O galego avanza na súa normalización nos cemiterios: de excepción a un uso cada vez máis frecuente
As conclusións dos Encontros para a normalización lingüística destacan que grazas ao impulso de diversas iniciativas a presenza da lingua aumentou notablemente en lápidas, exequias e necrolóxicas. Iniciativas como En galego agora e sempre, unha mellor dispisición de clero e empresas funerarias e a maior concienciación da sociedade contribuíron a rachar o tabú existente
190 mil persoas non teletraballan en Galicia a pesar de que o seu tipo de emprego o permitiría
Ao redor de 114 mil persoas teletraballan en Galicia total ou parcialmente, o que equivale ao 10,2% das persoas que teñen un emprego remunerado. O dato, achegado polo INE, amosa un grande incremento dende as 95 mil do ano 2023. Porén, hai unha porcentaxe moi importante de persoas que non teletraballa aínda que o podería facer.
A 'Fonte Wallace' de Ferrol, unha alfaia do patrimonio sen protección e nun "mal estado de conservación"
A Asociación Cultural Ferrolterra Antiga vén de solicitar oficialmente ao Concello a súa restauración, que tamén é reclamada pola Société des Fontaines Wallace, con sede en París, entidade que traballa na protección das 200 exemplares existentes en todo o planeta. No Estado español tan só Barcelona e Donostia contan cunha destas fontes, instaladas no século XIX para garantir o acceso da poboación á auga potable.
O 90% dos concellos galegos, obrigados a facer medicións de radon nos postos de traballo
Este xoves celébrase o Día Europeo do Radon, no que se busca incrementar o nivel de concienciación sobre os perigos da exposición prolongada a este gas. Dende o pasado mes de xuño está en vigor unha directiva europea aprobada no ano 2018 que obriga á realización de análises nos postos de traballo situados na planta baixa nos “termos municipais de actuación prioritaria”, que en Galicia son case todos.
Alertan contra o posible traslado a Madrid dos fondos do arquivo militar de Ferrol, clave para o estudo da represión franquista
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, advetidas da presenza dunha empresa de mudanzas que estaría a realizar un orzamento para o traslado, demandan o mantemento da documentación en Ferrol "e que en todo caso se dixitalice" e lembran a importancia que este arquivo tivo "para fornecer investigacións sobre a represión en todo o territorio galego"
- Entrevista | David Alvarado
- Mundo
"As fracturas na UE veranse agravadas con Trump, dando pulo ao populismo ultraconservador"
Que vai mudar na política exterior estadounidense coa vitoria de Trump? Podemos esperar unha maior tensión comercial con China e a UE? Cambios en Ucraína e Oriente Medio? Falamos con David Alvarado, profesor de Ciencia Política na Universidade de Vigo, consultor internacional e director do Observatorio Internacional para a Paz e sobre as Migracións. "A vitoria de Trump significa menos previsibilidade, menos cooperación cos aliados tradicionais de Estados Unidos e máis tensións comerciais", destaca.
A inmigración fai medrar a poboación galega en oito mil persoas no último ano
Galicia conta con 2.712.132 habitantes, vinte mil máis que hai tres anos, grazas á chegada de poboación procedente do estranxeiro. Os residentes con outra nacionalidade aumentaron en 50.000 persoas dende o 2021.
As claves do audiovisual galego: políticas públicas "para crear circuítos de exhibición e distribución estables"
A segunda edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) vai servir entre o xoves e o sábado para analizar a diversidade lingüística no sector audiovisual e, de maneira máis concreta, a situación da lingua galega. Falamos coa profesora da USC María Soliña Barreiro, responsable de contidos do Foro.
As familias rexeitan Edixgal e piden "repensar o modelo vixente de dixitalización do ensino"
7 de cada 10 nais e pais de alumnado usuario do programa amósanse "en total desacordo" ou "en desacordo" coa súa continuidade e menos do 20% apoian o seu desenvolvemento, segundo a enquisa realizada por Anpas Galegas, á que a Consellaría resta valor. A entidade reclámalle "diálogo" á Xunta e alerta das eivas do programa, do que moitos centros se están a dar de baixa.
- Datos
- Economía
Galicia, un país menos desigual ca outros, pero coa distribución da riqueza marcada por idade e territorio
17 das 25 seccións máis ricas de Galicia están no centro da cidade da Coruña, chegando a unha renda media que se achega aos 35 mil euros anuais. Entre os primeiros lugares atopamos tamén zonas de Oleiros, de Vigo, de Ourense e Compostela. No outro extremo, atopamos unha vintena de seccións con ingresos anuais medios inferiores aos 10.000 euros. Están situadas na Lama, Boborás, Avión ou Maside, pero tamén en Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Vigo, Ourense ou Chantada, Ribeira, Carballo ou Verín
- Reportaxe As cifras do galego
- Acontece
Que facer co galego? "Vontade política" e cambios no sistema educativo para frear o devalo
Falamos con Henrique Monteagudo, Fernando Ramallo e Mónica Fernández Valencia (presidenta da CTNL) sobre os datos de coñecemento e uso do galego publicados polo IGE que amosan que por primeira vez o castelán é a lingua con máis falantes. Poñen o foco na necesidade de realizar cambios no ensino, de protexer a comunidade galegofalante e de convencer á sociedade do "valor de uso" da lingua galega.
- Datos
- Economía
A desigualdade vai por barrios: seccións das urbes galegas triplican a renda media de zonas da mesma cidade
A Galicia urbana é máis rica (ten unha maior renda media por persoa) que a Galicia rural, pero é tamén máis desigual, creando fendas invisibles pero moi evidentes no interior dunha mesma cidade. Repasamos a situación na Coruña, Vigo e Ourense, onde os barrios con máis ingresos medios están moitas veces a poucos centos de metros das áreas máis empobrecidas.