- Interactivo
- Acontece
Galicia, máis envellecida, perde 5.000 habitantes máis malia ter saldo migratorio positivo por sexto ano consecutivo
Dende o 2009 Galicia perdeu poboación todos os anos, coa única excepción do 2019, e a cifra total regresa ao nivel de 1972. A media de idade supera por primeira vez na historia os 48 anos e Galicia é a segunda comunidade autónoma cunha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos, un 26,1% do total
- Datos Que facemos co lixo?
- Acontece
Sogama converte Galicia na segunda autonomía que menos recicla e máis residuos incinera
Nos últimos cinco anos Galicia practicamente non mellorou os seus resultados de recuperación, pasando do 19,3% ao 21,4%, moi por debaixo do obxectivo do 50% fixado pola UE. ADEGA responsabiliza do "fracaso" ao complexo dependente da Xunta, con datos moito peores aos de Nostián ou Lousame
- Interactivo
- Economía
Só 58 concellos dedican a cultivos e prados cando menos un terzo da súa superficie
Case a metade dos concellos do país dedican a estes usos menos do 20% da súa superficie e en 57 deles esta porcentaxe non chega ao 10%. Comarcas coma O Morrazo ou O Ribeiro perderon case o 30% das terras de cultivo e prados dende o ano 2006. O uso principal da terra en Galicia é forestal, que mantén o seu crecemento na última década.
- Entrevista | Xurxo Martínez
- Movementos sociais
"Santiago mira dende lonxe á Ribeira Sacra e tenta xestionala sen ter en conta as persoas que alí viven"
A psada fin de semana botou a andar a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, que agrupa máis de medio cento de entidades veciñais e comunidades de montes. Reclaman a mellora de servizos e participar nas decisións que lles afectan, unindo as súas voces ante as distintas administracións
O protocolo de prevención de abusos sexuais a menores da diocese de Mondoñedo pide aos cregos non poñerse "en situacións de risco"
O documento obriga a que as persoas que traballen ou colaboren nas actividades da Igrexa presenten un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais. Así mesmo, inclúe un "código de boas prácticas" e establece o camiño que deben seguir as denuncias, que dependen directamente do bispo, que as arquivará de non consideralas "verosímiles"
- Datos
- Economía
A diferenza entre as pensións medias nos concellos agrarios e industriais supera os 400 euros mensuais
As Pontes, Fene, Cervo e Ferrol teñen as maiores contías e as localidades rurais as máis baixas e 261 concellos sitúanse por debaixo da media galega, que supera por pouco os mil euros. A fenda entre homes e mulleres no conxunto das pensións, uns 286 euros mensuais, apenas variou nos últimos anos, aínda que si se reduce nas novas altas de pensionistas.
As mortes no 'Albacora Cuatro' e no 'Pitanxo' poñen o foco na sinistralidade laboral no mar, cun cento de vítimas nunha década
Este mércores un accidente no atuneiro vigués Albacora Cuatro levou a vida de dous mariñeiros nas Seychelles, unha traxedia que se suma ás 21 defuncións que provocou o afundimento do Pitanxo en febreiro. O sector da pesca é o que rexistra máis sinistros mortais en relación co número de persoas que emprega. Os sindicatos esixen unha mellora das condicións laborais e das medidas de seguridade.
O Ingreso Mínimo Vital só chega ao 11% das persoas en risco de pobreza en Galicia, con peores datos que a media do Estado
Unhas 52.600 persoas reciben o Ingreso Mínimo Vital en Galicia, o dobre que hai un ano, pero aínda lonxe do obxectivo do Goberno central. Ademais, aos obstáculos burocráticos súmanse outras dificultades provocadas pola non actualización por parte da Xunta da Lei de inclusión social de 2013, que fai incompatibles as dúas prestacións
- Datos
- Acontece
Galicia rexistrou o pasado ano un novo mínimo de nacementos e xa é o territorio do Estado con peor saldo vexetativo
No ano 2021 naceron 14.784 nenos e nenas, 500 menos que no 2020 e sete mil por debaixo dos datos de hai unha década. Galicia é a comunidade autónoma con máis diferenza negativa entre mortes e nacementos e a segunda con menor taxa de natalidade
Unha escavación en Covelo afonda no coñecemento dun campamento romano destruído en parte por un parque eólico
Investigadores do colectivo Roman Army levan a cabo unha campaña arqueolóxica nun xacemento no Castelo do Faro (1148 metros de altitude), o punto máis elevado da provincia de Pontevedra. O recinto, unha fortificación temporal do exército romano, foi descuberto en 2020 con técnicas de teledetección, cando unha parte xa se vira "considerablemente afectado" pola instalación enerxética.
Os alimentos son un 11% máis caros que hai un ano e o aceite e os ovos soben por riba do 30%
Aceite (+42%), Ovos (+32%), Leite (+15,3%), cereais (+14,7%), polo (11,4%), pan (11,9%) ou as froitas (9,8%) son algúns dos produtos básicos que máis aumentan. A alimentación encareceuse un 7,9% dende xaneiro, por riba das alzas de combustibles e electricidade, mitigadas polas bonificacións e medidas do Goberno central.
De escola a fogar: A Pastoriza busca na rehabilitación a solución ao problema de acceso á vivenda no rural
O concello lucense reformou tres antigos colexios para crear seis vivendas de alugueiro e fará obras en dúas escolas máis para darlles o mesmo uso. Falamos desta iniciativa con Elva Carrera (BNG), tenente de Alcalde, que reclama ao Goberno galego accións para que os propietarios de vivendas pechadas as poñan no mercado.