O Foro Económico alerta de que o PIB galego medra dous puntos menos que a media estatal e con menos creación de emprego
O último informe trimestral da entidade alerta de que a economía galega está a frear a súa actividade económica, cunha ralentización "significativa" no terceiro trimestre. O Foro amosa tamén preocupación polo comportamento do mercado de traballo en Galicia, que "amosa unha moderación no seu dinamismo"
O contaxio e mutación de gripe aviaria nunha granxa de visóns de Carral pon en alerta os servizos europeos de vixilancia
A revista europea sobre vixilancia, epidemioloxía, prevención e control de enfermidades infecciosas vén de publicar un informe que detalla as características do gromo que aconteceu o pasado mes de outubro e riscos asociados a el, facendo fincapé na mutación que se produciu, que incrementa a posibilidade dun contaxio a seres humanos
- Reportaxe Prestige 20
- Acontece
20 anos da cadea humana escolar polo Prestige que encheu de vida a Costa da Morte e superou as presións da Xunta
O 22 de xaneiro de 2003 preto de 50 mil alumnos e alumnas de centros de ensino de toda Galicia, convocados polo colectivo de docentes Area Negra, formaron unha cadea entre Laxe e Muxía, cubrindo máis de 40 quilómetros no litoral máis afectado pola marea negra do Prestige. Fixérono a pesar das manobras da Consellaría de Educación, que tentou evitar que os autobuses transportasen o alumnado. Falamos con Puri Cabido e Carlos Fernández Concheiro
A Xunta segue sen solucionar a exclusión de axudas de 300 explotacións ecolóxicas e só promete recursos para o período 23-27
Na reuinón do Consello Agrario, Medio Rural comprometeuse a "incrementar os fondos destinados ás axudas á produción ecolóxica" para "atender todas as solicitudes que se presenten" neste 2023. Porén, non houbo medidas para os produtores e produtoras que ficaron fóra da convocatoria do pasado ano por mor dun erro de previsión da Xunta.
- Datos
- Economía
Galicia aumentou no 2022 un 30% as súas emisións contaminantes asociadas á produción eléctrica
A redución da xeración hidráulica por mor da seca e o estancamento da eólica foron compensadas polo aumento da queima de gas e carbón. O Observatorio Galego de Acción Climática critica "o estancamento da potencia eléctrica renovábel", que afasta o país do obxectivo de que no ano 2030 estas fontes acheguen o 100% da electricidade
O Concello da Coruña rexeita agora a compra dos terreos dos peiraos xa que o Porto pode pagar por si mesmo a súa débeda
Hai ano e medio acordouse a futura venda dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, que pasarían a pertencer nun 75% ao Concello e nun 20% á Xunta. Porén, este domingo o voceiro municipal, Lage Tuñas, descartou esta posibilidade, lembrando as declaracións do presidente da Autoridade Portuaria, que asegurou que a actividade crecente de Punta Langosteira será suficiente para cadrar as contas
As mulleres que fixeron posible a folga xeral de 1972 en Vigo, protagonistas do calendario
A activista Lola Ferreiro dedica o seu calendario feminista para o 2023 a unha ducia de mulleres que participaron activamente na mobilización obreira que hai 50 anos paralizou a cidade olívica durante dúas semanas. "Todas, sen excepción, sostiveron e coidaron da vida mentres se desenvolveu o conflito, asemade de participaren activamente nel", destaca Ferreiro
Ourense celebra os 50 anos das 'Xornadas' que abriron o camiño para o cinema galego
O Cineclube Padre Feijóo organiza un acto para conmemorar o 50 aniversario da primeira edición dun evento que entre 1973 e 1978 reivindicou a posibilidade dun cine feito en Galicia. Un coloquio coa participación dalgúns dos responsables das Xornadas será seguido pola proxección de tres dos filmes fundacionais do cinema galego.
- Reportaxe
- Acontece
A falta de fondos da Xunta pon en risco 300 explotacións agrogandeiras ecolóxicas
O Goberno galego só reservou nos seus orzamentos 3,18 millóns de euros cando necesitaba 5,6 millóns para dar resposta a todas as solicitudes para producir en ecolóxico, o que deixou fóra a metade das propostas. O erro contravén os obxectivos fixados pola UE e ademais engade novos atrancos á supervivencia de moitas iniciativas. Falamos coa gandeira Ana da Cernada
A crise de prezos obriga as familias galegas a recortar gastos básicos ante a dificultade para chegar a fin de mes
Un 41% dos galegos e galegas din que mudaron os seus hábitos de compra en alimentación, unha porcentaxe en constante ascenso dende finais do ano 2021 e que hai tan só doce meses estaba no 11%, catro veces menos. Así mesmo, o 46,5% di que reduciu outros gastos comúns, distintos da alimentación
Tres de cada catro persoas de menos de 60 anos en Galicia teñen perfil nalgunha rede social
O 70% da poboación accede á Internet con frecuencia, con procentaxes que superan o 94% por debaixo dos 50 anos. De igual xeito, segundo o Censo do INE, máis do 60% dos galegos e galegas entre 16 e 50 anos mercaron algo por Internet no último mes
A seca e a aposta polo gas fan retroceder a produción eléctrica renovable ao seu nivel máis baixo en catro anos
Por primeira vez dende o 2019 a electricidade xerada por renovables en Galicia está moi por debaixo da demanda total. O descenso na produción hidroeléctrica foi compensado polos ciclos combinados de queima de gas, que duplican o seu peso, incrementando a dependencia enerxética galega.