O Goberno uruguaio denuncia a última directiva da Casa de Galicia por estafa e a apropiación de 180 mil dólares
As irregularidades denunciadas polo Ministerio de Saúde Pública inclúen a emisión de cheques sen fondos por valor de millóns de dólares, a adquisición de inmobles sen taxación previa ou a retirada de fondos por parte do seu presidente, Alberto Iglesias, que afirma poder "explicalo todo"
- Reportaxe Día Nacional 2022
- Política
A aldraxe que mobilizou o pobo galego: catro décadas das masivas manifestacións pola autonomía
En 1977 máis de 400 mil persoas saíron á rúa para esixir para Galicia a mesma autonomía que obtiveran Catalunya e Euskadi. Dous anos máis tarde, cando UCD baleirou de contido o Estatuto galego, o sentimento de agravio espertou a maior mobilización polo autogoberno no país
Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis poboación sen acceso a conexión de internet de banda larga
En Galicia 618.000 persoas non teñen a posibilidade material de acceder a unha conexión de velocidade elevada, un dato só empeorado por Castela-León. O Ministerio de Asuntos Económicos prevé que no ano 2023 Galicia será o territorio con máis poboación sen acceso a velocidades de cando menos 100 Mbps, debido á mellora que experimentarán outras comunidades.
As traballadoras de axuda no fogar pelexan ante Xunta e concellos pola suba salarial do 6,5% que esixe o seu convenio
Máis de 8.000 persoas, a maioría mulleres, realizan en Galicia este labor, privatizado ou externalizado nos últimos anos. Dende esta primavera os sindicatos levan a cabo mobilizacións para demandar ás administracións que esixan ás empresas concesionarias que cumpran coas condicións recollidas na normativa.
A Creba, a illa comunal privatizada hai cen anos con artificios legais que pelexa por volver ser "do pobo" ante a inacción das administracións
Este sábado e domingo un grupo de activistas ocupou este illote situado no concello de Muros e de propiedade comunitaria ata que en 1922 foi inscrito con titularidade privada nun proceso de legalidade cuestionable. Dende o 1981 veñen realizándose distintas obras no dominio público marítimo-terrestre malia carecer do aval do Goberno central. Esta é a súa historia
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os alimentos encareceron un 10% no que vai de ano encabezados polo aceite, ovos, leite, cereais e a froita
Os combustibles son hoxe un 104% máis caros que hai un ano, mentres que as medidas dos últimos meses limitaron a un 33% a taxa interanual de crecemento do prezo da electricidade. Especialmente dende o mes de abril veñen incrementándose de forma máis importante os prezos dos alimentos e do transporte, moi dependentes do crecemento do prezo da gasolina.
Nace 'Léocho?', a literatura galega que se escoita
O pasado venres botou a andar a primeira editorial de audiolibros en galego cun catálogo formado por dez obras do Rexurdimento que irá ampliando en función da resposta do público. Falamos co seu impulsor, Ramón Romero, que destaca o auxe dun sector no que os libros falados en galego eran case inexistentes
- Entrevista | Laura Méndez
- Cultura
"O Casino é un espazo de todos e de todas en Carballo. Queremos que entren, que o aproveiten e propoñan o que queren facer"
Este martes celébrase en Carballo a vista do xuízo que pode dedicir o futuro do Casino 1889, a entidade cultural ameazada por un proxecto inmobiliario que prevé edificar no seu lugar un edificio residencial. Falamos con Laura Méndez, unha das integrantes da asociación.
Activistas ocupan a Illa da Creba, na ría de Muros, para reclamar que sexa "devolta a mans públicas"
O grupo, que asegura que a ocupación "terá unha duración indefinida", lembra que a veciñanza de Esteiro era a propietaria dos terreos comunais da illa até que no ano 1922 se inscribiu como ben privado. “O tempo dos señores xa pasou. A Illa da Creba ten que volver ser pública. Non imos parar até conseguilo”, di Rodrigo Molinos Bolato
O 51% dos médicos galegos ten máis de 55 anos e o 25% supera xa os 65
Os recortes, a falta de investimento en persoal e a ausencia de medidas na última década para asegurar un relevo suficiente aos profesionais que acadan a súa idade de xubilación levou a un preocupante envellecemento do persoal, que afecta especialmente á atención primaria. Galicia é un dos territorios onde a proporción de profesionais de máis de 55 anos medrou máis dende o 2011.
'AI-LALELO' obtén o segundo posto no Eurovisión das cancións compostas por intelixencia artificial malia gañar o voto do público
O voto do xurado deulle a vitoria á canción presentada por un equipo tailandés, aínda que peza galega foi primeira no voto popular. En calquera caso, a aposta da empresa compostelá CECUBO Group finalizou o festival confirmando o seu enorme éxito
Os encoros galegos chegan ao verán coas reservas máis baixas da última década
Galicia mantense en situación de prealerta por seca, coa recomendación da Xunta de que os concellos reduzan a rega de parques e xardíns e as presións das redes de abastecemento durante as noites. Así mesmo, pídese á poboación limitar a renovación de auga nas piscinas e que faga un uso eficiente da auga no lavado de coches