En defensa da protección da antiga central das Pontes: "O noso futuro non pode construírse derrubando o noso pasado"
Vén de nacer a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes, encabezada por Miño Guerreiro, que reclama paralizar a prevista demolición das instalacións, espazo de "expresión da loita obreira galega". En xuño esgotouse o prazo de dous anos para que a declaración BIC da cheminea principal acadase os apoios necesarios.
As liñas de tren galegas que non foron (pero que aínda poden ser)
Repasamos algúns dos proxectos históricos para a extensión da rede ferroviaria en Galicia, a maior parte nunca realizados, pero que nalgúns casos hoxe se volven poñer enriba da mesa, como a liña Santiago-Lugo ou A Coruña-Carballo. En 1889 a Sociedade de Amigos do País elaborou un completo documento que deseñaba unha rede capilar que levaba o tren a case todas as comarcas.
Dez anos de Autobán na Coruña, creatividade autoeditada e autoorganizada
En agosto de 2014 nacía na Coruña un "minifestival de autoedición e cómic de autor", o Autobán, que dende entón medrou e consolidouse sen perder a súa esencia. No último ano converteuse en asociación cultural e creou o premio ao mellor fancine galego. Falamos co seu responsable, Bernal Prieto.
Así lle foi a Galicia en París: un feixe de medallas de bronce e unha decena de diplomas olímpicos
Houbo medallas para Carlos Arévalo, Rodrigo Germade e Diego Domínguez en piragüismo, para Enmanuel Reyes en boxeo e para Rodrigo Corrales en balonmán. Os deportistas do país obtiveron tamén bos resultados en remo, atletismo e coas seleccións de fútbol, baloncesto ou balonmán, cun total de 11 diplomas olímpicos
O conflito do lixo da Coruña remata despois de mes e medio cun STL debilitado
Os traballadores votaron en asemblea desconvocar a folga que de forma encuberta levaban a cabo dende o pasado 24 de xuño. O líder do STL, Miguel Ángel Sánchez, que ata o último momento presionou o persoal para forzar a extensión do conflito, recoñece que sae "tocado" desta derrota, da que culpa á "presión brutal" do Concello, da empresa e dos demais sindicatos
O K4 de Arévalo e Germade conquista o bronce en París
A embarcación do betanceiro e o cangués rematou en terceira posición nunha carreira que gañou Alemaña. O madrileño afincado en Galicia Diego Domínguez acadou tamén o bronce no C2 500. Mentres, o K4 de Teresa Portela, Carolina García e Sara Ouzande foi sexto na súa final, con diploma para as galegas.
Nas cidades galegas hai case catro pisos turísticos por cada vivenda de alugueiro dispoñible
Hai 1.480 vivendas que se poden alugar para estadías de longa duración fronte a 5.382 vivendas de uso turístico rexistradas legalmente. Nos últimos dous anos o número de pisos turísticos aumentou un 168% en Vigo e un 130% na Coruña e os prezos do alugueiro disparáronse.
Todas as embarcacións galegas avanzan á semifinal ou final na procura dunha medalla en piragüísmo
O K4 de Teresa Portela, Carolina García e Sara Ouzande entrou directamente na final e as demais deberán superar outra rolda antes da carreira que decide os metais. A maior parte dos palistas galegos acadaron a clasificación directa e demostraron estar entre os máis fortes do campionato
Comeza o piragüismo, no que Galicia acadou medalla nos últimos cinco Xogos Olímpicos
Este martes pola mañá celébranse as primeiras series da maior parte das modalidades, con grandes opcións para Rodrigo Germade e Carlos Arévalo no K4 500 e no K2 500; para o K4 500 de Teresa Portela e Carolina García, que dobra no K2 500; e para o C2 500 de Antía Jácome. As finais serán o venres e o sábado pola mañá
Ourense reclama espazos para a mocidade: de Lusquiños á arelada Casa da Xuventude
O Espazo Lusquiños pechou en xaneiro, despois de facelo tamén entre 2020 e 2022 por mor da pandemia e cunha evidente hostilidade ante o espazo por parte de Gonzalo Pérez Jácome. A Casa da Xuventude ten unha actividade e unha participación a anos luz da que chegou a ter. Repasamos a historia deste lugar, que durante máis de tres décadas foi un espazo de socialización modélico para a mocidade, alimentou o talento e ofreceu alternativas de ocio para a xente nova.
Medidas xudiciais e políticas pechan o cerco sobre o STL pero o lixo segue nas rúas da Coruña malia o alivio de Valoriza
O Goberno local remitiu á Fiscalía a denuncia para a investigación do conflito debido a que a actitude dos traballadores afíns ao STL está a provocar “unha situación de verdadeira insalubridade e de risco para a saúde pública”. O líder do sindicato recibe unha nova imputación por corrupción, pero a folga de brazos caídos deste grupo mantén as porcentaxes de recollida en mínimos.
Ana Peleteiro entra en escena co obxectivo de acadar outra medalla
Este venres a partir das 18:15 horas comeza a cualificación do triplo salto, no que a galega compite con outras 30 atletas, buscando a final, que terá lugar o sábado ás 20:20 horas. A ribeirense opta a todo nunha competición que se prevé moi igualada, cun gran número de rivais de nivel semellante. Os deportistas galegos compiten tamén esta fin de semana en piragüísmo, boxeo, balonmán, fútbol ou baloncesto.