Cooperación galega en Palestina: dignidade entre cascallos, criminalización e morte
Varias organizacións de cooperación ao desenvolvemento galegas traballan en Palestina. É o caso de Médicos do Mundo, Asemblea de Cooperación pola Paz, Movemento pola Paz e ONG Rescate Internacional. Falamos con elas para coñecer de primeira man o traballo que veñen realizando, o efecto que tivo para elas -e sobre todo para as entidades locais coas que colaboran- a invasión israelí e a maneira en que están tentando recompoñer a actividade despois do acordo de alto o fogo.
- Entrevista | Belén Suárez e Carlos Diz
- Acontece
"Non marchamos, bótannos": a mocidade emigrante da que o seu país se "desentendeu"
Belén Fernández Suárez e Carlos Diz, do grupo de Investigación Sociedades en Movemento-ESOMI, da UDC, coordinan o libro No nos vamos, nos echan. Las luchas contra la precariedad de la nueva diáspora española, unha obra colectiva que afonda na realidade da mocidade emigrante e do activismo que levou a cabo nos últimos anos en defensa dos dereitos sociais.
Inés Rey someterase a unha moción de confianza para aprobar os orzamentos municipais da Coruña
PP e BNG votaron en contra do proxecto de contas para 2025 presentado polo Goberno local. No caso de que este martes 11 a alcaldesa non acade máis votos favorables que negativos, abriríase un prazo dun mes para que dende a oposición se formulase unha moción de censura "con candidato alternativo". De non facelo, a rexedora continuaría no cargo e os orzamentos quedarían automaticamente aprobados
- Datos Que turismo?
- Economía
8,2 millóns de visitantes: Galicia supera o récord histórico de viaxeiros en pleno debate sobre a taxa turística
As Rías Baixas achegáronse aos 4 millóns de noites de hotel contratadas e Santiago aos 1,6 millóns, sen ter en conta os pisos turísticos. O número de turistas procedentes do estranxeiro aumentou un 14% e o seu gasto total medrou un 29%.
Persoal do Hospital de Oza denuncia filtracións e goteiras constantes no edificio: "estamos cansos, queremos unha solución"
Un dos edificios do Hospital Marítimo de Oza sofre dende hai anos importantes filtracións de auga, debido á "piscina" que se forma no teito plano nos meses de chuvia. Estes problemas afectan sobre todo ás consultas de fisioterapia e á área de tratamento, que "durante o inverno están cubertas de sabas, empapadores e cubos de auga"
- Entrevista | Ezequiel Mosquera
- Deportes
"En Galicia temos territorio para dar espectáculo, non vai haber nunca no Gran Camiño etapas aburridas"
O 26 de febreiro comeza en Portugal O Gran Camiño, a volta ciclista galega que nos últimos anos gañou a admiración internacional polo deseño do seu percorrido e a súa realización televisiva. Falamos co seu director, Ezequiel Mosquera, que destaca o obxectivo de que a proba suba de categoría a partir do ano que vén.
Zona Tensionada e limitación dos pisos turísticos: A Coruña reacciona ante o problema da vivenda
A Coruña solicitará á Xunta a declaración da cidade como como Zona de Mercado Residencial Tensionado, en base a un estudo que certifica que cumpre cos criterios fixados polo Ministerio de Vivenda. Tamén presentou a nova ordenanza de vivendas de uso turístico, que as reduce a baixos, primeiros andares e a edificios completos e que abre a porta a limitalas aínda máis en barrios que sofran saturación
- Entrevista | Xosé Berdullas (COPG)
- Acontece
"Se unha persoa ten que agardar un ano por unha cita co psicólogo clínico, a súa situación pode empeorar moito"
A espera por unha primeira consulta por un problema de saúde mental pode chegar aos doce meses en Galicia. O Colexio de Psicoloxía esixe da Xunta o reforzo do persoal con cen novas prazas de Psicoloxía Clínica que permitan unha atención de proximidade nos centros de saúde. Falamos con Xosé Berdullas, vogal da Xunta de Goberno do COPG.
Así soaba Castelao: o Consello da Cultura recupera a única gravación coñecida da súa voz
Castelao non puido asistir á estrea en Montevideo de Os vellos non deben de namorarse o 8 de outubro de 1941. Así que enviou un discurso a través dunha fonopostal, que se emitiu no teatro antes da representación
"No rural necesitamos servizos, pero as casas-niño non se poden soster sobre a nosa precariedade"
As casas-niño son un servizo impulsado pola Xunta para a atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos en concellos onde resulta difícil poñer en marcha escolas infantís, públicas ou privadas. As titulares son autónomas ("falsas autónomas", alertan) que reciben do Goberno galego unha cantidade anual que denuncian como insuficiente, sobre todo se teñen que contratar unha substituta no caso dunha baixa por enfermidade. Falamos con Rita Doallo, responsable da casa-niño de Taboadela.
- Datos
- Economía
Os empregos na industria aumentan un 9% nun ano en Galicia e acadan o seu máximo dende o 2008
En 2024 o sector que xerou un maior número de novos empregos foi a industria (+15.800), mentres que o sector primario foi o único que destruíu emprego (-5.000). Mellora tamén o emprego xuvenil: dende o ano 2012 non había en Galicia tantas persoas entre 16 e 29 anos traballando
Dez novas 'stolpersteine' lembran as vítimas galegas dos campos nazis
Este luns conmemórase o Día Internacional das Vítimas do Holocausto, que lembra a liberación a cargo das tropas da URSS, hai 80 anos, do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Na Coruña vanse colocar esta semana varias pedras da memoria en recordo dos veciños da cidade que foron enviados aos campos.