Así pechan as enquisas: o PP a menos de dous escanos de perder a maioría absoluta cun BNG en ascenso
Ëntre o domingo e o luns publicáronse máis dunha ducia de sondaxes. A media de todas elas sitúa o PP en 38,89 escanos, cun leve descenso con respecto ás semanas anteriores. Pontón dispárase e móvese por riba dos 23 escanos de media, absorbendo o voto dun PSdeG que podería baixar dos 12 representantes. A vitoria da esquerda, en mans da activación do voto abstencionista.
A aldea de Cangas que desapareceu hai 400 anos baixo a area por mor dun cambio climático
Un traballo do historiador Andrés Pino documenta a existencia dun núcleo habitado a carón da actual praia de Barra, que por mor dun "acontecemento meteorolóxico extremo", probablemente unha forte treboada ou unha sucesión de temporais, desapareceu entre os séculos XVI e XVII ante a imposibilidade de cultivar no lugar, cuberto na actualidade por dunas.
'Eu son': o Museo Provincial de Lugo recolle a memoria das mulleres rapadas polo franquismo
O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición temporal EU SON. Memoria das rapadas, realizada por Art al Quadrat (Mónica e Gema Del Rey Jordà). O proxecto vai facer unha recollida de testemuños, lembranzas e historias vencelladas coas mulleres rapadas en Galicia
Así marchan as enquisas a unha semana das eleccións: o PP baixa e sobe o BNG, que concentra o voto da esquerda
Quedan oito días para as eleccións do 18F, uns comicios máis abertos do que hai apenas un mes se podía pensar e nos que, por primeira vez en 15 anos, a maioría absoluta do PP está no aire. Na media das enquisas publicadas, o PP móvese ao redor dos 39 escanos, baixando lixeiramente na última semana, o BNG sobe dende 20 ata 21 ou 22, mentres que o PSdeG se estanca nos 14 e mesmo podería perder un deputado; Sumar afástase do Parlamento e DO sitúase no límite de obter representación.
As solicitudes de voto por correo son menos que no 2020 pero medran un 36% en relación ao 2016
Correos admitiu 62.831 solicitudes, fronte ás 77.057 de hai catro anos, cando se bateu o récord de voto por correo nunhas eleccións celebradas en xullo e durante a pandemia de COVID. En cambio, o número de solicitudes dispárase en relación aos comicios de 2016, os últimos celebrados en condicións normais
O 60% da poboación descoñece as medidas para reducir a incidencia do canceríxeno radon nos fogares
Unha enquisa realizada polo grupo Novos Medios da USC sinala que Galicia é o territorio do Estado no que a cidadanía amosa unha maior preocupación por este tema. Aínda que unha ampla porcentaxe (o 70,5%) sinalan o radon como un elemento canceríxeno, só catro de cada dez (o 39,2%) identifican no seu nivel de gravidade, como segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco
A lectura en galego, en mínimos: só o 3,1% prefire ler na lingua do país
Os datos do último Barómetro de Compra de Libros e Hábitos de Lectura que publica o Gremio de Editores amosan un descenso da porcentaxe de persoas que optan por ler en galego. Fran Alonso (Xerais) denuncia que os datos "poñen de relevo a carencia de políticas de apoio por parte da Xunta e as dificultades extremas ás que se enfronta a industria editorial e os escritores e escritoras galegas"
O CIS prevé unha vitoria da esquerda cun goberno liderado polo BNG
Na enquisa flash do instituto público, que se publica dez días despois da última, as opcións do PP redúcense aínda máis, cun resultado estimado de entre 34 e 38 escanos e unha forte baixada dende os 42 escanos actuais. O BNG subiría dez puntos e podería acadar entre 22 e 26 escanos. O PSdeG repetiría o seu resultado de 2020 (13-15) e Sumar e DO manteñen opcións de entrar na cámara.
- Entrevista | Rodri Suárez
- Política
"A actual idea de Galicia non se adapta ao país realmente existente, expulsa o espazo onde máis galegos vivimos: o eixo Vigo-Ferrol"
Rodri Suárez vén de publicar Galicia reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego (Morgante Edicións), un ensaio que critica o marco instalado nos últimos 40 anos, que prima as visións máis ruralizantes do país e despreza a achega das cidades. Un marco, ademais, que favorece o PP nas eleccións ao Parlamento galego, ao deixar fóra ás sociedades urbanas nas que a esquerda é maioritaria.
- Datos Cara ás Galegas
- Política
Así marchan as enquisas: entre unha axustada maioría absoluta do PP e a vitoria da esquerda
Só unha das 14 sondaxes publicadas (a do CIS) prevé a posibilidade de que o PP perda a maioría. Porén, a maior parte dos traballos estiman que Rueda se situará entre 39 e 41 deputados , o que quere dicir que a perda dun escano en cada provincia suporía a desaparición da maioría absoluta conservadora. No que tamén coinciden os traballo publicados ata o momento é no liderado do BNG na alternativa de esquerda, aínda que con estimacións moi diversas, entre 16 e 23 representantes.
Quen defende as mulleres que arriscan a vida polas súas comunidades? 'Galicia abriga' acolle activistas que sofren persecución
ONGs como Solidariedade Internacional, Ecos do Sur e Agareso veñen de poñer en marcha Galicia Abriga, que ofrecerá unha estadía de tres meses a mulleres de países nos que está presente a cooperación galega e que están vivindo situacións de risco físico e psicolóxico debido á persecución que sofren polo seu papel de defensoras de dereitos humanos
Escalada de prezos de alugueiro e compra e pisos turísticos: a vivenda convértese nun dos problemas de Galicia e entra en campaña
En 2023 o prezo do alugueiro medrou un 8,25% en Galicia e acumula subas de ata o 40% en Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra. O de compra aumentou un 4,6% no último ano e encareceuse un 35% dende o 2015. Porén, nos últimos anos a promoción de vivendas públicas da Xunta foi moi limitada e o Goberno galego rexeita medidas para limitar o encarecemento dos alugueiros