- Datos Cara ás Galegas
- Política
O censo de residentes ausentes aumenta un 3% nas primeiras eleccións Galegas sen voto rogado dende 2009
Nas eleccións xerais celebradas o pasado mes de xuño, que estrearon o novo sistema de votación sen necesidade de rogar previamente o sufraxio, a participación do censo CERA apenas variou e só votou o 6% do electorado galego no exterior
- Entrevista | María Paz (Coordinadora Galega de ONGD)
- Acontece
As ONG sobre os recortes da Xunta en cooperación: "parece que non podemos confiar na palabra dos nosos representantes"
Falamos con María Paz, presidenta da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento, sobre a conxelación de fondos decidida pola Xunta, que incumpriu o compromiso de aumento orzamentario para cooperación.
- Datos Cara ás Galegas
- Política
O electorado menor de 35 anos chamado a votar o 18F é a metade que nas Galegas de 2001
Os e as menores de 35 anos pasaron en dúas décadas de ser maioritarios (690 mil persoas) a sumar na actualidade apenas 365 mil electores e electoras. Case un terzo do censo total de residentes (o 32,6%) ten máis de 65 anos e case 6 de cada 10 (o 59,45%) superan os 50 anos
- Datos
- Acontece
8 de cada 10 concellos perderon poboación na última década
27 concellos perderon máis do 20% da súa poboación dende o ano 2013, encabezados por Calvos de Randín. No outro extremo, hai 54 localidades que gañaron habitantes, entre as que destacan Oleiros en termos absolutos e Miño en termos relativos (máis dun 16%)
- Datos
- Acontece
"Un é de onde pace": Oleiros e Barbadás son os concellos con menos poboación nacida no mesmo termo municipal
En Oleiros, catro de cada cinco habitantes naceron fóra do termo municipal, unha porcentaxe semellante á que se rexistra noutros da área metropolitana da Coruña, como Culleredo, Cambre ou Sada. En Barbadás só o 24% dos seus habitantes naceu no propio concello.
- Datos Cara ás Galegas
- Política
A activación do voto urbano de esquerdas que adoita absterse nas Galegas, clave do 18F
Dende hai anos, a participación nas eleccións ao Parlamento galego sitúase ata 10 puntos por debaixo da participación nas Xerais, unha diferenza que se dá principalmente nas zonas urbanas, cunha gran masa de electores que votan formacións progresistas nos comicios de ámbito estatal pero que se absteñen nos autonómicos.
O número de accidentes de tráfico con implicación de animais medra un 35% dende 2017, a maior parte por xabaríns
A DGT publicou este martes un informe sobre este tipo de sinistros, que acadaron un máximo en Galicia en 2022, con 5.512. Con todo, en só 69 dos accidentes algunha persoas resultou ferida, con cinco hospitalizados e sen falecidos. A estrada N-640, nas proximidades de Lugo, é o treito con máis sinistros con animais en todo o Estado
- Entrevista | Pablo Rodríguez
- Cultura
"Galicia ten referentes simbólicos super potentes e aínda pouco reivindicados"
Reizentolo celebrou neste 2023 o seu vixésimo aniversario coa edición do libro Antes molabamos máis (Galaxia, 2023). Dúas décadas nas que con máis de mil deseños, botando man do imaxinario popular e a retranca, foron quen de ser converter en algo máis que unha marca. E en galego. Falamos con Pablo Rodríguez, un dos tres socios que puxo a andar o proxecto e o único que permanece na empresa.
A CIG denuncia á Seguridade Social ante Protección de Datos por informar as empresas sobre baixas causadas por abortos ou menstruacións
A CIG denuncia que, dende xuño, cando unha muller ten unha baixa laboral por situacións de "menstruación incapacitante", de interrupción do embarazo, voluntaria ou non, e de xestación desde a semana trixésima novena, a empresa é informada da circunstancia concreta
As ONG alertan de que a conxelación dos fondos da Xunta para cooperación chega no contexto internacional "máis complicado"
O V Plan director da cooperación galega, aprobado polo Parlamento, prevía que os fondos de cooperación aumentasen cando menos o mesmo que os orzamentos para o 2024. Porén, mentres que as contas públicas medran un 5%, esta partida crece menos do 1%. A Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento critica "incumprimento" do compromiso adquirido polo Goberno galego
- Datos
- Acontece
A chegada de 40 mil inmigrantes en 2022 leva o saldo migratorio de Galicia ao seu dato máis positivo da serie histórica
O saldo migratorio total (+27.251) duplica o do ano 2021 (+12.836) e supera claramente o mellor dato histórico, de 2007 (+19.583). O saldo exterior nútrese de poboación nova chegada principalmente de Latinoamérica. O saldo co resto do Estado, en cambio, é practicamente neutro (+1.384) e mesmo é lixeiramente negativo na poboación de 25 a 44 anos (-364)
Os delitos contra a liberdade sexual acadan un novo máximo en Galicia cun aumento das agresións e abusos
En 2022 foron 719 os feitos coñecidos polas forzas de seguridade, por riba dos 707 do ano anterior, cifra que xa supuxera un récord. Dende o ano 2013, o número de delitos vén aumentando de forma constante. Destaca o importante incremento das agresións e abusos sexuais (433 delitos en 2022, fronte aos 399 do ano anterior) e as agresións e abusos con penetración (155 fronte aos 144 do ano 2021)