De fluír soterrado a un novo parque: Pontevedra recupera o Río Gafos coa súa 'renaturalización'
O río, que fluía soterrado durante máis de 500 metros, volverá ver a luz e recupera o seu curso natural, modificado en 1970. A actuación, no barrio de Campolongo, abrangue unha superficie de 21.000 metros cadrados, ten un orzamento de 4,6 millóns de euros, cun prazo de execución de 12 meses.
Cans lembra cun documental colectivo os 31 mortos no accidente de autobús que conmocionou a aldea en 1955
Na mañá do 26 de febreiro de 1955 un vehículo que se dirixía dende O Porriño a Ponteareas envorcou e se incendiou á altura da escola de nenos de Cans. A veciñanza acudiu para socorrer a corentena de pasaxeiros, pero pouco puideron facer. O proxecto busca preservar a memoria da aldea a través da testemuña oral das persoas de máis idade.
Movementos contra a crise do alugueiro: máis vivenda pública e menos especulación
A escalada dos prezos e a falta de inmobles dispoñibles levan á organización de iniciativas que dende a sociedade civil reclaman cambios nas políticas. Este xoves presentouse a Plataforma Galega Vivenda Xa!, que demanda un "programa de vivendas públicas con prezo taxado" e o 5 de abril unha manfestación estatal reclamará en Vigo, A Coruña e Santiago "acabar co negocio da vivenda".
As ameazas ambientais poñen en risco o liderado galego do mexillón, no que medra Chile
En 2022 e 2023 a produción galega descendeu un 30%, debido á redución do afloramento de augas frías e á crise da mexilla. Solucionada esa última, as perspectivas son mellores para este ano e os seguintes. Pero neste contexto, a Ría de Arousa enfronta unha competencia cada vez maior pola chegada de marisco producido noutros países. E, ademais, crecentes ameazas ambientais que afectan ao caudal do río Ulla ou á calidade das augas.
Manifestación por terra e mar como "resposta contundente" á autorización da Xunta a Altri
O sábado 22 A Pobra do Caramiñal acolle a primeira gran mobilización contra o proxecto de celulosa dende a aprobación da autorización ambiental. Convocada pola PDRA co apoio de Ulloa Viva e a Plataforma Mina de Touro-o Pino NON, na marcha espérase a participación de milleiros de persoas e de máis de 500 barcos.
- Interactivo
- Economía
Quen corta a madeira? Propietarios envellecidos, en parte dende a cidade e con montes de eucalipto
Ortigueira, A Fonsagrada, O Pino, Oza-Cesuras e Santa Comba foron os cinco concellos nos que máis madeira se cortou no ano 2023. Pero Lugo e A Coruña foron os lugares de residencia máis habituais, seguidos de Santiago, Narón e Viveiro, con Ferrol e Vigo tamén nos primeiros lugares da lista
As cifras de Altri: dos 75 metros de cheminea aos 46 millóns de litros diarios de auga
O aval ambiental da Xunta detalla o que suporía en números a fábrica en Palas de Rei, cunha superficie de 112 hectáreas, afectación directa en catro concellos, 27.000 alegacións, unha produción anual de 400.000 toneladas de celulosa ou o uso de 1,2 millóns de toneladas de madeira de eucalipto ao ano, o 22% de todo o que se corta en Galicia.
Isto é Ferrol! O BAXI pasa á final da Eurocup
Ante o ASVEL Lyon, o 'Uni' fixo valer a ampla diferenza acadada no partido de ida (93-62) e aínda que perdeu o partido (74-63), logrou o pase á súa primeira final europea no ano do seu debut continental. As ferrolás enfrontaranse na final a outro equipo francés, Villeneuve d'Ascq, nun choque a dobre partido (a ida o 26 de marzo en Ferrol e a volta o 2 de abril en Francia)
O profesorado ourensán, mobilizado en defensa da mestra que sufriu unha campaña na súa contra
Alumnado e familias do IES As Lagoas levaron a cabo concentracións e distribución de necrolóxicas queixándose da "mala praxe" da docente de Matemáticas e das baixas cualificacións que outorgaba. As protestas acabaron coa baixa da mestra. Este mércores unha masiva manifestación reclamou a "dignidade do profesorado" e denunciou a "indefensión" ante os ataques.
Portugal encamíñase ás terceiras eleccións en tres anos tras perder Montenegro a moción de confianza
As enquisas para os comicios, que poderían celebrarse en maio, amosan poucos cambios en relación ao resultado electoral de hai doce meses, aínda que o Partido Socialista podería converterse na forza máis votada. Rebelo de Sousa reúnese este mércores cos partidos e xoves convoca o Conselho de Estado para tomar a decisión definitiva sobre a convocatoria.
A porcentaxe de biografías de mulleres na Galipedia, por baixo das versións en eúscaro, catalán e castelán
A proporción na versión galega da enciclopedia libre, o 20,6%, medra moi lentamente, dende o 18% do ano 2020 pero, con todo, supera á estatística da versión en inglés. As mulleres son clara minoría entre as editoras. A Galipedia puxo en marcha nos últimos anos diversas iniciativas para reducir esta fenda de xénero.
A crise do viño na Ribeira Sacra continúa: "Seguimos igual, pero cun ano máis enriba"
O pasado ano unha grave crise afectou ao sector do viño na Ribeira Sacra. Moitas adegas presentaron grandes excedentes de viño de anos anteriores e deixaron sen recoller moita uva, especialmente das pequenas e medianas produtoras. O SLG inicia un ciclo de conferencias que busca achegar información ás produtoras "ante a ausencia de accións de apoio por parte de Medio Rural"