Muxía propón a creación dun museo para salvar os secadoiros de congro en risco de desaparición polos controis sanitarios
A Pedriña, en Muxía, acolle orgullosa un dos derradeiros secadoiros de congro da Península Ibérica, unha tradición artesanal que está a piques de desaparecer ao non cumprir coa regulamentación de hixiene e seguridade alimentaria. O Concello levará ao vindeiro pleno a súa conversión nun "centro de interpretación" para impedir "o esquecemento dunha técnica" empregada durante centos de ano na localidade
- Interactivo
- Economía
Os concellos galegos aumentan a súa débeda por primeira vez dende 2014
A Coruña encabeza a lista e é a cidade que máis incrementou a súa débeda viva en 2021, co 23% da suma total das entidades municipais galegas. 59 localidades empeoraron os seus indicadores o pasado ano, fronte a 102 que reduciron o seu endebedamento
- Entrevista | Francisco Redondo Memoria antifranquista
- Acontece
"O que ficou despois de 1936 foi o medo e o terror e a eliminación de todo o tecido asociativo que tanto custara artellar"
O Consello da Cultura Galega acolle este martes a xornada 'Memoria e historia do traballo no mar en Galicia, 1931-1939', que afonda na importancia do asociacionismo mariñeiro en Galicia nas primeiras décadas do século XX, coa participación de Emilio Grandío, Dionísio Pereira, Bernardo Máiz ou Eliseo Fernández, baixo a coordinación de Francisco Redondo.
Catro décadas da normativa de ILG e RAG: 40 anos entre pugnas lingüísticas e o obxectivo de estar "ao servizo dun pobo real e concreto"
O 3 de xullo de 1982 as dúas institucións aprobaron en sesión conxunta as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, que meses despois a Xunta fixo súas a través dun decreto. A normativa, modificada puntualmente en 2003, segue a ser contestada dende os sectores reintegracionistas.
- Entrevista | Joel Cava
- Ciencia e tecnoloxía
Chega a foliada 4.0 con 'AI-LALELO': "a intelixencia artificial pode axudar á música tradicional galega"
O vindeiro 6 de xullo o tema creado pola empresa compostelá Cecubo representará a Galicia no festival de Eurovisión das cancións compostas por intelixencias artificiais. Falamos co responsable creativo da iniciativa, no que durante meses traballou un amplo equipo.
- Datos Crise de prezos
- Economía
O 13% da poboación galega non se pode permitir manter a vivenda a unha temperatura adecuada
Medio millón de persoas viven por debaixo do limiar da pobreza e 675.000 están en situación de exclusión social. O pagamento da factura da luz supuxo un gasto medio de 797 euros por fogar en Galicia no ano 2021, a cifra máis alta da serie histórica e case 70 euros máis que no ano 2020
Ferrol celebra o centenario da editorial Céltiga, que abriu camiños para a publicación en galego
En 1921 as Irmandades da Fala puxeron en marcha na cidade esta editorial co obxectivo de promover a publicación de obras en prosa en lingua galega. Foi pechada dous anos máis tarde pola ditadura de Primo de Rivera e Lar (1924) e Nós (1928) continuaron o seu labor. Unha mostra na Praza de Armas lembra a súa actividade.
A inxesta de plásticos foi a causa da morte do tiburón de catro metros que ficou varado nunha praia de Oleiros
O animal, inofensivo para o ser humano, foi atopado o pasado sábado nas praias de Bastiagueiro e Santa Cristina. A análise do seu cadáver por peroal veterinario de CEMMA achou numerosos obxectos plásticos que provocaron o seu debilitamento e posterior defunción. A entidade alerta da crecente preseza destes residuos no medio mariño e do dano que provocan a moitas especies.
- Perfil
- Política
Camilo Nogueira, o arquitecto da nación
Camilo Nogueira recibe este martes 28 de xuño a Medalla Castelao, unha distinción que recoñece o seu papel como "un dos pais do Estatuto de Galicia" e "un dos maiores defensores dos intereses de Galicia en Europa como eurodeputado", en palabras da Xunta. Repasamos a súa traxectoria
Regresan as touradas a Galicia despois de dous veráns de ausencia obrigada pola pandemia
A Feira Taurina de Pontevedra -a primeira dende o 2019- anunciou esta semana a súa programación, limitada a dúas corridas os días 13 e 14 de agosto. Únese á capea organizada en Padrón o pasado mes de abril e que foi denunciada polo acceso de menores de 12 anos ao recinto, prohibida pola lei en Galicia
- Entrevista | Víctor Sampedro
- Mundo
"O nivel de represión contra Assange é proporcional ao reto que Wikileaks supón para os grandes poderes"
O 17 de xuño o Reino Unido aceptou a petición de extradición aos Estados Unidos de Julian Assange, que se enfronta a unha condena de 175 anos de prisión pola filtración en 2010 de 700 mil documentos militares confidenciais que amosaban violacións de dereitos humanos. Falamos co catedrático Víctor Sampedro sobre as razóns da persecución contra Assange, que se une ás sufridas por Snowden e Manning
- Entrevista | Diana Andrea Gómez
- Mundo
"A vitoria de Petro é o triunfo dos indíxenas, os afro e os campesiños, é o triunfo da periferia en Colombia"
Este domingo Colombia viviu un momento histórico. A esquerda gañou por primeira vez as eleccións presidenciais, da man de Gustavo Petro e Francia Márquez. Analizamos as consecuencias do seu triunfo con Diana Andrea Gómez, profesora de Estudos Políticos e Relacións internacionais da Universidade Nacional de Colombia