Galicia comparte co norte de Portugal patróns comúns de mortalidade por varios tipos de cancro
Hai unhas semanas publicouse o primeiro Atlas da Mortalidade do Cancro en Portugal e España, que analiza a incidencia dos casos mortais en cada concello co obxectivo de afondar na importancia dos factores ambientais nestas doenzas. Noutros tipos de cancro, hai grandes diferenzas a un e outro lado da fronteira
- Entrevista | Julen Bollain
- Acontece
"A renda básica vai chegar, a cuestión agora é como chega: abandeirada polo progresismo ou polos grandes empresarios"
O economista Julen Bollain presentou a pasada semana na Coruña, Compostela e Vigo o seu libro 'La Renta Básica: una herramienta de futuro'. Na obra chama a defender unha renda básica financiada por unha gran reforma fiscal "con optimismo, como unha alternativa viable e de futuro que pode permitir cambiar a sociedade a mellor"
Portugal: todos os escenarios abertos para unhas eleccións marcadas pola COVID e a ameaza da ultradereita
As sondaxes descartan a maioría absoluta do socialista António Costa, o seu grande obxectivo, e nas últimas semanas veñen amosando un paulatino ascenso do PSD. Porén, as enquisas sitúan o PS cunha lixeira vantaxe, cun descenso xeral da esquerda e un aumento da ultradereita de CHEGA
- Entrevista | Marcos Lorenzo
- Cultura
"Deberíamos pasar do mundo dos libros de autoaxuda ás entreaxudas, ás estruturas de comunidade"
Marcos Lorenzo publicou este outono o ensaio Dous escritos sobre a felicidade (Edicións Embora), que afonda na concepción contemporánea da felicidade, de carácter individual e case obrigatori, e reflexiona sobre o feito de que Galicia encabece os indicadores de infelicidade no Estado: "en Galicia hai unha serie de problemas que hai que atender. Hai que dicir a verdade e non estar mentíndonos sistematicamente"
As Tanxugueiras, no seu gran día: "queremos levar 'Terra' a Eurovisión por nós, polas que veñen e tamén polas que foron"
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro actuarán este sábado na final do Benidorm Fest despois de ter acadado a terceira mellor puntuación nas semifinais. A pesar do apoio do público, a baixa votación do xurado deixounas por detrás de Rigoberta Bandini e Chanel.
As persoas que reciben rendas de inclusión da Xunta diminuíron no primeiro ano da pandemia malia aumentar o número de pobres
Este "desmantelamento das rendas mínimas" levouse a cabo "coa coartada do Ingreso Mínimo Vital", denuncia a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, que acusa a Galicia e outras comunidades de "facer caixa en lugar de orientar o orzamento á garantía do dereito á inserción reforzando os servizos sociais para a loita contra a exclusión"
- Interactivo Dereito á vivenda
- Economía
Os alugueiros nas cidades galegas son hoxe 100 euros máis caros que hai cinco anos, un 25% máis
No conxunto de Galicia os prezos aumentaron un 21% dende o 2016. Pontevedra é a urbe que máis se encareceu, pero Vigo e A Coruña seguen a ser os lugares máis caros para vivir. Os últimos datos achegados polo Observatorio de Vivenda da Xunta coinciden co debate aberto sobre a Lei de Vivenda e as medidas para conter os prezos dos alugueiros.
Tanxugueiras inician a súa andaina no Benidorm Fest coa vista posta na final de Eurovisión
O trío de pandeireteiras actúa este mércores na primeira semifinal cun espectáculo que "conxuga o tradicional co contemporáneo, especialmente apoiado polo vídeo e vestiario”. As catro mellores cancións de cada semifinal participarán na final do sábado. As galas, ás 22:40 horas, serán retransmitidas por La1
- Entrevista | Fátima Nercellas Pola sanidade pública
- Acontece Santiago
A médica sancionada por atender os doentes dos corredores do CHUS: "A atención ao paciente está por riba dos protocolos"'
O Sergas propón sancionar a Fátima Nercellas con 17 días sen emprego e soldo por dúas faltas graves, ao incumprir os protocolos internos de actuación. A doutora, que presentará alegacións contra o castigo, recibiu o apoio dos seus compañeiros do servizo de Urxencias, que reafirman que "o criterio médico debe primar"
A baixa natalidade e a caída da inmigración levan a poboación de Galicia ao seu mínimo en 50 anos
O primeiro semestre de 2021 rexistrou a cifra de nacementos máis baixa dende que hai rexistros. A poboación de Galicia cae ata os 2.691.213 habitantes, a máis reducida dende 1972
Pontevedra estrea o 'Coche de Punto' un servizo de transporte a demanda para a veciñanza do rural
O Concello presentou esta iniciativa pioneira de mobilidade sustentable, que comezará as súas probas o 31 de xaneiro en catro parroquias. As viaxes, que se contratarán a través dunha aplicación, partirán de calquera lugar e dirixiranse a puntos concretos do centro urbano, hospitais ou o campus universitario.
Inditex, condenada polo TSXG por negarse a adaptar o horario dunha traballadora que reduciu a súa xornada por ser nai
O Tribunal Superior sinala na súa sentenza que a empresa non acreditou razóns de especial excepcionalidade para denegnar este dereito fundamental. A CIG denuncia que nass tendas de Inditex "hai un desprezo absoluto polas necesidades esenciais de conciliación"