A inflación en Galicia sitúase no 11% e segue medio punto por riba da media estatal
O encarecemento dos prezos segue a ser responsabilidade das facturas de luz, gas e auga, cun incremento do 52,3% nos últimos 12 meses. En agosto baixaron notablemente os carburantes, pero mantívose a suba dos alimentos elaborados e dalgúns produtos básicos, coma o leite, o azucre e as legumes e hortalizas frescas
Unha manifestación esixirá que Vigo recoñeza oficialmente a folga de 1972 como unha data de homenaxe ao movemento obreiro
A marcha, convocada pola CIG, terá lugar o xoves 22 e rematará ante o Concello, onde se colocará unha réplica do monumento deseñado polo sindicato para conmemorar os feitos. CCOO fai fincapé no protagonismo das mulleres no paro xeral, unha participación ata agora silenciada.
O número de peregrinos chegados a Santiago entre xuño e agosto duplica o do pasado verán e supera o récord histórico
A cifra total (211.228) supera amplamente os indicadores do 2019 (165.191), ata agora o verán con máis peregrinos na cidade, cun aumento do 28%. Dende xaneiro, o número de peregrinos supera os 304.000, por riba do dato de 2010 e moi preto xa do máximo histórico de 2019, fixado en 347.000
- Obituario
- Cultura
Morre aos 90 anos Saleta Goy, moito máis que a viúva de Manuel María
A súa traxectoria vital estivo nas últimas cinco décadas inseparablemente ligada á do escritor e, de feito, desde o 2007 era a presidenta da Fundación depositaria do legado do autor. Porén, Saleta desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e profesional, na que destaca o labor realizado na libraría Xistral de Monforte.
A gratuidade do tren e os descontos nos buses multiplican as vantaxes do transporte público sobre o coche nas cidades galegas
Os incrementos de combustibles e peaxes dos últimos anos elevaron o custo de viaxar en coche entre A Coruña e Vigo ata os 35 euros, fronte aos 19 do tren e os 14 do autobús, hoxe reducidos a cero no caso das viaxes habituais en tren e a 7 no bús grazas ás medidas aprobadas polo Goberno central e complementadas pola Xunta
A vacinación completa das crianzas pasa a ser obrigatoria tamén nas escolas infantís privadas acollidas ao programa de gratuidade
A protección vacinal era xa obrigatoria nos centros públicos e tamén para as familias que se beneficiaban do programa Bono concilia e a subvención da matrícula no resto de gardarías amplía a obriga. A Xunta engadiu esta semana á lista de vacinas financiadas a da meninxite B e a gripe, pero aínda non decidiu se esta última será obrigatoria para o alumnado de Infantil.
A RAG inicia un traslado de 19 meses a un polígono para levar a cabo obras na súa sede
En 2015 o daquela Ministerio de Fomento detectou "risco de derruba" no edificio da rúa Tabernas, no que se levará a cabo unha actuación de demolición interna. Mentres, a Academia trasladará os seus fondos e persoal a unha nave situada no polígono coruñés de Pocomaco.
- Datos
- Acontece
Escolas infantís de balde para menos crianzas ca nunca
A Xunta financia a medida con 50 dos 214 millóns de euros procedentes do IVE que Rajoy non entregara a Galicia e que o Estado pagou hai uns meses. A Fegamp denuncia que o Goberno galego achega aos centros privados ata 306 euros por mes e neno/a, case ao dobre que aos públicos municipais. Todo, nun contexto de 13 anos consecutivos de caída no número de nacementos
Vellez Digna reclama a "normalización" das visitas nas residencias de maiores, aínda limitadas pola COVID
A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias Vellez Digna pide "o acceso sen cita previa e sen limite de tempo como se facía antes da pandemia" e sinala que as actuais obstrucións só perseguen "evitar visitas sorpresas" de familiares "para que non poidan ver como os tratan e en consecuencia non denuncien"
Cinco horas de tren dende Galicia? Non se chega moi lonxe
Unha aplicación interactiva amosa os destinos aos que é posible chegar en 1, 2, 3, 4 e ata 5 horas de viaxe, revelando o carácter limitado das conexións ferroviarias galegas, que nese tempo permitan acceder, como moito, a Madrid e (só nalgúns casos) a Porto.
"Ucraína xa non abre portadas e non chega tanta axuda, pero hai moita xente que segue sufrindo"
Logo de seis meses de guerra, falamos coa xornalista galega Míriam González, que se atopa dende hai catro meses no país, cubrindo informativamente o conflito. Neses momentos está en Khárkiv, a poucas decenas de quilómetros da fronte.
Así ardeu Galicia en xullo e agosto: o peor verán dende 2006
Nestes pouco máis de 45 días arderon ao redor de 43.000 hectáreas, tendo en conta os 89 incendios dos que informou a Xunta. Ourense foi a provincia máis afectada, pero o fogo que arrasou máis superficie foi o do Courel, que queimou unhas 11.000 hectáreas.