A rede galega contra a pobreza cre que só unha "decisión malintencionada" impide á Xunta aumentar a RISGA
A entidade presentou este martes o informe O Estado da Pobreza en Galicia 2023, que amosa unha mellora dos principais indicadores grazas á aplicación do "escudo social", que pide manter. O documento alerta de que o problema da vivenda "agrávase", con grandes dificultades para acceder a un teito digno e para o pagamento de subministros: o 19% da poboación non pode manter as súas casas a unha temperatura axeitada.
"Para coidar é necesario coñecer": nace unha ferramenta de información pública sobre a xestión da auga en cada concello
O Visor dos Sistemas Municipais de Abastecemento de Auga de Galicia non foi posto en marcha pola Xunta, senón que é unha realidade grazas ao Grupo de Dereito á Auga de Enxeñería Sen Fronteiras. De momento, só a metade dos concellos achegaron información: a xestión da auga é pública en 77, mentres que en 68 está privatizada mediante concesión e noutros 8 é mixta.
Un outubro con temperaturas de récord en Galicia: "parece que o tempo meteorolóxico se movera mil quilómetros cara ao norte"
Falamos con David Domínguez (RedMeteo) sobre o extremo episodio de altas temperaturas que se viviu nas últimas semanas, unha anomalía que cada vez máis se está a converter no habitual.
O número de peregrinos dispárase en setembro e apunta a un máximo histórico malia non ser ano Xacobeo
Nos nove primeiros meses do ano chegaron a Santiago 378.914 peregrinos e peregrinas, fronte ás 370.985 do mesmo período do ano 2022 e en setembro superouse o récord histórico neste mes. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que a cifra podería ser mesmo superior, xa que un 30% das persoas que realizan o Camiño non recollen a Compostela.
- Datos Cara ás Galegas
- Política Ourense
Democracia Ourensana concorrerá ás eleccións galegas co obxectivo de "ser decisivos" no próximo Goberno
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou este martes a través das redes sociais a intención de participar nos comicios para que a Xunta "aplique discriminación positiva na provincia". No ano 2016, DO superou o 4% dos apoios e ficou a 2.500 votos de obter representación
- Entrevista | Joel Cava
- Ciencia e tecnoloxía
"A familia de Ana Kiro está emocionada porque a senten de volta grazas á intelixencia artificial"
Falamos con Joel Cava, coordinador do equipo creador da canción Florespiña, que a través da voz de Ana Kiro, finada hai 13 anos, representa a Galicia na final do IA Song Contest, o Eurovisión das músicas creadas con IA, e que A Coruña acollerá o vindeiro 4 de novembro.
- Entrevista | Haydee Castillo
- Mundo
"En Nicaragua Ortega iniciou unha guerra contra un pobo desarmado que non ten con que protexerse"
Canto vale a lingua galega? O seu impacto directo na economía do país suma 1.440 millóns de euros
A lingua galega xera máis de 27.000 postos de traballo, principalmente en educación e industrias culturais, segundo o documento O valor económico do galego, presentado este venres. No estudo, que realiza unha estimación "de mínimos", sinálase que os impactos indirectos e inducidos elevarían a 2.695 millóns de euros e case 50.000 postos de traballo o valor do galego.
O gasto da Xunta en políticas sociais baixou do 66% ao 63% do orzamento dende o regreso do PP ao poder
Aínda que o investimento medrou en termos absolutos e por habitante, fíxoo en menor contía que outras partidas das contas anuais da Administración galega. No conxunto do Estado a diminución foi mesmo máis importante: do 67% ao 59%. O gasto en educación en Galicia aumentou apenas un 9,9%, fronte ao 19,4% da media española.
O número de prazas de aloxamento para persoas sen fogar en Galicia sitúase por debaixo da media do Estado e descende dende o 2018
O INE publicou esta semana os últimos datos sobre os servizos de atención, que amosan un empeoramento dos equipamentos galegos de aloxamento, pero un aumento das prazas de comedor e comidas servidas. Tamén se dispara o número de intervencións na rúa, moi por riba dos datos globais do resto do Estado
As mulleres no Seminario de Estudos Galegos: de Carmiña Sierra a unha ducia de socias activas
Aurora Marco vén de publicar a biografía Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos), presentada este xoves en Pontecesures, onde naceu en 1906 esta mestra e militante comunista que en 1923 se converteu na primeira muller en ser admitida na institución.
A voz de Ana Kiro revive da man da intelixencia artificial para representar Galicia no AI Song Contest con 'Florespiña'
Este venres presentouse a peza creada polo equipo PAMP! que o 4 de novembro participará na final do festival de eurovisión das cancións xeradas por intelixencia artificial, que este ano se celebra na Coruña. O tema rende homenaxe á artista arzuá, finada hai 13 anos, "unha muller adiantada ao seu tempo" e "un exemplo de resiliencia", ao igual que a flor do toxo.