Galicia frea a súa caída de poboación grazas á inmigración pero segue a perder habitantes no primeiro trimestre
Galicia perdeu poboación no primeiro trimestre do ano. Trátase dunha caída moi cativa (apenas 87 persoas) pero que converte Galicia na única comunidade, xunto con Estremadura, que perdeu habitantes. Porén, os datos son mellores que os do primeiro trimestre do pasado ano, cando a poboación caeu en 500 persoas, e os do primeiro trimestre do 2021, cando o descenso foi de case catro mil
- Interactivo Municipais 28M
- Política
Os concellos rurais son base do poder do PP, que aspira a medrar nas zonas urbanas que domina a esquerda dende 2015
Hai catro anos os populares só superaron a suma de PSdeG e BNG nas localidades de menos de 5.000 habitantes. En cambio, o PSdeG gañou amplamente nas cidades, onde a dereita non gaña dende o 2011
Ourense: Jácome enfronta o seu "plebiscito" nunha cidade que busca saír da inestabilidade
Ourense xa estaba chamado a ser un dos grandes puntos de atención das eleccións do 28M en Galicia, pero o interese aumentou nas últimas semanas despois de que a actualidade xudicial volvese marcar a política da cidade e da provincia, con Jácome e Baltar como protagonistas. PP e PSdeG recuperan os ex-alcaldes Manuel Cabezas e Francisco Rodríguez como candidatos e o BNG busca seguir medrando con Luís Seara.
O Día das Letras celebra o seu creador: 60 anos da "festa cultural" albiscada por Don Paco
A Galicia vilega ante o 28M: o PP busca recuperar o poder municipal perdido nuns concellos que viraron á esquerda
Ademais de quedar fóra do Goberno das sete cidades, en 2019 os populares só acadaron a Alcaldía de 7 das 35 vilas máis poboadas. Repasamos as batallas electorais clave dos concellos de máis de 10.000 habitantes.
- Entrevista | Alfonso Pato
- Cultura
"O Festival de Cans é aquí e non podería ser en ningún outro lado, non se pode transplantar"
O Festival de Cans celebra a súa vixésima edición, dúas décadas nas que o certame medrou en dimensión pero nunca perdeu a súa esencia. Falamos co seu director, Alfonso Pato, sobre a programación deste ano e tamén sobre a identidade e traxectoria do evento, cos chimpíns a piques de arrincar.
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo dos alimentos modera a súa suba mentres a inflación xeral repunta ata o 4,1%
Os produtos de alimentación comezan a abaratarse, pero aínda son un 12% máis caros que hai un ano. Máis positiva é a evolución do prezo de electricidade, gas e combustibles, que descendeu un 5% en abril e que está un 30% máis barato que hai un ano. Por primeira vez dende xaneiro do 2021 a taxa do IPC en Galicia non supera a media do Estado.
Ferrol: o PP busca volver 8 anos despois á Alcaldía dunha cidade que quere deixar atrás a melancolía
O PP, que non goberna ningunha cidade e só unha deputación provincial, necesita conquistar o 28M algunha praza de importancia e, da man de José Manuel Rey Varela, pon Ferrol no obxectivo. O PSdeG de Ángel Mato reivindica que a cidade está "máis viva" e Ferrol en Común (Jorge Suárez) e BNG Iván Rivas) buscan reforzar a actual maioría de esquerdas.
- Enquisa Cara ao 28M
- Política Vigo
O CIS augura que Caballero revalidará a súa ampla maioría en Vigo, con xestión ben valorada por votantes de todos os partidos
O CIS deu a coñecer este xoves o seu estudo preelectoral para os comicios do 28M con datos de comunidades autónomas e das urbes de maior tamaño, que en Galicia se limitan á cidade olívica. O PSdeG obtería entre 18 e 21 edís, unha cifra semellante á actual (20), mentres que o PP mantería os seus apoios, o BNG subiría lixeiramente e a Marea aparece en risco de non obter representación.
- Entrevista | María López 'Maló' (Alingua)
- Cultura
"Os neofalantes sabemos que non é cuestión dun día: é un tema moi emocional no que tes que traballar moito antes de dar o paso"
Falamos coa presidenta rotatoria de Alingua (Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega), a concelleira teense María López Maló. A entidade, na que 20 concellos cooperan para dinamizar e normalizar o idioma, vén de poñer en marcha a campaña É túa, pásaa!, que busca espallar o uso da lingua.
- Análise Cara ao 28M
- Política
As 'mareas' reinvidican o seu peso e espazo municipal oito anos despois de chegar ao poder
Este 28M o espazo das mareas concorre de forma unitaria nalgúns lugares e disgregado noutros. Hai unidade en Compostela, Vigo, Ourense ou Lugo, pero non en Ferrol e, sobre todo, na Coruña, onde se enfrontan Marea Atlántica e Por Coruña (coalición de Podemos e Esquerda Unida).