As editoras critican a "falta de apoio" da Xunta ao libro galego en LIBER e na Feira de Frankfurt
13 empresas participaron no stand da Asociación Galega de Editoras nos dous encontros internacionais, entre os máis importantes do mundo. Porén, denuncian que o Goberno galego rexeitou apoiar esta acción e optou por instalar "outro stand, sen actividade, xestionado por persoal alleo ao sector, e que supón un gasto extraordinario de fondos públicos"
O número de persoas sen fogar medrou un 25% en Galicia na última década e supera amplamente a media estatal
Segundo os datos do INE, hai 2.387 persoas sen fogar no noso país, a maioría homes entre 45 e 65 anos, aínda que a porcentaxe de mulleres medrou de forma importante. Mentres que no conxunto do Estado hai 86,6 persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes, en Galicia esta ratio chega ás 165,7
Reclaman á Xunta que elimine do rexistro de vivendas turísticas as que carezan de licenza municipal
O Parlamento aprobou unha proposición non de lei do PSdeG que esixe ao Goberno galego cumprir o Decreto de 2017 que segundo os socialistas implicaría a ilegalización dos pisos turísticos sen habilitación por parte dos concellos. En Compostela, que leva anos impulsando medidas para regular estes establecementos, o rexistro da Xunta amosa unha diminución no seu número
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza pide á Xunta recuperar a Tarxeta Básica suprimida tras a pandemia
En 2020 a poboación en situación de exclusión aumentou de forma importante en Galicia, pero en 2021 o dato mesmo baixou, grazas ao "escudo social", que evitou que entrasen nesta situación unhas 127.000 persoas, segundo destaca o informe presentado este luns por EAPN-Galicia, que alerta da "feminización" da pobreza e reclama recuperar a medida eliminada polo Goberno galego
- Entrevista | Xulio Ríos
- Mundo
"A figura de Xi Jinping sairá fortalecida. Haberá máis Xi e máis xiísmo en China tras o XX Congreso"
Este domingo comezou o XX Congreso do Partido Comunista Chinés (PCCh), un encontro que se celebra cada cinco anos e marca as grandes liñas políticas do país. Falamos con Xulio Ríos, asesor emérito do Observatorio da Política Chinesa e un dos maiores expertos na política do xigante asiático.
- Datos
- Acontece
Os coches non son para as cidades: o número de turismos matriculados nas urbes estáncase, mentres segue a medrar no rural
As zonas urbanas, con mellores servizos de transporte colectivo, teñen moitos menos coches por habitante que as zonas rurais. Ademais, cada ano matricúlanse menos vehículos, especialmente nas cidades, mentres que nos concellos menos poboados o parque automobilístico segue a medrar de forma importante.
Galicia encadea sete meses de alertas pola seca, cos encoros preto do seu nivel máis baixo en décadas
Os encoros galegos atópanse ao redor do 47% da súa capacidade total e levan máis dun ano por debaixo do 60%. As previsións indican que as desexadas precipitacións non chegarán nas vindeiras semanas, polo que se reiteran as peticións públicas para un aforro no uso da auga para evitar restricións futuras.
- Interactivo
- Economía
As zonas rurais de Ourense e Pontevedra encabezan o mapa da pobreza en Galicia
O 11,3% dos galegos e galegas contan con rendas inferiores aos 7.500 euros anuais, unhas 300.000 persoas. E o 20,6% percibe ingresos por debaixo dos 10.000 euros ao ano, ao redor de 600.000 persoas. As porcentaxes son superiores no caso dos menores de 18 anos, que nun 26% viven en fogares con ingresos baixos
Aldealista, un 'Tinder' para dar visibilidade ás aldeas cun obxectivo final: fixar poboación
En novembro nace unha aplicación que busca facilitar o contacto entre aldeas abandonadas ou despoboadas e as persoas que en calquera parte do mundo poderían estar interesadas en pasar alí unha tempada -ben como turistas ou nunha estadía de teletraballo- ou mesmo marchar a vivir nelas
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A pandemia baleirou cidades e zonas turísticas e encheu os concellos ao redor das áreas urbanas
A gran maioría dos concellos galegos gañaron habitantes neses meses, poboación flotante que habitualmente marchar estudar, traballar, mercar ou a un centro médico) ás principais cidades, que ficaron máis deshabitadas entre marzo e xuño daquel 2020, o mesmo que aconteceu en diversas localidades turísticas. Debullamos os datos de carga poboacional que vén de divulgar o IGE
- Entrevista | Wesley Guerra
- Mundo
"Bolsonaro saíu fortalecido e Lula vaino ter moi complicado: mesmo se gaña a segunda volta vaille ser difícil gobernar"
A primeira volta das eleccións brasileiras deixou a Lula da Silva como candidato máis votado, pero cunha maioría insuficiente ante un Bolsonaro que superou as previsións das sondaxes. Falamos co colaborador do IGADI Wesley Guerra sobre o resultado dos comicios e as opcións de cada candidato para o segundo turno, que terá lugar o 30 de outubro.
- Entrevista | Alfonso López Rodríguez
- Política
"A ultradereita fréase con políticas que combatan a desafección e acheguen a recuperación económica á maioría"
O pasado domingo Fratelli d'Italia gañou as eleccións no país transalpino. É a primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial que a ultradereita vai liderar un dos grandes países europeos. Falamos con Alfonso López Rodríguez, profesor da Facultade de Ciencias Políticas da USC, sobre os factores que alimentan o ascenso destas forzas e como combatelas