A declaración de San Simón como Lugar de Memoria, un "acto de xustiza e reparación" aos centos de mortos na illa
Xa está en marcha o procedemento para declarar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria Democrática. Polo campo de concentracióm franquista pasaron máis de 5.600 prisioneiros entre 1936 e 1943 e nel está documentado o falecemento de máis de 500 persoas por fame ou enfermidades, ademais das fusiladas ou paseadas. Os usos futuros da illa deberán desenvolverse "con pleno respecto á dignidade das vítimas", sinala a declaración.
O 84% dos centros E-Dixgal recuperan os libros de texto ante a crise do programa da Xunta
O programa de educación dixital E-Dixgal, que nos últimos anos vén recibindo duras críticas por parte de de familias e docentes e de voces expertas, recupera agora os libros de texto na maior parte dos centros participantes. A Xunta leva dous cursos vendo como se reducen os centros de ensino que participan nel, que xa pasaron de 630 a 597 en só dous anos.
O Pazo de Meirás, símbolo do poder e do espolio da ditadura, vira en Lugar de Memoria Democrática
A publicación no BOE do inicio do procedemento para a declaración foi acompañada dun acto no propio Pazo no que participaron o secretario de Estado de Memoria Democrática e a comisionada do programa 50 años en Liberdade. Este mércores publicarase a incoación do procedemento para a Illa de San Simón.
A vaga de calor de agosto converte 2025 no ano con máis mortes por altas temperaturas en Galicia
Dende o 15 de maio a calor provocou 392 falecementos no país, 198 deles no mes que vén de rematar. As estimacións do sistema de Vixilancia da Mortalidade diaria (MoMo) xestionado polo Instituto de Saúde Carlos III sitúan 2025 como o ano con máis mortes atribuíbles ás temperaturas extremas, que se concentran entre as persoas de 85 anos ou máis.
Entidades que impulsaron a recuperación de Meirás reclaman ao Estado "máis memoria e menos fotos"
Este martes o Goberno central celebra no Pazo de Meirás un acto para anunciar o inicio do procedemento para a súa declaración como Lugar de Memoria Democrática. A CRMH e outras asociacións memorialistas galegas reclaman "garantías e transparencia" e reducen a "propaganda" un evento ao que non acudirán. En cambio, concentraranse ás portas do Pazo en sinal de protesta.
- Reportaxe Ano Castelao
- Cultura
"Eiquí 'Sempre en Galicia'...": o programa de radio en galego máis lonxevo celebra os 75 anos
O 3 de setembro de 1950 comezou a emitirse en Montevideo Sempre en Galicia, o espazo radiofónico estable en galego máis antigo. Hoxe celebra o seu 75 aniversario e faino mantendo a mensaxe e obxectivos iniciais de difusión e dignificación da lingua e cultura entre a diáspora. Todos os domingos en Radio Oriental, agora da man de Toni Seárez.
Os concellos máis afectados polos incendios de agosto, entre os máis envellecidos e despoboados de Galicia
Os cinco meirandes incendios do mes de agosto arrasaron 76.000 hectáreas en 33 concellos situados nas comarcas ourénsas da Limia, Verín, Viana, Allariz-Maceda, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Valdeorras, e á comarca lucense de Quiroga. Nalgúns casos, a poboación maior de 65 anos supera o 50% do total e a maior parte perde poboación de maneira acelerada, con caídas de máis do 30% en vinte anos. A proporción de vivendas baleiras, tamén en máximos
Os guerrilleiros José Galán e Manuel Ramiro Souto volven a casa: os seus corpos repousan xa no cemiterio
Asasinados pola Garda Civil en 1952 en Mesía, e exhumados en 2024 grazas ao empeño dos seus familiares de da ARMH, este luns os seus restos foron entregados nun acto solemne no Concello de Culleredo. Posteriormente, foron soterrados no camposanto de Almeiras.
- Reportaxe
- Acontece
Os 'Diarios' de Syra Alonso, un relato de resistencia persoal ante o terror do franquismo
Alvarellos vén de reeditar, de maneira ampliada os Diarios escritos por Syra Alonso en 1938 e 1945 e nos que relata o sufrimento vivido no verán de 1936, cando o seu home, o pintor Francisco Miguel foi asasinado polos franquistas. Os seus restos, exhumados hai dous anos en Bértoa (Carballo) serán entregados á familia o vindeiro 29 de setembro como colofón a unha xeira de actos de recoñecemento á parella.
Pontevedra, "claramente unha cidade antitaurina", volve manifestarse contra as touradas
Este sábado ás 20.30 horas a cidadanía pontevedresa está chamada a mobilizarse contra a celebración da Feira Taurina, o derradeiro reduto en Galicia deste tipo de espectáculos de maltrato animal. A plataforma Touradas Fóra de Pontevedra esixe á Xunta que modifique a Lei de Protección Animal, que establece unha excepción para estes festexos.
- Datos Que turismo?
- Acontece Vigo
Vigo lidera as estadías en aloxamentos turísticos, que aumentan un 18% en Galicia
No conxunto de Galicia o número de noites contratadas en vivendas de uso turístico e outros aloxamentos non hoteleiros pasou de 1,41 millóns en 2023 a 1,68 millóns en 2024. Vigo, cun aumento de máis do 30% no último ano, supera amplamente os datos de Santiago e A Coruña.
O Ministerio de Sanidade alerta de 'risco alto' para a saúde en Pontevedra e parte de Ourense por mor da vaga de calor
Dende o comezo da tempada estival estímase que máis de 200 persoas morreron en Galicia como consecuencia da calor excesiva. Ourense superará os 40 graos varios días desta semana e o martes as cidades de Pontevedra e Vigo roldarán os 37 de máxima