- Datos Xerais 23X
- Política
O 23X en Galicia: entre o triunfo do PP e o fracaso de Feijóo coas eleccións galegas no horizonte
O PP acadou o seu mellor resultado en Galicia dende o 2011 e gañou 11,6 puntos e tres escanos. Porén, as expectativas dunha maioría absoluta do bloque conservador e as escasas opcións de chegar á Presidencia do Goberno converteron uns bos datos nunha decepción. Os comicios marcan a antesala das eleccións ao Parlamento galego, que deben ser convocadas antes do verán de 2024.
- Interactivo Xerais 23X
- Política
Máis da metade da poboación galega vive en concellos onde a esquerda foi máis votada que a dereita o 23X
A incontestable vitoria do PP nos escanos galegos do Congreso non impide que as cifras reflictan outra realidade: a suma das esquerdas tivo o o 50,3% dos votos. O xogo matemático da extrapolación das xerais ás galegas situaría o PP retendo a Xunta pola mínima e con Vox entrando no Parlamento
- Entrevista | Sonia Villapol
- Ciencia e tecnoloxía
"Nunha situación de emerxencia quedou claro que hai outra forma de traballar en ciencia que permite avanzar moito máis"
Sonia Villapol (A Pastoriza, 1977), neurocientífica e xefa de laboratorio do Centro Médico de Texas, vén de publicar Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (Xerais), unha obra de divulgación que repasa tres anos de loita científica contra a COVID.
A falta de persoal no HULA obriga a suspender operacións de Uroloxía: "é incrible que isto pase nun hospital do Sergas"
José Lence ía ser operado o pasado luns 10 de xullo. Media hora antes da intervención recibiu a alta ante a baixa por enfermidade da cirurxiá e a ausencia de máis persoal. Dende entón segue a agardar na súa casa a que lle reprogramen a operación, que é de Prioridade 1, a máxima establecida polo Sergas.
- Datos Xerais 23X
- Política
Eleccións xerais en Galicia: triunfos do PP, pero dominio da esquerda en 5 das 7 últimas convocatorias
Hai catro anos, o 10 de novembro de 2019, o PP foi a forza máis votada en Galicia por unha marxe moi escasa sobre o PSdeG, apenas dez mil votos. Porén, as forzas progresistas superaron por dez puntos ás formacións conservadoras. A participación nos últimos comicios foi a máis baixas das últimas décadas
O número de pisos turísticos aumenta dende xaneiro un 33% na Coruña e un 23% en Vigo
En Galicia funcionan de xeito legal case 20 mil establecementos deste tipo, un 15% que hai seis meses. Sanxenxo segue a ser o concello cunha maior cantidade, pero as cifras aumentan con moita máis rapidez nas dúas maiores cidades do país.
Reclaman que o Museo Carlos Maside sexa declarado BIC e recupere o modelo "ideado por Díaz Pardo e Seoane"
Ante o anuncio de apertura ao público do museo de arte contemporánea situado en Sada, a asociación cultural Irmáns Suárez Picallo volve reclamar da Xunta a aplicación da máxima figura de protección e critica a "deriva mercantilista" que levou a "desvirtuar" o modelo fundacional do Grupo Sargadelos
- Datos Xerais 23X
- Política
As solicitudes de voto por correo duplícanse dende 2019 e aumentan un 80% en relación ao máximo de 2016
Algo máis de 146 mil persoas solicitaron votar por correo nas catro circunscricións galegas, fronte ás 67 mil e 60 mil das dúas convocatorias de 2019 e ás 84 mil de 2016. O incremento no conxunto do Estado é semellante: un 163% en relación a novembro de 2019 e un 80% por riba do dato de 2016. O prazo para a remisión do voto postal finaliza o día 20.
- Datos Que turismo?
- Lecer
O ano que volvemos viaxar: o 2022 rexistrou récord de gasto turístico da poboación galega e máximo de visitantes
O pasado ano as persoas residentes en Galicia realizaron 8,7 millóns de viaxes, preto do máximo histórico anterior á pandemia. O récord si se bateu no gasto total realizado e tamén nas cifras de viaxeiros e viaxeiras chegadas a Galicia. Espérase que neste 2023 se superen todos os indicadores.
40 anos de autogoberno: máis persoas facendo e consumindo cultura pero menos investimento público
O CCG publica un informe que escolma e analiza 40 anos de cultura galega a través das estatísticas. Os produtos culturais chegan hoxe a moita máis xente no país cun sector no que traballan moitas máis persoas que en 1983. En cambio, o investimento das administracións públicas acadou o seu máximo hai 15 anos e dende entón descendeu.
Galicia rexistrou en xuño 30 mortes relacionadas coas altas temperaturas, a maioría entre persoas de máis de 75 anos
O sistema de Vixilancia da Mortalidade diaria (MoMo) xestionado polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), monitoriza os excesos de mortalidade e analiza as súas posibles causas, entre elas as anomalías climáticas. No verán de 2022 producíronse en Galicia 235 defuncións ligadas á calor excesiva.
- Datos
- Acontece
De que morremos en Galicia? Máis tumores e accidentes nos homes, máis senilidade e problemas circulatorios nas mulleres
Os datos da estatística de defuncións publicada polo INE revelan a importante incidencia das mortes por COVID o pasado ano e amosan que os tumores son a principal causa de morte entre os 30 e os 80 anos. Entre os 30 e os 39 anos destaca o peso dos suidicios e que entre os 15 e os 29 anos a principal causa de morte son os accidentes de tráfico