- Interactivo Cara ao 28M
- Política
A batalla das Deputacións: parte do poder territorial da esquerda, en xogo no inicio do ciclo electoral
PSdeG e BNG gobernan en coalición os entes provinciais da Coruña e Lugo, onde o resultado pode estar axustado, especialmente na deputación lucense. Tamén o fan en Pontevedra, onde a maioría progresista semella asegurada. De igual xeito, o dominio do PP en Ourense é claro, pero Baltar aspira a unha maioría absoluta para non depender da Democracia Ourensana de Gonzalo Pérez Jácome.
- Datos Que turismo?
- Acontece Santiago
Entre o éxito e a saturación: o número de peregrinos a Santiago disparouse en 2022, cun 62% máis que no Xacobeo anterior
O Xacobeo é dende 1993 unha historia de éxito evidente a nivel turístico e económico. Porén, nos últimos tempos agromaron tamén críticas pola saturación de visitantes que se produce, especialmente en Compostela
Airiños, 90 anos de teatro do pobo dende Rianxo
O grupo de teatro amador máis antigo de Galicia aínda en activo, formado en 1933, celebra este ano o seu 90 aniversario cunha ampla programación de actividades. Mantivo o seu compromiso coa lingua galega en plena ditadura e nos últimos anos comezou a recibir o xusto recoñecemento á súa traxectoria
O PP evita rexeitar no Parlamento os 'ventres de alugueiro' ante unha proposta do BNG
Os nacionalistas impulsaron unha declaración insitucional que contou co apoio inmediato do PSdeG pero non co dos populares. O texto rexeitaba a xestación por substitución por constituír "unha forma de explotación e mercantilización do corpo das mulleres, especialmente daquelas máis empobrecidas e vulnerábeis" e opoñíase a "calquera mudanza legal encamiñada a legalizar, regulamentar ou banalizar esta práctica"
A Semana de Poesía Salvaxe despídese despois de 15 anos e critica a falta de apoio do Concello de Ferrol
O encontro poético celebrará a súa derradeira edición entre o 27 e o 29 de abril e denuncia o "cru desprezo" do actual goberno municipal. Dende o 2008 pasaron pola cidade naval ducias de poetas, que levaron os seus versos a todo tipo de espazos, dende auditorios e bares ata rúas, prazas e mercados.
- Interactivo Que turismo?
- Economía
Vigo e A Coruña superan a Santiago e convértense nas cidades con máis pisos turísticos
Nos últimos tres anos o número de vivendas de uso turístico rexistradas legalmente disparouse en Vigo (pasou de 379 a 1.055) e na Coruña (de 365 a 793), superando con claridade os datos de Compostela, que dende hai tempo aplica controis e restricións, especialmente nos barrios con máis concentración. Tamén Pontevedra comezou a aplicar restricións a esta actividade económica
- Interactivo
- Economía
Montes no rural, propietarios nas cidades: residentes na Coruña, Lugo e Santiago encabezan as solicitudes de cortas de madeira
En 2021 solicitáronse 111 mil permisos para realizar aproveitamentos forestais, nos que se obtiveron dez millóns de metros cúbicos de madeira, máis da metade eucalipto. Aínda que en Ortigueira e A Fonsagrada houbo máis cortas, os concellos de residencia máis habituais dos solicitantes foron urbanos. En todo caso, o 67% das solicitudes foron realizadas por persoas que vivían nos mesmos lugares dos traballos.
Os María Casares premian as mulleres "invisibles" con 'As que limpan' nunha gala que criticou a "falta de respecto" da CRTVG
A obra de A Panadaría que denuncia as condicións laborais das camareiras de piso nos hoteis acadou catro galardóns, entre eles o de mellor espectáculo, dirección e texto orixinal. O presidente da AAAG, Xosé Barato, lembrou que a televisión pública leva cinco anos sen retransmitir a gran noite do teatro galego e solidarizouse coas protestas do persoal da CRTVG.
Miguelanxo Prado renuncia á dirección do 'Viñetas desde o Atlántico' con críticas á conxelación do orzamento
Despois de 25 anos á fronte do Salón do Cómic da Coruña, denuncia que "coas regras de xogo que nos poñen enriba da mesa, Viñetas non é posible". Afirma que as dificultades comezaron coa chegada do PP á Alcaldía en 2011, pero sinala que os seguintes Gobernos municipais non foron que de "reconducir" a situación.
As Fragas do Eume: un parque natural con dúas mil hectáreas de eucalipto e medidas tímidas para reverter a situación
A pasada semana publicouse no DOG con dúas décadas de atraso o plan reitor de uso e xestión (PRUX), que revela o proceso de eucaliptización do espazo e de redución e fragmentación do bosque autóctono. A Xunta investirá 1,1 millóns de euros para mercar parcelas e realizar "actuacións de conservación e restauración", pero o orzamento anual do parque roldará os 200.000 euros, unha "achega insuficiente" para o ecoloxismo, que critica a "falta de ambición" do plan.
A gratuidade das escolas infantís dispara a demanda de prazas e enche os centros malia a caída da natalidade
A medida, que a Xunta comezou a aplicar este curso, fixo que moitas familias se decidisen a inscribir os seus nenos e nenas nos xardíns de infancia e que outras aumentasen o número de horas contratadas ou engadisen o servizo de comedor. A consecuencia negativa foi que nalgúns lugares nais e pais atopan máis dificultares para atopar unha escola infantil preto da casa.
- Entrevista | Pepe Cunha
- Cultura
"A CRTVG non apostou por divulgar a música galega e sen iso non se pode crear un público e unha industria"
O portal Ábrete de Orellas, de Pepe Cunha, celebra o seu 20 aniversario. O proxecto, centrado en dar a coñecer a novidades musicais do país, naceu en realidade en 1997 cun programa de radio que continúa a emitirse e que se achega ás 500 edicións. Falamos con el sobre o momento actual da escena galega e sobre iniciativas como a exposición CantaMOLAen galego