- Entrevista | Rodri Suárez
- Política
"A actual idea de Galicia non se adapta ao país realmente existente, expulsa o espazo onde máis galegos vivimos: o eixo Vigo-Ferrol"
Rodri Suárez vén de publicar Galicia reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego (Morgante Edicións), un ensaio que critica o marco instalado nos últimos 40 anos, que prima as visións máis ruralizantes do país e despreza a achega das cidades. Un marco, ademais, que favorece o PP nas eleccións ao Parlamento galego, ao deixar fóra ás sociedades urbanas nas que a esquerda é maioritaria.
- Datos Cara ás Galegas
- Política
Así marchan as enquisas: entre unha axustada maioría absoluta do PP e a vitoria da esquerda
Só unha das 14 sondaxes publicadas (a do CIS) prevé a posibilidade de que o PP perda a maioría. Porén, a maior parte dos traballos estiman que Rueda se situará entre 39 e 41 deputados , o que quere dicir que a perda dun escano en cada provincia suporía a desaparición da maioría absoluta conservadora. No que tamén coinciden os traballo publicados ata o momento é no liderado do BNG na alternativa de esquerda, aínda que con estimacións moi diversas, entre 16 e 23 representantes.
Quen defende as mulleres que arriscan a vida polas súas comunidades? 'Galicia abriga' acolle activistas que sofren persecución
ONGs como Solidariedade Internacional, Ecos do Sur e Agareso veñen de poñer en marcha Galicia Abriga, que ofrecerá unha estadía de tres meses a mulleres de países nos que está presente a cooperación galega e que están vivindo situacións de risco físico e psicolóxico debido á persecución que sofren polo seu papel de defensoras de dereitos humanos
Escalada de prezos de alugueiro e compra e pisos turísticos: a vivenda convértese nun dos problemas de Galicia e entra en campaña
En 2023 o prezo do alugueiro medrou un 8,25% en Galicia e acumula subas de ata o 40% en Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra. O de compra aumentou un 4,6% no último ano e encareceuse un 35% dende o 2015. Porén, nos últimos anos a promoción de vivendas públicas da Xunta foi moi limitada e o Goberno galego rexeita medidas para limitar o encarecemento dos alugueiros
Economía, sanidade, emprego ou os 'pellets': os problemas de Galicia no CIS con diferenzas segundo a quen se lle pregunte
Paro, sanidade e economía son as cuestións que máis preocupan, por riba do propio Goberno da Xunta, as infraestruturas, a calidade do emprego, e a industria e o I+D. As mulleres poñen o foco na sanidade moito máis que os homes (12,7% fronte a 7,7%) e a mocidade sinala a crise medioambiental dos pellets en primeiro lugar
- Datos
- Economía
O emprego mellorou en todos os sectores en Galicia en 2023, que pecha coa menor taxa de paro en 15 anos
O pasado ano a taxa de paro caeu ao 9,15%, a máis baixa dende o terceiro trimestre de 2008. O emprego masculino mellorou máis que o feminino en Galicia, grazas en parte ao forte incremento da ocupación na industria. Así, dos 34 mil novos ocupados, 22 mil son homes e 12 mil son mulleres. A taxa de temporalidade, máis elevada nas mulleres, segue a descender.
O CIS dá á esquerda opcións de acadar a maioría absoluta e gobernar Galicia
A enquisa preelectoral do instituto público outorga o PP entre 36 e 38 escanos, cun descenso de ata seis escanos, fronte á suba de BNG (20-23) e PSdeG (15-17). Sumar podería obter dous representantes e Democracia Ourensana entrar no Parlamento
- Datos Cara ás Galegas
- Política
A vantaxe da esquerda nas cidades galegas, insuficiente para compensar o dominio conservador no rural
Nas últimas catro eleccións ao Parlamento galego, o bloque progresista superou o conservador nas sete cidades por unha marxe entre 20 e 50 mil votos, pero a dereita asenta o seu dominio nos concellos de menos de 5 mil habitantes, nos que obtén unha vantaxe superior. Unha maior mobilización nas zonas urbanas, semellante ao que tivo lugar en 2005, semella imprescindible para unha vitoria da esquerda
Compostela recibiu en 2023 un máximo histórico de peregrinos, un 28% máis que antes da pandemia
O pasado ano marcou un novo máximo histórico de camiñantes, con 446.035, un 2% máis que no 2022, unha suba cativa, pero moi significativa por non ser o 2023 un ano Xacobeo. Disparouse o número de peregrinos e peregrinas estranxeiras e o Camiño Francés por primeira vez non sumou o 50% das compostelas entregadas, ante a suba do Camiño Portugués da Costa.
- Entrevista | Antonio Rial Boubeta
- Acontece
"Un uso excesivo do móbil empeora a saúde da rapazada. Hai consenso científico en que se debe retardar a súa chegada"
Nos últimos meses está a poñerse sobre a mesa, cada vez con maior intensidade, o debate sobre o uso dos móbiles e das redes sociais por parte da rapazada, tanto nos centros de ensino, nos que a Xunta vén de estender a súa prohibición, coma fóra do tempo lectivo. Antonio Rial Boubeta, profesor da USC, dirixiu varias investigacións que achegaron evidencias obxectivas sofre o efecto prexudicial que un uso excesivo destes dispositivos ten na saúde física e mental, na convivencia e no desenvolvemento da mocidade.
- Datos
- Acontece
Unha Galicia nova con moitos acentos: o 17% da poboación entre 25 e 44 anos naceu no estranxeiro
Os datos do Censo 2023 amosan un grande incremento dos galegos e galegas nacidas fóra do Estado español, especialmente entre as persoas máis novas e sobre todo nas áreas urbanas. Na Coruña e Ourense, un de cada catro habitantes entre 25 e 44 anos naceu noutros países.
- Entrevista | Germán Labrador e Jorge Linheira
- Cultura
"Hai algo nos xogos de cartas que ten moito que ver co político, con estar xuntas"
A asociación Unha Gran Burla Negra presenta O Ghaiteiro Petroleiro, un xogo de cartas que busca "festexar a memoria do movemento Nunca Máis" e a loita contra un capitalismo global asentado nos combustibles fósiles. No proxecto participaron 80 artistas e deseñadores e deseñadoras do país, o que o converte nunha antoloxía da gráfica galega contemporánea. Falamos con dous dos seus promotores, Germán Labrador e Jorge Linheira.