Os concellos pequenos gastan o mesmo que os grandes en servizos básicos malia ofrecer menos á súa veciñanza
O Observatorio Municipal Galego da Rede Localis publicou un novo documento de análise da situación económica-financeira das entidades locais. Destaca que as localidades de menos de 5.000 habitantes "deben realizar un esforzo maior que aqueles con máis poboación"
- Interactivo Dereito á vivenda
- Economía
Galicia suma medio millón de vivendas baleiras polo despoboamento do rural e os inmobles sen uso nas cidades
O 29% das vivendas galegas están desocupadas, o dobre que a media estatal (14%) segundo os datos do Censo do ano 2021 publicados este venres. Os concellos rurais presentan as maiores porcentaxes, pero Vigo e A Coruña son a segunda e a terceira cidade do Estado cunha maior proporción de inmobles baleiros. En conxunto, as sete cidades galegas teñen ao redor de 90 mil vivendas baleiras.
O Día das Letras de 2024, para Luísa Villalta, a escritora e música que miraba o mundo a través da poesía
A autora coruñesa convértese na sexta muller homenaxeada no 17 de maio. A Real Academia Galega destaca o seu carácter de "intelectual" e de "poeta do pensamento" nunha celebración que coincidirá co vixésimo aniversario do seu pasamento.
- 🏳️🌈
- Acontece
Carballo estrea con orgullo un xardín para 'O Xestal', o humorista de masas perseguido pola súa orientación sexual
O Concello de Carballo inaugurou este 28 de xuño o espazo, que homenaxea o popular humorista e músico, un fenómeno de masas nos anos 50, 60 e 70 cos seus contos, pero que foi invisibilizado e encarcerado por ser homosexual.
Aumenta o número de alcaldesas en Galicia, pero o 80% dos rexedores son homes
Nos 300 concellos xa constituídos foron investidas 65 alcaldesas, que como mínimo se elevarán probablemente a 68, o 21,7% do total. Aínda que a cifra segue a ser moi cativa, a evolución é positiva: no ano 2011 había só 24 rexedoras en Galicia. O BNG é a forza cunha maior proporción de alcaldesas, pois lideran un terzo dos seus gobernos municipais.
Oito persoas acolléronse á Lei de Eutanasia no 2022 en Galicia, con "defectos de funcionamento" dos que DMD culpa á Xunta
A norma leva dous anos en aplicación, un período no que 53 persoas solicitaron acollerse a este dereito, que foi recoñecido en 17 casos no noso país. A asociación Dereito a Morrer Dignamente insta ao Goberno galego a "resolver" as cuestións da súa competencia que "seguen sen resolverse", como a formación dos profesionais ou a realización e rexistro das Instrucións Previas.
- Interactivo Municipais 28M
- Política
O 60% da poboación galega ten un alcalde ou alcaldesa de PSdeG ou BNG
O PP goberna en case 150 concellos, pero estes suman só o 25% dos habitantes do país. O PSdeG lidera un cento de gobernos municipais, nos que vive o 47% dos galegos e galegas, e o BNG uns 36, oito máis que hai catro anos.
Un instituto das Nacións Unidas recoñece o proxecto educativo 'A mina contamina' ao redor de San Finx
O Instituto para o Estudo Avanzado da Sostibilidade selecciona unha ducia de "boas prácticas educativas" a nivel mundial sobre a produción e o consumo responsables. Entre elas figura unha galega, realizada polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade, e que inclúe un libro infantil, unha obra de teatro, unha unidade didáctica e un documental
- Reportaxe
- Movementos sociais
Cumio contra o Discurso de Odio: na procura de "áncoras" e estratexias para loitar contra os bulos que alimentan a ultradereita
Compostela acolle este 15 e 16 de xuño a segunda edición do Cumio Galego contra o Discurso de Odio, un evento impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD coa participación de expertas e activistas co obxectivo de "crear rede entre as iniciativas postas en marcha para difundir o discurso de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas".
Os salarios galegos apuntan a un aumento por riba da inflación tras dous anos de perda de poder adquisitivo
No primeiro trimestre deste ano o custo salarial ordinario medrou un 3,9% con respecto ao mesmo período do 2022, fronte a un incremento interanual do IPC ao redor do 3%. Porén, o aumento do custo salarial en Galicia fica moi por debaixo da media española (+5,7%)
Sindicatos e profesorado acusan a Xunta de desmantelar a FP coa conversión a 'online' de ciclos presenciais
A Consellería de Educación defende que "son unicamente sete" os ciclos afectados e afirma que os cambios atenderon "ás solicitudes dos centros", algo que algúns dos afectados negan. CIG-Ensino e departamentos alertan do prexuízo para alumnado e profesorado e din que a medida levará á redución de prazas docentes.
- Datos
- Economía
A superficie agrícola ecolóxica dispárase en Galicia, pero cun estancamento da facturación
As terras certificadas para a produción en ecolóxico medraron un 40% e tamén aumentou de forma importante o número de operadores, pero as vendas descenderon lixeiramente por primeira vez na última década. O CRAEGA celebra os datos destacando que malia "os atrancos nestes últimos anos (como a Guerra de Ucraína ou a pandemia), a agricultura ecolóxica en Galicia goza de boa saúde".