- Mapa interactivo
- Acontece
Galegos de Cuba, Suíza ou Colombia: a nova Galicia, mestiza e con cen acentos, espállase polo país
Máis de 12 de cada 100 galegos e galegas naceron no estranxeiro, ao redor de 330.000 persoas. Os datos falan (e é doado constatalo ao saír á rúa de vilas e concellos pequenos) que a poboación nacida noutros países está tamén contribuíndo a enriquecer e rexuvenecer a Galicia vilega e rural
O vento é noso: o camiño cara ao primeiro parque eólico comunitario de Galicia
Vén de nacer Enerxía Comunitaria, unha iniciativa que busca poñer en marcha un parque eólico comunitario de 5 MW, propiedade dos seus socios e socias. Fai un chamamento á particulares, entidades sociais, empresas e insitucións a participar no proxecto, que busca reunir tres millóns de euros para conformar unha alternativa respectuosa co medio e cuxos beneficios fiquen en Galicia e, nomeadamente, nas comunidades locais.
"Non queremos facer un xuízo a ningunha familia, o tráfico de escravos en Galicia foi sistémico"
Entre 1800 e 1860 fretáronse dende Galicia cando menos 84 expedicións que transportaron a América máis de 23.000 persoas escravizadas africanas. Un tráfico que xerou importantísimos beneficios económicos a empresarios e familias ben coñecidas na Coruña. Este xoves inaugurouse no MUNCYT a exposición A Coruña, Porto Negreiro, coordinada por Cristina Botana Iglesias e Zinthia Álvarez Palomino, coas que falamos
Racismo e machismo: a "lóxica estrutural" que sofren as traballadoras do fogar e coidados
SOS Racismo presentou hai uns días un informe que afonda nas situacións de discriminación e violencia por motivos raciais ou xenofóbicos que sofren moitas das mulleres que realizan traballo doméstico e de coidados. A investigación parte de máis de 400 entrevistas realizadas en Galicia, Euskadi, Navarra, Cataluña e Aragón.
- Entrevista | Sés
- Cultura
"O silencio tamén é un posicionamento: o que permitiu os grandes xenocidios da historia"
Sés ten novo disco, Nadando na incerteza, un traballo no que Maria Xosé Silvar soa máis directa, sen artificios, nun regreso á esencia e confiando plenamente "na palabra e na canción". María Xosé Silvar, que se define como cantora e non como cantante, volve entregar un traballo de sinceridade radical, que presentará en xaneiro e febreiro nunha xira por teatros. Falamos con ela sobre a situación da música en galego ou as recentes homenaxes ás cantareiras.
- Interactivo
- Acontece
A inmigración nova e con orixe no estranxeiro marca un novo récord en Galicia
2024 marcou un novo rexistro positivo histórico para Galicia en materia migratoria. Nunca, dende que hai datos, chegara tanta poboación doutros territorios e nunca o saldo migratorio fora tan positivo e 8 de cada 10 concellos tiveron máis entradas que saídas de persoas empadroadas. Nos últimos tres anos chegaron a Galicia máis de 120.000 persoas doutros países, maioritariamente novas, un fluxo que fixo aumentar a poboación e mesmo fixo medrar o número de nacementos por primeira vez en décadas.
Un paseo pola Compostela de hai 50 anos: da derruba do Castromil ás mobilizacións estudantís
Baixo o título 'Compostela’75. Cicatrices e resistencias', os vindeiros 18 e 19 de decembro haberá dous paseos guiados, con prazas limitadas, que retratan a cidade de 1975 nunha sociedade en plena transformación. A derruba do edificio Castromil, o despedimento dos psiquiatras reformistas de Conxo ou o asasinato de Xosé Humberto Baena, que impacta especialmente no ámbito universitario, entre os temas incluídos na iniciativa
- Datos
- Acontece
Unha Galicia rural que sobrevive no devalo xeral: estes concellos gañan poboación
En Larouco, Verea, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Monterroso, A Bola, Punxín e Lobios a poboación medrou en máis dun 5% dende o 2021. Son excepcións nun contexto de fortes descenso en boa parte do territorio non urbano. Dozón perdeu un 19% en catro ano e unha trintena acumula caídas de máis do 40% no que levamos de século.
O Gafos vira en corredor verde para Pontevedra e protección contra inundacións
O pasado mércores o Concello adxudicou a obra de renaturalización do río Gafos, unha actuación que terá un prazo duns doce meses dende o inicio dos traballos, previsto para o primeiro cuadrimestre do 2026. Será un espazo altísima calidade urbana e ecolóxica que recuperará as anteriores características naturais do río e a súa vexetación de ribeira e que, ademais, servirá para protexer esta parte da cidade da posibilidade de sufrir enchentes.
A poboación con orixe no estranxeiro aumentou un 32% dende o 2021, espallándose fóra das cidades
O 12,2% da poboación galega naceu no estranxeiro, tres puntos máis que hai catro anos (9,2%). A porcentaxe acada o 23,6% nas persoas de 25 a 34 anos. As urbes rexistran proporcións elevadas pero as cifras son tamén altas en vilas e en concellos rurais, onde están a contribuír a soster a poboación.
- Entrevista | Xurxo Souto
- Cultura
"Antes dicían que o galego non valía para o rock, pero agora din que non vale para as matemáticas. Son tempos escuros"
O bravú xa ten a súa novela, un libro con moita música pero que vai máis aló. Un conxunto de historias dun fato de rapaces que dende as marxes -no barrio, na aldea- fixeron o que lles petou, o contrario do que lles dicían que había que facer, que escolleu facer rock e facelo en galego, con toda a vehemencia e a naturalidade da música popular. Falamos con Xurxo Souto sobre A novela do Bravú (Xerais)
As cidades gañan 13 mil habitantes en catro anos e a Galicia urbana concentra xa o 64% da poboación
Dende o 2001 as sete áreas urbanas galegas gañaron case 150.000 habitantes. En cambio, o resto do país perdeu 127.000. A tendencia de crecemento da Galicia urbana non é nova. Porén, nas últimas tres décadas quen estaba a gañar poboación non eran tanto as cidades coma os concellos das súas áreas metropolitanas. Agora as urbes volven medrar con forza