Pontevedra é 'feroz': unha cidade de cultura e creatividade entregada aos premios do audiovisual
A Boa Vila está a vivir con entusiasmo a organización dos Premios Feroz, que o xoves 28 darán a coñecer no Teatro Principal os seus finalistas e se entregarán o 25 de xaneiro. Antes, unha variada programación formativa e de proxeccións está a colleitar un grande éxito de público. Falamos con Laura Seoane, produtora executiva dos premios, e con Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica, que vincula a aposta pola cultura coa política de transformación urbana.
- Interactivo
- Acontece
A Galicia sen infancia: 24 concellos tiveron menos de dez nacementos nos últimos cinco anos
Na Teixeira hai cinco anos que non nacen nenos e nenas, pero non é unha excepción. Os seus datos non son moi diferentes aos doutras localidades con máis poboación, especialmente na provincia ourensá e máis na montaña lucense. 92 concellos galegos tiveron menos de 25 nacementos nos últimos cinco anos. En 2023 tan só tres concellos tiveron máis nacementos que mortes; foron Ames (+46), Corcubión (+2) e Oroso (+1)
Os nacementos en Galicia acadan un novo mínimo na serie histórica malia o aumento das nais procedentes do estranxeiro
En 2023 naceron en Galicia 14.004 nenos e nenas, case 500 menos que no ano anterior. Galicia é a terceira comunidade autónoma cunha menor taxa de natalidade, só por diante de Asturias e Cantabria. No 21% dos nacementos que tiveron lugar en Galicia a nai procedía de fóra do Estado español. En 2018 a porcentaxe era só do 15%
O esgrafiado tradicional galego, declarado "patrimonio cultural inmaterial"
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta vén de incluír no Censo do Patrimonio Cultural esta técnica de albanelaría para realizar decoracións sobre os morteiros de cal nas paredes. Destaca o seu uso nas comarcas de Lemos, Chantada, A Ulloa e O Deza e na Ribeira Sacra
O Consello de Europa reclama á Xunta que o galego estea "dispoñible" en todos os niveis do ensino
O órgano aprobou este martes en Estrasburgo unha serie de recomendacións dirixidas ás autoridades do Estado español en liña coas recomendacións do Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. Tamén se demanda á Xunta que "tome medidas para asegurar" o uso do galego nas instalacións sanitarias e de atención social.
Laura Fernández Abalde recibe a eutanasia: "tiven unha boa vida e terei unha boa morte"
A pesar da resistencia inicial do Sergas a aceptar un procedemento abreviado ante o avance do seu cancro terminal, a viguesa finalmente puido acceder a unha morte digna nun prazo máis curto do habitual. Nos últimos días pedía potenciar unidades de paliativos como a do Meixoeiro e animaba a facer o testamento vital. Tamén pedía non votar a partidos "que tratan de restrinxir dereitos como a morte digna ou o aborto".
A Vila do Mañá: o barrio como taboleiro de xogos na reconquista das rúas para a infancia
O proxecto vén de ser premiado na XIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo celebrada en Perú pola actividade realizada no barrio vigués de Coia en colaboración co IES Alexandre Bóveda que buscaba espertar en adolescentes, nenos e nenas "unha nova mirada dos espazos nos que habitan" de cara a que participen na definición do futuro das cidades.
Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada
Xaime Varela rescata nunha investigación a figura desta ourensá (a filla máis nova de Vicente Risco) que participou como directora, guionista ou técnica de son nunha quincena de producións audiovisuais dende os anos setenta, entre elas o documental sobre a emigración galega Por que marchamos (1978), codirixido con outras catro estudantes de cine en París. É, probablemente, a primeira directora galega de cine, pero ata agora a súa traxectoria fora completamente invisibilizada.
Nace en Vigo unha plataforma contra o impacto do turismo masivo na vivenda, no comercio e no medio ambiente
Formada por 18 entidades de Vigo e O Morrazo, propón "limitar e regular estritamente as vivendas de uso turístico", aplicar unha taxa turística e limitar o fluxo de visitantes en espazos naturais sensibles. Alerta tamén contra a precariedade laboral na hostalaría, a destrución do comercio local ou a sobrecarga dos servizos públicos
O dereito á morte digna de Laura Fernández, entre a burocracia do Sergas e os procedementos abreviados en situacións extremas
A viguesa Laura Fernández Abalde sofre un cancro con metástase que avanza máis rapido que os trámites legais da eutanasia que solicitou. Ela repite que quere marchar "con dignidade", pero a Consellaría de Sanidade di que os prazos non se poden acelerar. A asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) responde á Xunta que "por suposto que existe" a posibilidade dun "procedemento abreviado" para acceder á eutanasia en casos coma este
O galego avanza na súa normalización nos cemiterios: de excepción a un uso cada vez máis frecuente
As conclusións dos Encontros para a normalización lingüística destacan que grazas ao impulso de diversas iniciativas a presenza da lingua aumentou notablemente en lápidas, exequias e necrolóxicas. Iniciativas como En galego agora e sempre, unha mellor dispisición de clero e empresas funerarias e a maior concienciación da sociedade contribuíron a rachar o tabú existente
190 mil persoas non teletraballan en Galicia a pesar de que o seu tipo de emprego o permitiría
Ao redor de 114 mil persoas teletraballan en Galicia total ou parcialmente, o que equivale ao 10,2% das persoas que teñen un emprego remunerado. O dato, achegado polo INE, amosa un grande incremento dende as 95 mil do ano 2023. Porén, hai unha porcentaxe moi importante de persoas que non teletraballa aínda que o podería facer.