- Interactivo Municipais 28M
- Política
Os concellos rurais son base do poder do PP, que aspira a medrar nas zonas urbanas que domina a esquerda dende 2015
Hai catro anos os populares só superaron a suma de PSdeG e BNG nas localidades de menos de 5.000 habitantes. En cambio, o PSdeG gañou amplamente nas cidades, onde a dereita non gaña dende o 2011
Ourense: Jácome enfronta o seu "plebiscito" nunha cidade que busca saír da inestabilidade
Ourense xa estaba chamado a ser un dos grandes puntos de atención das eleccións do 28M en Galicia, pero o interese aumentou nas últimas semanas despois de que a actualidade xudicial volvese marcar a política da cidade e da provincia, con Jácome e Baltar como protagonistas. PP e PSdeG recuperan os ex-alcaldes Manuel Cabezas e Francisco Rodríguez como candidatos e o BNG busca seguir medrando con Luís Seara.
O Día das Letras celebra o seu creador: 60 anos da "festa cultural" albiscada por Don Paco
A Galicia vilega ante o 28M: o PP busca recuperar o poder municipal perdido nuns concellos que viraron á esquerda
Ademais de quedar fóra do Goberno das sete cidades, en 2019 os populares só acadaron a Alcaldía de 7 das 35 vilas máis poboadas. Repasamos as batallas electorais clave dos concellos de máis de 10.000 habitantes.
- Entrevista | Alfonso Pato
- Cultura
"O Festival de Cans é aquí e non podería ser en ningún outro lado, non se pode transplantar"
O Festival de Cans celebra a súa vixésima edición, dúas décadas nas que o certame medrou en dimensión pero nunca perdeu a súa esencia. Falamos co seu director, Alfonso Pato, sobre a programación deste ano e tamén sobre a identidade e traxectoria do evento, cos chimpíns a piques de arrincar.
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo dos alimentos modera a súa suba mentres a inflación xeral repunta ata o 4,1%
Os produtos de alimentación comezan a abaratarse, pero aínda son un 12% máis caros que hai un ano. Máis positiva é a evolución do prezo de electricidade, gas e combustibles, que descendeu un 5% en abril e que está un 30% máis barato que hai un ano. Por primeira vez dende xaneiro do 2021 a taxa do IPC en Galicia non supera a media do Estado.
Ferrol: o PP busca volver 8 anos despois á Alcaldía dunha cidade que quere deixar atrás a melancolía
O PP, que non goberna ningunha cidade e só unha deputación provincial, necesita conquistar o 28M algunha praza de importancia e, da man de José Manuel Rey Varela, pon Ferrol no obxectivo. O PSdeG de Ángel Mato reivindica que a cidade está "máis viva" e Ferrol en Común (Jorge Suárez) e BNG Iván Rivas) buscan reforzar a actual maioría de esquerdas.
- Enquisa Cara ao 28M
- Política Vigo
O CIS augura que Caballero revalidará a súa ampla maioría en Vigo, con xestión ben valorada por votantes de todos os partidos
O CIS deu a coñecer este xoves o seu estudo preelectoral para os comicios do 28M con datos de comunidades autónomas e das urbes de maior tamaño, que en Galicia se limitan á cidade olívica. O PSdeG obtería entre 18 e 21 edís, unha cifra semellante á actual (20), mentres que o PP mantería os seus apoios, o BNG subiría lixeiramente e a Marea aparece en risco de non obter representación.
- Entrevista | María López 'Maló' (Alingua)
- Cultura
"Os neofalantes sabemos que non é cuestión dun día: é un tema moi emocional no que tes que traballar moito antes de dar o paso"
Falamos coa presidenta rotatoria de Alingua (Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega), a concelleira teense María López Maló. A entidade, na que 20 concellos cooperan para dinamizar e normalizar o idioma, vén de poñer en marcha a campaña É túa, pásaa!, que busca espallar o uso da lingua.
- Análise Cara ao 28M
- Política
As 'mareas' reinvidican o seu peso e espazo municipal oito anos despois de chegar ao poder
Este 28M o espazo das mareas concorre de forma unitaria nalgúns lugares e disgregado noutros. Hai unidade en Compostela, Vigo, Ourense ou Lugo, pero non en Ferrol e, sobre todo, na Coruña, onde se enfrontan Marea Atlántica e Por Coruña (coalición de Podemos e Esquerda Unida).
- Datos Cara ao 28M
- Política
Apenas o 27% das candidaturas están encabezadas por mulleres, con maiores cifras en BNG e PSdeG e menores no PP
Das 1.176 listas presentadas para o 28M en Galicia, 860 están encabezadas por homes e 316 por mulleres, un 26,9%, pouco máis de 1 de cada 4. Hai catro anos a porcentaxe foi do 25,4% e no 2015 foi do 21,8%.
9 concellos cambiaron de cor política a través de mocións de censura, a maior parte en beneficio do PP
Foron Mugardos, Sada, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, A Baña, Ribadavia, Castrelo de Miño e Viana do Bolo e en seis deles os populares fixéronse co bastón de mando. Ademais, as Alcaldías de Catoira, O Porriño, Laza, San Amaro e Samos mudaron de partido a través doutros procesos.