"Nin manicomio, nin intemperie": o acceso a unha vivenda digna, clave para a saúde mental
Movemento Galego de Saúde Mental celebrou este sábado a súa xornada anual, que baixo o título de Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente, analizou as dificultades engadidas para acceder a un fogar que sofren as persoas con problemas de saúde mental.
O longo camiño da eliminación do cambio de hora, medida apoiada por uns e detestada por outros
España defenderá este luns no Consello de Enerxía da UE reabrir o debate sobre a supresión do cambio horario estacional. "Cambiar a hora dúas veces ao ano xa non ten sentido" pois "apenas axuda a aforrar enerxía e ten un impacto negativo na saúde e na vida da xente", di Pedro Sánchez. En 2019 a Comisión Europea manifestou a súa intención de propoñer a fin do cambio de hora; porén, o proceso ficou estancado ante a falta de consenso.
Boulevar, a libraría de Bueu onde levar 'libros ou hostias', debuta como editora con Emma Pedreira
Boulevar Libraría Edicións vén de anunciar o lanzamento da súa primeira obra, Inventaria, unha poesía reunida en edición bilingüe de Emma Pedreira que abrangue os seus poemarios entre os anos 1999 a 2009. Falamos con Daniel Chapela, responsable do espazo, que fala sobre os obxectivos do selo de "internacionalizar" a literatura galega e das actividades da libraría.
- Entrevista | Jaime Palomera Dereito á vivenda
- Acontece
"Hai que cambiar as regras e que a carga fiscal estea sobre os que acumulan cada vez máis casas"
Jaime Palomera vén de publicar El secuestro de la vivienda (Ediciones Península, 2025), unha obra na que analiza a actual crise e fai un chamamento e propostas para repensar as políticas e devolver a vivenda á súa condición de dereito fundamental. Esta semana ofreceu unha conferencia na sede do COAG na Coruña e falamos con el.
A batalla das deputacións, clave para o control da Xunta, pendente duns centos de votos
A lectura do resultado dos comicios locais de 2027, que precederán ás eleccións ao Parlamento galego, dependerá en boa medida do control das catro deputacións. Todo pode pasar, tendo en conta que as maiorías están moi axustadas e que o particular sistema de elección dos deputados pode desnivelar a balanza por movementos a nivel local ou comarcal. Nos últimos meses o PP está a levar acabo numerosas operacións para facerse con alcaldías en partidos xudiciais que serán clave para o reparto.
A Xunta anuncia cinco días despois da moción de censura a residencia de maiores reclamada por Ribeira
Fabiola García, conselleira de Política Social, visitou este sábado Ribeira para anunciar a licitación do equipamento que a Xunta paralizou en xuño. O BNG acusa o Goberno galego de "utilizar os cartos públicos para chantaxear os concellos que non son da súa cor" e sinala que o anuncio "chega despois de meses de parálise e de escusas inxustificadas"
O Estado do Benestar evita que 760.000 persoas entren na pobreza en Galicia
509.000 persoas residentes en Galicia viven en risco de pobreza e exclusión social, pero sen as axudas das diferentes administracións públicas a cifra elevaríase ás 1.144.000 persoas en total, 760.000 persoas máis. En 2024 a taxa de pobreza e a exclusión social sufriu unha caída de 6,7 puntos. Son datos que "con toda a prudencia, levan ao optimismo", destaca EAPN
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
A compra de vivendas por estranxeiros en Galicia duplicouse dende 2019
As compras realizadas por estranxeiros medraron un 14% no último ano en Galicia e sitúanse un 72% por riba do pico máximo acadado antes do estoupido da burbulla inmobiliaria en 2009. No conxunto do Estado, o 40% das operacións foron realizadas por estranxeiros non residentes.
Por Palestina: manifestacións nas rúas e concentracións no traballo
As folgas convocadas rexistran unha participación dispar segundo os sectores, aínda que cun impacto baixo fóra do ensino. En cambio, as concentracións nas cidades e vilas galegas tiveron unha asistencia importante de persoas de todas as idades, aínda que nesta mañá dominou a presenza da mocidade. Esta tarde, a partir das 20 horas, haberá mobilizacións en 40 cidades e vilas galegas.
A dereita gaña en Lisboa e no Porto, pero o PS recupera forza nas eleccións municipais
O PSD do primeiro ministro Luís Montenegro vence nas eleccións autárquicas celebradas este domingo en Portugal ao facerse coas dúas meirandes cidades, ademais doutras câmaras de importancia, como Gaia, Sintra ou Cascais. Porén, o Partido Socialista reponse do seu mal resultado nas lexislativas e gobernará urbes como Coímbra, Faro, Évora, Bragança ou Viseu. A ultradereita de Chega amosa a súa debilidade na política local
Condenado por estafar dúas persoas en Vigo ás que alugou un piso do que non dispuña
A Audiencia de Pontevedra vén de condenar a 18 meses de prisión a un home ao que dúas persoas entregaron 1.420 e 700 euros respectivamente en concepto de reserva e fianza por unha vivenda sobre a que en realidade non tiña dispoñibilidade. As vítimas reclamáronlle sen éxito as chaves da vivenda e, posteriormente, a devolución do diñeiro, tamén infrutuosamente.
"A sociedade civil organizada é unha arma de construción masiva, podemos cambiar as cousas"
Sandra Garrido foi unha das activistas que integrou a Flotilla con axuda a Gaza que o pasado 1 de outubro foi asaltada polo exército israelí en augas internacionais. Detida durante catro días e encarcerada en malas condicións, a avogada compostelá regresou este mércores a Galicia. Falamos con ela sobre a situación vivida a mobilización social crecente que esixe que Israel deteña o xenocidio que exerce sobre o pobo palestino.