A apertura de novos pisos turísticos necesitará da autorización expresa da comunidade de propietarios do edificio
A partir do 3 de abril quen queira instalar un piso turístico nunha vivenda dun edificio comunitario deberá contar co voto favorable do 60% dos propietarios. Tamén se necesitará unha maioría de tres quintos para prohibir as actividades turísticas, aínda que esta decisión non poderá ter efectos retroactivos e os pisos turísticos legalmente rexistrados antes de abril poderán seguir operando se cumpren coa normativa e as limitacións aplicadas en cada concello
A crise de Pescados Rubén deixa no aire 80 empregos na Mariña
A compañía con sede en Foz, dedicada á venda de peixe e marisco a grandes mercados e cadeas de supermercados, entrou nos últimos anos nun rápido devalo que a leva á solicitude dun concurso voluntario de acredores. A Mariña encamíñase a un novo capítulo da súa crise industrial, despois dos casos recentes de Vestas, Albo ou a propia Alcoa
O alumnado de Relixión en Primaria cae ao seu mínimo histórico mentres aumenta en Bacharelato
Na última década a porcentaxe de alumnado que cursa Relixión en Primaria pasou do 81% ao 55%; en cambio, en ESO e Bacharelato mantense estable e mesmo se incrementa. Os centros públicos e privados puros rexistran o maior rexeitamento á materia en Primaria e ESO, fronte á escolla maioritaria da Relixión nos centros privados-concertados.
Meirás e San Simón, protexidos como 'lugares de Memoria Democrática' a partir de agosto
A figura, recollida na Lei de Memoria Democrática de 2022, obriga ás administracións "a asegurar a súa perdurabilidade, identificación, explicación e sinalización axeitada" e a promover a investigación e difusión da súa historia. A Iniciativa Galega pola Memoria, que realizou a solicitude o pasado mes de xullo, celebra a nova pero lamenta non ter recibido comunicación ningunha e coñecer o feito a través da prensa
"A sentenza fai xustiza. O máis importante era o recoñecemento dos feitos e do agravante por LGBTIfobia"
Pedímoslle á presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández, unha valoración sobre o ditame do xuízo polo asasinato de Samuel Luiz. A voceira da entidade que exerceu a acusación popular pide "reflexionar como sociedade que está a fallar para que xente tan nova exerza unha violencia como esta contra unha persoa".
Aumentan os ingresos hospitalarios pola gripe, cuxo pico se espera entre o 20 e o 26 de xaneiro
Na derradeira semana de decembro os casos detectados polo Sergas aumentaron un 21%, o mesmo que a venda de medicamentos asociados nas farmacias, que enviarán semanalmente datos sobre a demanda de antigripais para actuar como sentinelas da enfermidade. A partir do 15 de xaneiro espérase que aumente a intensidade da onda de gripe.
- Interactivo Dereito á vivenda
- Acontece
Os concellos avanzan na regulación dos pisos turísticos: ordenanzas e taxas para frear a presión sobre vivenda e servizos
En Galicia funcionan xa máis de 26 mil establecementos deste tipo inscritos no rexistro da Xunta, que se duplicaron nos últimos tres anos. A Coruña ultima unha ordenanza e Vigo busca coutar a expansión a través do PXOM. Outras localidades preparan subas de impostos a estes negocios.
O risco de pobreza: unha realidade que pasou da terceira idade á mocidade en dúas décadas
En 2007 o perfil máis habitual das persoas en risco de pobreza era o dun home ou muller de máis de 65 anos. Dende hai anos a situación é a inversa e a terceira idade é que sofre menos pobreza, que afecta sobre todo a infancia e mocidade. No ano 2023, no entanto, os indicadores de pobreza melloraron para todos os colectivos
138 mil persoas de máis de 65 anos viven soas en Galicia
É o nivel máis alto da serie histórica, cun aumento importante dende o ano 2022 (123 mil). Hai 57 mil fogares galegos nos que conviven tres xeracións: avós/avoas, fillos/fillas e netos/netas. Iso si, esta é unha realidade en descenso: hai dez anos eran 73 mil
- Datos
- Acontece
Radiografía da Galicia que naceu no estranxeiro: unha poboación nova, crecente e esparexida polo país
Os galegos e galegas que naceron fóra do Estado español xa suman máis de 300 mil persoas. O seu peso é maior entre as xeracións novas (un terzo da poboación da Coruña entre 25 e 34 anos naceu no estranxeiro) e nas áreas urbanas, sobre todo en determinados barrios, pero a súa presenza esténdese por todo o territorio. Analizamos os países de orixe máis habituais en cada concello da poboación nacida fóra.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Unha de cada catro familias nas cidades galegas vive de alugueiro e paga un 28% máis que hai cinco anos
Segundo a Enquisa Estrutural a Fogares do IGE, cada vez máis xente paga un alugueiro pola súa vivenda principal e os prezos son cada vez maiores. A situación afecta de forma máis grave ás zonas urbanas, pero tamén nos concellos menos poboados o encarecemento entre o 2019 e o 2023 superou o 20%.
As persoas a agardar por unha consulta de Psiquiatría no Sergas aumentan un 22% nun ano
11.108 persoas están á espera, dúas mil máis que un ano antes. En Lugo, a cifra case se duplica en doce meses e en Ourense aumenta case un 30%. Vigo (+17%), Ferrol (+12%) e Santiago (+7%) completan un escenario de subas. En relación ao 2022, o incremento é do 37%. O Colexio de Psicoloxía leva tempo alertando da falta de persoal e o aumento das esperas, que supoñen "un risco de empeoramento e cronificación" das doenzas.