Isadora Moon, a nena medio vampira e medio fada, xa fala galego
A editorial Bululú anuncia a publicación de Isadora Moon vai á escola e Isadora Moon quere axudar, traducidos por primeira vez ao galego. A serie de libros de Harriet Muncaster, dirixidos a nenos e nenas de 5 a 8 anos, vendeu máis de seis millóns de exemplares en todo o mundo dende o ano 2016.
Alertan da "repunta" da violencia machista ante a sucesión de intentos de asasinato e agresións sexuais
A Marcha Mundial das Mulleres publica un posicionamento ante os recentes feminicidios frustrados en Tomiño e Valdeorras, a denuncia dunha violación grupal de Vigo e a posibilidade de que un dos cadáveres calcinados en Campo Lameiro sexa o dunha veciña que sufría malos tratos. A entidade denuncia "pasividade institucional" e advirte da "normalización da violencia contra as mulleres".
O persoal médico galego rexuvenece un chisco, pero catro de cada dez teñen máis de 55 anos
A porcentaxe de profesionais médicos colexiados en Galicia de menos de 55 anos pasou do 57,5% en 2020 ao 63% en 2024. Porén, a realidade é que case cinco mil médicos e médicas na actualidade en activo en Galicia xubilaranse nunha década.
Críticas á nova 'biblioteca' sen libros que o Concello de Vigo proxecta para Teis
A Asocación de Veciños, o BNG ou BAMAD denuncian o obxectivo de limitar a infraestrutura prometida a unha sala de lectura, sen fondos bibliográficos e sen servizo de préstamo. O colectivo veciñal e BNG acusan a Abel Caballero de incumprir o seu compromiso e a entidade profesional considera que esta é unha oportunidade perdida para mellorar os deficientes servizos bibliotecarios da cidade.
- Datos
- Cultura
A que dedicamos o tempo libre? Menos actividades culturais e coas amizades, moito máis Internet
Os datos do IGE amosan que en relación ao ano 2014, galegos e galegas lemos menos, acudimos a menos espectáculos e eventos culturais, facemos menos deporte e quedamos menos coas amizades. Tan só a navegación pola rede e a asistencia a bares e restaurantes gaña peso.
Galicia, á cabeza dos territorios nos que as listas de espera impediron o acceso á atención sanitaria
O 31,8% dos galegos e galegas afirma que nos últimos 12 meses sufriu "demora excesiva" ou "inaccesibilidade á asistencia médica" por mor das listas de espera. Os datos, que se triplicaron dende 2017, só son superados polos da Rioxa. Un 16% di que non puido ir ao dentista por motivos económicos, a maior porcentaxe de todo o Estado.
A USC, en risco de perder o seu mestrado en Matemáticas, un "piar esencial do ecosistema científico galego"
A Xunta defende a decisión ante o reducido número de matrículas. Nunha asemblea, un cento de persoas defenden a importancia destes estudos, que "serven como trampolín para a investigación científica de alto nivel". "Cando se comete un erro de país, a responsabilidade é rectificar a tempo. Galicia necesita matemáticas, investigación e futuro. A Consellería aínda pode mudalo", sinala o colectivo mobilizado.
- Obituario
- Cultura
Morre Emilio Cao, o "arpista con alma de rock" que posibilitou o auxe da música folk en Galicia
O músico compostelán faleceu esta noite no Hospital Clínico de Santiago aos 72 anos de idade. O ano pasado os Premios Martín Códax entregáronlle o seu galardón honorífico, recoñecéndoo como “unha figura clave na apertura da música galega ao ámbito internacional”
'Bibopalula': a aposta galega por un espectáculo infantil sen nada que envexar ás grandes producións de fóra
A serie estreada o pasado mes de novembro no Xabarín chega en xuño aos teatros de oito cidades e vilas do país convertida nunha obra de gran formato na que a música será fundamental. Falamos coa directora, Marta Lado, e co produtor Álvaro Pérez Becerra (Ainé), que anticipa outras novidades do proxecto: unha unidade didáctica para traballar na escola, unha aplicación móbil e unha futura longametraxe.
Familias lectoras, crianzas que len (pero cada vez menos)
Os datos do IGE amosan que galegos e galegas len cada vez menos, especialmente entre as novas xeracións, nas que se adivrte unha importante diferenza: o 68% dos nenos e nenas de 5 a 14 anos cuxas nais e pais son lectores, len tamén de forma habitual; en cambio, dos nenos e nenas da mesma idade que medran en familias non lectoras apenas o 40,6% le habitualmente, unha diferenza de 27 puntos.
- Datos Que turismo?
- Economía
As Rías Baixas e Santiago concentran 6 de cada 10 turistas, cun aumento da saturación nos últimos anos
Galicia sumou no ano 2024 máis de 12,2 millóns de pernoctacións turísticas, dúas de cada tres de persoas chegadas de fóra. Máis do 59% desta cifra, récord histórico, concentráronse nestas dúas áreas, as máis saturadas do país, que mesmo aumentan o seu peso en relación ao 2019.
18 razóns para acudir ao Festival de Cans, que permanece fiel á súa esencia
Este martes bota a andar unha nova edición do Festival de Cans. O certame audiovisual chega á súa XXII edición cunha programación na que o cine e a música van da man, manténdose fiel á súa esencia e co antimilitarismo, memoria e despoboamento como temas centrais. Dende este martes e ata o domingo haberá moitas e moitos protagonistas nesta aldea do Porriño, que un ano máis recibirá milleiros de persoas de todo o país. Entre eles destaca o nome de Alfonso Zarauza, Premio Pedigree deste ano