Sindicalistas históricos de Vigo reivindican a memoria da folga xeral de setembro de 1972
Reclaman un recoñecemento oficial da folga xeral a través dunha declaración institucional do Concello de Vigo, ao que piden tamén que dedique un espazo público da cidade a homenaxear aquel movemento e aos homes e mulleres que participaron no paro hai medio século
O perfil da perceptora da RISGA: muller, maior de 45 anos e pagando un alugueiro nalgunha das sete cidades galegas
Máis de seis de cada dez son mulleres e a maior parte viven en zonas urbanas, especialmente na cidade que Vigo, que suma o 30% de todas as axudas concedidas en Galicia. A media de idade das persoas beneficiarias incrementouse nos últimos anos
As axudas da RISGA caen un 20% no 2021 malia o aumento de solicitudes e entre críticas á Xunta pola incompatibilidade co IMV
O número de beneficiarios da Renda de Inclusión Social de Galicia descendeu dende as 9.020 ata os 7.211, a pesar de que as solicitudes medraron un 2%. A incompatibilidade entre a Risga e o IMV, debido á falta de actualización da lei galega de inclusión, dificultou a posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital.
Un tribunal anula o despedimento dunha traballadora de IMFutuRe por estar embarazada e obriga a empresa a indemnizala
A CIG valora positivamente a sentenza e cualifica de "lamentábel" a supervivencia destas "prácticas empresariais discriminatorias que penalizan ás mulleres por ser nais". A Secretaría das Mulleres do sindicato liga esta situación coa caída da natalidade e reclama "traballo digno e servizos públicos de coidados con garantías"
O reinicio das obras en San Pedro de Rocas, investigadas pola Fiscalía, destrúe muros e camiños históricos
Os traballos provocan un dano irreversible nun espazo protexido pola declaración BIC do Coto do mosteiro, denuncian entidades sociais, que chaman a mobilizarse para evitar novas actuacións, que só buscan "beneficiar un turismo mal entendido, non respectuoso co lugar, invasivo e masivo".
As candorcas suman 26 interaccións con veleiros na costa galega no mes de agosto
Entidades como CEMMA lembran que os animais non "atacan" os barcos e recomenda deter as embarcacións, retirar as mans do temón e evitar navegar de noite. A súa presenza no litoral galego, que o ano pasado fora máis habitual nos meses de setembro e outubro, adiantouse nesta ocasión
Galicia superou en xullo o seu máximo histórico de turistas neste mes e apunta a un ano de récord
Tanto as Rías Baixas coma a Mariña e a Costa da Morte recibiron o mes pasado máis viaxeiros que nunca nestas datas, con cifras que se sitúan por riba dos datos anteriores á pandemia. Tamén Compostela bateu o seu récord de visitantes.
Vigo, Oleiros e Nigrán son os concellos cun maior número de piscinas, máis de 40 mil en toda Galicia
A Xunta vén demandando dende a primavera que a poboación "restrinxa a renovación de auga" nestas instalacións, cada vez máis frecuentes no noso país. O seu número medrou aínda máis dende o inicio da pandemia de COVID. Os concellos con máis piscinas por habitante son O Pereiro de Aguiar, Amoeiro e Bergondo, con ao redor de 100 por cada 1000 persoas.
Galicia lidera a mortalidade laboral, con 45 defuncións en seis meses: "Algo está a fallar, urxe que se cumpra a lei"
UGT-Galicia demanda un "plan de choque" para reducir a sinistralidade laboral, que aumentou un 25% con respecto ao primeiro semestre de 2021. O case medio cento de falecementos de xaneiro a xuño case igualan as cifras do conxunto do ano anterior.
Os concellos pequenos únense ás zonas urbanas no encarecemento dos alugueiros cunha suba do 8% dende o 2020
As localidades de menos de 5.000 habitantes rexistran a maior escalada de prezos no último ano e medio, aínda que as vivendas máis caras seguen a estar nas cidades, cun incremento do 33% dende o 2015.
- Entrevista | Borxa González
- Movementos sociais Pontevedra
"As touradas son unha actividade anacrónica que mancha a imaxe de Pontevedra"
Esta fin de semana os espectáculos taurinos regresan a Pontevedra coa celebración de dúas corridas na Feira da Peregrina. O sábado unha manifestación (Praza da Peregrina, 20 horas) esixirá a fin desta práctica, en constante decadencia social nos últimos anos en Galicia. Falamos co voceiro de Touradas Fóra de Pontevedra, Borxa González.
A auga dos encoros galegos está no seu nivel máis baixo dende 1990
A cantidade total de auga almacenada nas instalacións das confederacións hidrográficas Galicia Costa e Miño-Sil é a máis reducida dende hai máis de 30 anos, con valores próximos aos rexistrados o pasado verán, cando varios encoros galegos foron baleirados de maneira moi importante.