O porno e as festas de verán, porta de entrada á prostitución para os mozos galegos
Coincidindo co Día Mundial Contra a Trata de Persoas, a ONG Ecos do Sur lanzou unha serie de accións de sensibilización centradas no uso que os mozos galegos fan da prostitución. "Os homes que recorren á prostitucion son cada vez máis novos, máis violentos e normalizan a prostitución como unha actividade de lecer máis, sen seren conscientes do sufrimento que hai detrás", di a entidade
A calor da derradeira semana de xullo provocou 33 mortes por exceso de temperatura en Galicia
No que levamos de mes, o sistema de Vixilancia da Mortalidade diaria (MoMo) estima que morreron pola calor unhas 45 persoas en Galicia, a maioría durante a última semana. O pasado ano faleceron por esta causa unhas 390 persoas no noso país, a maioría maiores de 85 anos e mulleres
A Sareb ameaza con expulsar en Cambre a inquilinas que pagaban a outra empresa sen sabelo: "somos as vítimas, fomos estafadas"
As primeiras sentenzas xudiciais dan a razón á sociedade semipública a pesar de que as veciñas e veciños asinaran legalmente un contrato de alugueiro e pagaban todos os meses a renda a outras entidades, descoñecendo que estas quebraran e os seus activos foran adquiridos polo banco malo. A alcaldesa de Cambre manterá este xoves unha sentenza con representantes da Sareb para buscar unha solución
As noites contratadas en pisos turísticos duplicáronse en dous anos en Galicia
A estatística publicada por Eurostat amosa que o número de durmidas nos pisos turísticos galegos pasou de 2,4 millóns no ano 2021 a 4,6 millóns no ano 2023, practicamente o dobre. Entre as 252 rexións que aparecen na estatística de Eurostat, Galicia é a número 42
40 anos do día que o 25 de xullo e Castelao volveron á Quintana
A marcha convocada polo BNG no Día da Patria de 1984 foi histórica porque supuxo o retorno das manifestacións do Día Nacional á Praza da Quintana e á zona vella compostelá, despois de tres anos de prohibición e dos importantes incidentes que marcaran a marcha do ano anterior. Ademais, Castelao foi protagonista, con centos de retratos de gran tamaño, no marco do debate xerado polo retorno dos seus restos, despositados no Panteón de Galegos Ilustres.
Galicia chega a París cunha trintena de deportistas e varias opcións de medalla
O vindeiro venres 26 de xullo comezan os Xogos Olímpicos. Ata o 11 de agosto preto de 30 galegos e galegos competirán cos mellores do mundo, con opcións de medalla en piragüismo, atletismo e vela, pero tamén en boxeo, fútbol ou balonmán, entre outras disciplinas.
Unha parella debe aforrar máis de seis anos para mercar un piso con hipoteca na Coruña, Vigo ou Santiago
Un portal creado por dous lucenses calculou o esforzo que se debe realizar en cada cidade galega para acceder a unha vivenda en propiedade a través dun préstamo hipotecario, no que as persoas interesadas deben achegar o 30% do valor do inmoble. O estudo destaca as dificultades moi superiores que deben afrontar as persoas que busquen mercar en solitario.
A xustiza gratuíta atendeu 50.000 asuntos en Galicia o pasado ano, cun aumento dos casos de violencia de xénero
Case tres mil avogadas e avogados emprestan este servizo no país a través da quenda de oficio e doutros traballos de atención xurídica de balde para as persoas con menos recursos ou as vítimas de violencia machista. Os e as profesionais levan meses de mobilizacións en demanda de dereitos laborais e unha maior retribución económica e ameazan con deixar de ofrecer esta asistencia.
- Entrevista | Delfín Caseiro
- Cultura
"Antón Tovar viviu un tempo de hostilidade contra a lingua e a pesar diso mantivo o seu desexo de ser poeta galego"
O poeta ourensán, nacido en Rairiz de Veiga, deixounos hai 20 anos deixando media ducia de libros en galego, marcados polo pesimismo e as preguntas sobre a existencia e a identidade. Falamos con Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia, que impulsa a súa candidatura para as Letras Galegas. "Hai un Día das Letras destinado a Antón Tovar", di.
A Xunta admite nun informe que o aire en Galicia está contaminado e incumpre os niveis fixados pola OMS
É a primeira vez que o Goberno galego asume nun informe oficial que varios contaminantes emitidos á atmosfera superan os niveis máximos recomendados por estes niveis de referencia, máis ambiciosos que os legais e tamén considerados polas Axencia Europea do Medio Ambiente
As anpas de Lugo alertan de agrupamentos de alumnado de cursos distintos por riba das ratios acordadas
Sinalan que en oito centros da provincia a Consellaría de Educación xuntou na mesma aula alumnado de varios niveis dando lugar a grupos por riba dos máximos fixados por administración e sindicatos, o que prexudica a estudantes e profesorado. A Xunta nega que se produzan incumprimentos da norma.
"O noso traballo é facer música, non ten sentido que sempre nos pidan que nos posicionemos. Aos tíos non llo piden"
As Shego actúan este mércores no Atlantic Pride da Coruña e o venres en Ponteareas. Temazos como oh boi, Vicente Amor, Lucky ou Que voy a hacer? convertéronas nas novas raíñas do Riot Grrrl. Preparan un segundo disco ao que queren levar a forza do seu directo.