Nace un espazo para a publicación anónima de denuncias sobre abusos no sector da investigación en Galicia
A Asemblea de Investigadoras de Compostela empregará a súa conta de Instagram para a recepción "con total confidencialidade" de mensaxes que alerten de situacións de malas praxes no ámbito laboral na USC, que despois publicará sen citar a autoría. Denuncian que estas situacións "son coñecidas" pero "ante a falta de medidas" deciden dar este paso.
Unha mocidade chega e outra segue a marchar: 23 mil persoas novas nacidas no país emigraron dende 2008
Galicia recibe máis persoas das que marchan. Porén, se debullamos as estatísticas e observamos unicamente os datos da poboación de 20 a 39 anos nacida no interior do Estado, o saldo migratorio é permanentemente negativo para Galicia.
A enxeñeira que Navantia non contratou polo seu perfil "demasiado maduro", aínda nun 'limbo' malia á vitoria xudicial
No ano 2020 unha enxeñeira non superou unha das fases do proceso de selección a pesar de obter unha das mellores puntuacións porque o seu perfil era "demasiado maduro". O TSXG e despois o Tribunal Supremo déronlle a razón e obrigaron a empresa a reabrir o proceso e incluíla nel, pero de momento a aspirante aínda non tivo noticia de acción ningunha neste senso por parte da compañía, que defende que si o está a facer.
Así paralizou o goberno de Noruega unha celulosa semellante a Altri
En setembro a Dirección de Medio Ambiente denegou á empresa Billerud Viken a solitude de instalación da factoría en Hønefoss, a 60 quilómetros de Oslo, porque as verteduras da planta á auga infrinxirían a normativa medioambiental norueguesa e a Directiva Marco da Auga da UE, prexudicando os ríos da contorna e fiordos situados a unha distancia semellante á existente entre Palas de Rei e a Ría de Arousa. Greenpeace destaca as similitudes entre os dous proxectos.
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Vigo e A Coruña lideran o incremento do número de pisos turísticos no Estado
Un informe de Ecoloxistas en Acción alerta de que a proliferación de vivendas de uso turístico está a expulsar familias residentes dos barrios máis saturados. "Está a facer inaccesible a vivenda para as capas sociais con menos ingresos e para a mocidade que se quere emancipar", denuncia. Vigo é cidade na que máis aumentou o seu número dende o 2020 (+113%) entre as 23 analizadas e A Coruña é a cuarta (+84%)
O profesorado axudante doutor da USC reclama a súa estabilización
A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da Universidade de Santiago convoca unha concentración ante a Reitoría para denunciar a "precarización do colectivo". Dende o 2008 a falta de investimento vén bloqueando os procesos de contratación deixando a moitos investigadores e docentes ancorado nesta figura, con retribucións, responsabilidades e recoñecemento por debaixo dos seus méritos e cualificacións.
- Interactivo
- Acontece
Rural e con alta natalidade: Verea, Lourenzá, Meira... nestes concellos si hai nacementos
Unha quincena de localidades rurais superan a taxa de natalidade media no país nos últimos anos. Destaca o caso de Verea, en Ourense, que ademais das habituais axudas polas inscricións de crianzas, desenvolve unha política de vivenda para a mobilización de inmobles baleiros para alugueiro social ou venda
As consultas por gripe aumentan un 107% nunha semana, pero a intensidade do virus segue baixa
A área sanitaria de Ourense e o grupo de idade de 20a 59 anos foron os que rexistraron unha maior incidencia, pero a venda de antigripais nas farmacias descendeu. Na segunda semana do ano ingresaron nos hospitais galegos 150 persoas con gripe confirmada, un 27 % máis que a semana anterior.
- Datos A fin do carbón
- Economía
Mínimo histórico de electricidade contaminante en Galicia cun 83% de renovables en 2024
No primeiro ano sen xeración eléctrica con carbón, os elevados rexistros das centrais hidráulicas compensaron o descenso da enerxía eólica. Porén, os datos agochan grandes eivas en Galicia, co estancamento da potencia renovable instalada e unha gran dependencia das importacións: o 66% da enerxía que consome procede de fóra e, sobre todo, de fontes contaminantes.
- Datos As cifras do galego
- Acontece
A mocidade galega en idade escolar fala peor a lingua propia que cataláns e vascos
Mentres que en Cataluña e Euskadi a situación das súas linguas é mellor nas novas xeracións ca no conxunto da poboación, en Galicia a tendencia é exactamente a inversa. As persoas en idade escolar son as que rexistran peores datos de competencia e uso. Así o amosa un informe comparativo feito público na presentación do Foro participativo: un país coa súa lingua, que durante os vindeiros meses levará a cabo o Consello da Cultura
Greenpeace reclama ampliar ata 2030 a prohibición de novas plantacións de eucalipto
A moratoria a novas plantacións de eucalipto remata en decembro de 2025. A organización ecoloxista, que lembra que a superficie ocupada pola especie invasora seguiu a incrementarse en 2023, reclama estender a medida, alertando de que as pragas que están a afectar ás coníferas poden levar a unha "substitución masiva" de piñeiros por eucaliptos
Santiago solicitará a declaración de zona residencial tensionada cun informe da UDC que avala a proposta
O documento confirma que o concello cumpre en todo o seu territorio dous dos criterios para solicitar a declaración, que busca regular o prezo do alugueiro. Entre 2018 e 2023 o prezo de arrendamento da vivenda aumentou en máis de 50% en varios barrios da capital de Galicia