- Reportaxe
- Acontece
As comunidades enerxéticas, un tren que Galicia "non pode perder" malia os atrancos de administración e empresas
Estas entidades colectivas, que nacen co obxectivo de producir enerxía renovable e de tomar decisións sobre a súa xestión, están en crecemento no noso país, pero están tendo que superar moitas dificultades para o seu rexistro, acceso a axudas e conexión á rede eléctrica. Falamos con representantes das comunidades enerxéticas de Tameiga (Mos), Buchabade (Ponte Caldelas) e Arousa en Transición (A Illa de Arousa)
- Datos
- Economía
A produción marisqueira galega seguiu en mínimos en 2024 e acentuou a crise do sector
A produción mantívose no nivel máis baixo das dúas últimas décadas con 100.000 toneladas menos que en 2018. O resto de bivalvos rexistrou tamén os peores datos da historia recente, especialmente no caso da ameixa e do berberecho. A PDRA denunciou este mércores ante Alfonso Rueda e Marta Villaverde a "situación de abandono da ría” e reclamou o seu “saneamento e rexeneración”.
A Pobra quere abrazar o mar: lanza un concurso de ideas para transformar a súa fachada litoral
O Concello prepara unha convocatoria pública de arquitectura, en colaboración co COAG e a Fundación RIA, que busca a mellora do espazo público e da mobilidade e con especial atención ao mercado semanal. "Trátase dunha oportunidade para repensar a relación entre o tecido urbano e o borde litoral", destaca a fundación impulsada por David Chipperfield.
- Reportaxe
- Acontece
As comunidades enerxéticas galegas, cambiando o sistema dende a base
Están a nacer en Galicia un gran número de comunidades enerxéticas. Iniciativas locais, impulsadas por comunidades de montes ou concellos que poñen en marcha de maneira colectiva instalacións de xeración eléctrica de autoconsumo a partir de fontes renovables. Falamos con Xavier Simón, responsable do Observatorio Eólico, que destaca que en Galicia se está a crear "un ecosistema enerxético colectivo" que nos vindeiros anos vaise multiplicar.
O 36% da poboación galega sofre síntomas de depresión e o 56% sobrepeso
Galicia é a terceira comunidade na que unha maior porcentaxe da poboación sufriu no último ano algún síntoma de depresión. Entre as mulleres, case o 44%, mentres que nos homes a cifra baixa ao 28%. O 17% da poboación galega sofre algún cadro depresivo de importancia, pero unhas 126.700 persoas que necesitaban acceder a atención á súa saúde mental non puideron facelo por motivos económicos.
As 'patrullas veciñais' e a inseguridade na Ponte e no Vinteún elevan a tensión en Ourense
A veciñanza destes barrios vén denunciando un incremento da inseguridade nas súas rúas, ligada ao consumo e o tráfico de drogas. Nos últimos días puxéronse en marcha patrullas veciñais e creáronse grupos de whatsapp que sufriron a infiltracións de persoas de ideoloxía ultradereitista e de partidos como Frente Obrero
Críticas á organización dun encontro de bachata en San Simón a dous meses de ser 'Lugar de Memoria Democrática'
O congreso de baile +Q Bachata despraza o domingo a súa programación á Illa de San Simón. O evento espertou as críticas do Concello de Redondela, do BNG e de colectivos memorialistas, que o cualifican de "ofensa ás vítimas". Os organizadores destacan que se tratan dunha actividade "formativa e cultural" e non unha "festa"
- Datos Sector eólico
- Economía
A potencia eólica instalada en Galicia, conxelada dende o 2019 nun sector sen planificación
En cinco anos, nun contexto de inseguridade provocado pola xestión da Xunta que levou á paralización xudicial de máis de 60 proxectos, Galicia só incrementou a súa potencia eólica en 106 MW, fronte aos 2.345 MW de Aragón, máis de mil en Castela-León e Castela-A Mancha e case 500 de Navarra. OGACLI cualifica de "alarmante" o estancamento da potencia renovable.
Muller, española, 46 anos e con menores ao cargo: o perfil da perceptora do Ingreso Mínimo Vital en Galicia
Cinco anos despois da súa posta en marcha, as axudas englobadas na denominación de Ingreso Mínimo Vital chegan a 32.227 fogares (cun total de 87.173 beneficiarios e beneficiarias), dos que un terzo só cobra unha pequena axuda á infancia. O IMV chega ao 22,7% da poboación en situación de pobreza en Galicia. Dos 32 mil fogares que perciben as axudas, en máis de 20 mil hai nenos e nenas.
Profesionais da literatura infantil e xuvenil lanzan un manifesto contra o xenocidio en Gaza
O texto, titulado 'O mundo da literatura infantil e xuvenil en contra do xenocidio en Gaza', distribuiuse e asinouse en todas as linguas do Estado, e foi traducido a distintos idiomas europeos. Está asinado por máis de 400 persoas, entre autores, autoras, editores, editoras, libreiros e libreiras, moitas delas galegas.
Isadora Moon, a nena medio vampira e medio fada, xa fala galego
A editorial Bululú anuncia a publicación de Isadora Moon vai á escola e Isadora Moon quere axudar, traducidos por primeira vez ao galego. A serie de libros de Harriet Muncaster, dirixidos a nenos e nenas de 5 a 8 anos, vendeu máis de seis millóns de exemplares en todo o mundo dende o ano 2016.
Alertan da "repunta" da violencia machista ante a sucesión de intentos de asasinato e agresións sexuais
A Marcha Mundial das Mulleres publica un posicionamento ante os recentes feminicidios frustrados en Tomiño e Valdeorras, a denuncia dunha violación grupal de Vigo e a posibilidade de que un dos cadáveres calcinados en Campo Lameiro sexa o dunha veciña que sufría malos tratos. A entidade denuncia "pasividade institucional" e advirte da "normalización da violencia contra as mulleres".