- Datos
- Acontece
Santiago e Lugo superan os 100.000 habitantes e A Coruña os 250.000
O feito de que, oficialmente, Santiago e Lugo superen os cen mil habitantes permítelles acceder a un mellor financiamento público, máis servizos e, ademais, incrementar de 25 a 27 os concelleiros que se elixirán nas eleccións de 2027. Todas as cidades galegas gañan poboación, como veñen facendo dende o remate da pandemia.
Desaparece 'Fillos', a pioneira rede social que uniu a diáspora galega nos inicios de Internet
Fillos de Galicia deixa oficialmente de existir, aínda que levaba varios anos case inactiva. Naceu no ano 1997 como unha pioneira comunidade virtual que buscaba ser "un lugar de encontro en Internet para os fillos e netos dos galegos emigrados". Durante anos desenvolveu unha intensa actividade servindo de ponte virtual coa diáspora, con preto de sete mil usuarios rexistrados en 70 países, e lanzou numerosas iniciativas na web.
O 'escudo social' reduce a pobreza infantil coas familias monoparentais como reto
A taxa de pobreza infantil en Galicia, que chegou a ser do 30% no ano 2020, caeu no ano 2024 ao 13,5%, grazas ás políticas de protección ás familias, como a gratuidade das escolas infantís ou a tarxeta benvida, ou a extensión do Ingreso Mínimo Vital. Porén 58.000 menores viven aínda en risco de pobreza no noso país, co 31,2% das familias monoparentais nesta situación.
Pontevedra recupera o río Gafos, emerxe a memoria soterrada da cidade
O Gafos tivo durante séculos unha importancia fundamentalcomo fonte de auga, forza natural que facía mover numerosos muíños, espazo para lavar a roupa e tamén como zona de xogos. As obras de renaturalización do río Gafos van devolver un río á veciñanza de Pontevedra e novas xeracións van poder gozar del como outras o fixeran durante moito tempo.
- Datos
- Política
Xiro á dereita na xuventude galega? Máis en mozos que en mozas, menos que no resto do Estado
O CIS amosa un progresivo desprazamento cara á dereita da poboación dende o ano 2019 que afecta especialmente ás xeracións máis novas e, sobre todo, aos homes. En Galicia tamén se detecta o fenómeno, pero de forma máis limitada. Destaca tamén unha viraxe á esquerda da poboación de máis idade.
- Entrevista | Aurora Marco Memoria antifranquista
- Acontece
"Mestras e mestres foron dos máis castigados tras o golpe por 'envelenadores da alma popular'"
O 19 de agosto de 1936 foi fusilada María Vázquez Suárez en Miño. Non lle perdoaron a súa defensa da escola laica, a súa militancia republicana, socialista e a súa actividade sindical. Non lle perdoaron ser mestra. Aurora Marco publica María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo (Alvarellos), un ensaio que percorre a súa vida e detalla a súa detención e, ademais, pon en valor o traballo de mestras e mestres durante a Segunda República.
A "crítica lexítima contra Israel" non é antisemitismo: exculpado o hosteleiro vigués que expulsou clientes dese país
En xullo un grupo de turistas israelís foi expulsado dun restaurante despois de que comezasen a comportarse de forma inadecuada, nunha discusión que foi subindo de ton e que foi gravada polo propio propietario do local, un vídeo que se viralizou nas redes sociais. Un xulgado de Vigo exculpa o hosteleiro e lembra o "perigo" de utilizar a loita contra o antisemitismo para "silenciar a lexítima crítica contra Israel".
O uso do galego na USC achégase ao 30%, o máximo da serie histórica
A porcentaxe de aulas impartidas en galego pasa do 25,4% ao 29,2% no último curso, pode que como consecuencia dos incentivos directos que desde este ano se estableceron para a docencia nesta lingua. O galego é xa maioritario en 11 facultades. Unha das excepcións segue a ser a de Medicina, na que a porcentaxe de uso é só do 3%.
"En Pontevedra vai todo unido: recuperar a natureza, gañar espazos de calidade, poñer as persoas no centro"
Pontevedra está a levar a cabo unha actuación "única en todo o Estado" para recuperar o río Gafos, que no ano 1970 foi tapado dun treito de máis de 500 metros. Falamos co concelleiro César Mosquera sobre o proceso no que a veciñanza gañará un parque fluvial onde só había cemento.
"Hai artistas que se repiten en todos os festivais e o resto da escena queda desatendida"
Ferror Records celebra o seu décimo aniversario convertido no selo de referencia do undergound galego, con 160 discos publicados e un cento de concertos organizados. A periferia da periferia reclama o seu espazo e denuncia unha política cultural centrada en eventos de gran formato "inflados con cartos públicos" e que deixan á maior parte do sector musical galego á marxe.
- Interactivo
- Acontece
Radiografía da natalidade: oito concellos sen nacementos e cada vez máis nais estranxeiras
Na Teixeira, Baños de Molgas, Beariz, Calvos de Randín, Chandrexa de Queixa, O Bolo, Porqueira e Sarreaus, todos na provincia de Ourense, non houbo nacementos en 2024. No 24% dos partos rexistrados o pasado ano a nai nacera no estranxeiro.
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Política
Voces galegas nos 50 anos do 20N: morreu na cama e a democracia chegou da rúa
Falamos con Encarna Otero, Carlos Barros e Xesús Veiga, que lembran como viviron o falecemento do ditador, as expectativas de cambio que se abriron e o desenvolvemento posterior dunha Transición que non foi ruptura pero na que a presión da cidadanía foi fundamental na conquista das liberdades. Reflexionan tamén sobre o auxe das posicións negacionistas das evidencias históricas entre a mocidade.