Así soaba Castelao: o Consello da Cultura recupera a única gravación coñecida da súa voz
Castelao non puido asistir á estrea en Montevideo de Os vellos non deben de namorarse o 8 de outubro de 1941. Así que enviou un discurso a través dunha fonopostal, que se emitiu no teatro antes da representación
"No rural necesitamos servizos, pero as casas-niño non se poden soster sobre a nosa precariedade"
As casas-niño son un servizo impulsado pola Xunta para a atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos en concellos onde resulta difícil poñer en marcha escolas infantís, públicas ou privadas. As titulares son autónomas ("falsas autónomas", alertan) que reciben do Goberno galego unha cantidade anual que denuncian como insuficiente, sobre todo se teñen que contratar unha substituta no caso dunha baixa por enfermidade. Falamos con Rita Doallo, responsable da casa-niño de Taboadela.
- Datos
- Economía
Os empregos na industria aumentan un 9% nun ano en Galicia e acadan o seu máximo dende o 2008
En 2024 o sector que xerou un maior número de novos empregos foi a industria (+15.800), mentres que o sector primario foi o único que destruíu emprego (-5.000). Mellora tamén o emprego xuvenil: dende o ano 2012 non había en Galicia tantas persoas entre 16 e 29 anos traballando
Dez novas 'stolpersteine' lembran as vítimas galegas dos campos nazis
Este luns conmemórase o Día Internacional das Vítimas do Holocausto, que lembra a liberación a cargo das tropas da URSS, hai 80 anos, do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Na Coruña vanse colocar esta semana varias pedras da memoria en recordo dos veciños da cidade que foron enviados aos campos.
Verea: reforzo dos servizos públicos e un banco de vivendas baleiras para un rural vivo e que gaña poboación
Falamos co rexedor de Verea, un pequeno concello rural do sur da provincia de Ourense que se está a distinguir por non perder poboación (e mesmo incrementala), por atraer novos residentes e por rexistrar unha taxa de natalidade por riba da media galega. Xosé Antonio Valado (BNG) accedeu á Alcaldía en 2019 e en 2023 acadou o os sete concelleiros en xogo
Nace un espazo para a publicación anónima de denuncias sobre abusos no sector da investigación en Galicia
A Asemblea de Investigadoras de Compostela empregará a súa conta de Instagram para a recepción "con total confidencialidade" de mensaxes que alerten de situacións de malas praxes no ámbito laboral na USC, que despois publicará sen citar a autoría. Denuncian que estas situacións "son coñecidas" pero "ante a falta de medidas" deciden dar este paso.
Unha mocidade chega e outra segue a marchar: 23 mil persoas novas nacidas no país emigraron dende 2008
Galicia recibe máis persoas das que marchan. Porén, se debullamos as estatísticas e observamos unicamente os datos da poboación de 20 a 39 anos nacida no interior do Estado, o saldo migratorio é permanentemente negativo para Galicia.
A enxeñeira que Navantia non contratou polo seu perfil "demasiado maduro", aínda nun 'limbo' malia á vitoria xudicial
No ano 2020 unha enxeñeira non superou unha das fases do proceso de selección a pesar de obter unha das mellores puntuacións porque o seu perfil era "demasiado maduro". O TSXG e despois o Tribunal Supremo déronlle a razón e obrigaron a empresa a reabrir o proceso e incluíla nel, pero de momento a aspirante aínda non tivo noticia de acción ningunha neste senso por parte da compañía, que defende que si o está a facer.
Así paralizou o goberno de Noruega unha celulosa semellante a Altri
En setembro a Dirección de Medio Ambiente denegou á empresa Billerud Viken a solitude de instalación da factoría en Hønefoss, a 60 quilómetros de Oslo, porque as verteduras da planta á auga infrinxirían a normativa medioambiental norueguesa e a Directiva Marco da Auga da UE, prexudicando os ríos da contorna e fiordos situados a unha distancia semellante á existente entre Palas de Rei e a Ría de Arousa. Greenpeace destaca as similitudes entre os dous proxectos.
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Vigo e A Coruña lideran o incremento do número de pisos turísticos no Estado
Un informe de Ecoloxistas en Acción alerta de que a proliferación de vivendas de uso turístico está a expulsar familias residentes dos barrios máis saturados. "Está a facer inaccesible a vivenda para as capas sociais con menos ingresos e para a mocidade que se quere emancipar", denuncia. Vigo é cidade na que máis aumentou o seu número dende o 2020 (+113%) entre as 23 analizadas e A Coruña é a cuarta (+84%)
O profesorado axudante doutor da USC reclama a súa estabilización
A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da Universidade de Santiago convoca unha concentración ante a Reitoría para denunciar a "precarización do colectivo". Dende o 2008 a falta de investimento vén bloqueando os procesos de contratación deixando a moitos investigadores e docentes ancorado nesta figura, con retribucións, responsabilidades e recoñecemento por debaixo dos seus méritos e cualificacións.
- Interactivo
- Acontece
Rural e con alta natalidade: Verea, Lourenzá, Meira... nestes concellos si hai nacementos
Unha quincena de localidades rurais superan a taxa de natalidade media no país nos últimos anos. Destaca o caso de Verea, en Ourense, que ademais das habituais axudas polas inscricións de crianzas, desenvolve unha política de vivenda para a mobilización de inmobles baleiros para alugueiro social ou venda