Unha masiva manifestación reclama "un cambio urxente" na política sanitaria da Xunta
Milleiros de persoas enchen a Praza do Obradoiro convocadas por SOS Sanidade Pública en demanda de solucións aos problemas da Atención Primaria e do conxunto do sistema público de saúde. A plataforma pide un incremento do orzamento sanitario e a "dotación inmediata do persoal mínimo necesario aos centros de saúde"
15 gráficos para entender a situación da sanidade galega
A plataforma SOS Sanidade Pública convoca á cidadanía a manifestarse este domingo ao mediodía en Compostela en defensa dun servizo público que presenta eivas, sobre todo, de recursos humanos e financiamento. Amosamos unha serie de indicadores que axudan a comprender os problemas que sofre a Atención Primaria e hospitalaria.
14% de matriculadas en Informática ou 29% nas enxeñarías: un 'Día da Muller e da Nena na Ciencia' con moito por facer
Este sábado celébrase, como todos os 11 de febreiro, o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Durante toda a semana actividades organizadas polas tres universidades e por institucións coma a Deputación de Pontevedra, busacaron promover o acceso de rapazas e mozas ás carreiras científicas e técnicas
O atraso da liña Ferrol-Ribadeo, non electrificada, líbraa do erro na encarga dos trens que non collerían polos túneles
A Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo explica que das 31 unidades que agora deben ser redeseñadas, só as 5 híbridas poderían ser destinadas a Galicia, aínda que o máis probable é que tamén vaian a Asturias e Cantabria. A entidade subliña que as principais necesidades dos trens galegos do norte, con incidencias habituais, son de mantemento.
- Entrevista | David Fontán
- Acontece
"Na cultura labrega hai coñecementos moi valiosos para o manexo do territorio e para construír futuros máis sustentables"
O CISPAC acolleu o obradoiro 'Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas', organizado por Histagra no marco das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Falamos cun dos responsables dun traballo que busca afondar -da man das comunidades rurais- no 'saber facer' tradicional para procurar "un rural vivo"
- Interactivo
- Acontece
Unha Galicia metropolitana e de proximidade: o 60% dos desprazamentos son de menos de 20 quilómetros
A Estratexia de Mobilidade presentada pola Xunta esta semana analiza as actuais relacións de comunicación entre as distintas localidades e os hábitos da cidadanía. A gran maioría das viaxes realízanse no interior do termo municipal ou con concellos da mesma comarca ou área metropolitana
A estratexia de mobilidade da Xunta aposta pola comunicación metropolitana pero relega o tren de proximidade
O documento, en exposición pública, destaca que a maior parte dos desprazamentos son de curta duración, dentro dun concello, entre concellos anexos ou entre as cidades e as localidades da súa contorna. Pero na aposta por reducir emisións contaminantes, fai máis fincapé no coche eléctrico que no transporte público, limitando as actuacións ferroviarias a "estudos de viabilidade".
O número de demandantes de vivendas de alugueiro no rexistro da Xunta triplica os inmobles ofertados en Galicia
A Federación de Empresas Inmobiliarias cifra en 2.950 os inmobles dispoñibles para arrendar en Galicia, moi por debaixo dos 3.500 que había en novembro ou dos 3.900 de setembro. En cambio, hai máis de nove mil inscricións no rexistro de demandades de vivenda de alugueiro
'21 días co galego' fai dez anos promovendo a lingua dentro e fóra das aulas
A iniciativa comezou no ano 2013 na Pobra do Caramiñal da man da mestra Pilar Ponte, con quen falamos. Nesta edición, que botou a andar a pasada semana, participan máis de 4.500 persoas de doce centros de ensino, que durante tres semanas empregarán o idioma con normalidade en todos os ámbitos
Usuarios denuncian os atrasos "cronificados" dos trens entre Vigo e A Coruña, dos que Renfe non se responsabiliza
Membros das entidades Perder o Tren e Plataforma de usuarios de media distancia asistiron a pasada semana a unha vista oral da Xunta Arbitral de Transporte da Xunta, unha cita á que a operadora non se presentou, limitándose a argumentar por escrito que os continuados atrasos en hora punta laboral, que xeran graves prexuízos a traballadores e estudantes, son culpa de ADIF.
- Entrevista | Joaquín Urías
- Acontece
"O problema de Vox non son os votos que teña senón que abriu a porta a ideas como que o aborto non é un dereito"
O profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Sevilla protagoniza unha nova sesión do ciclo Pensarmos do CCG, na que afondará na análise da calidade da democracia en España. Urías alerta de que "estamos sufrindo un retroceso moi grave en dereitos que empezou hai unha década con cousas coma a Lei Mordaza e coa represión de movementos sociais e de iniciativas populares"
12 concellos perden edís pola caída poboacional mentres O Porriño, Salvaterra e A Arnoia gañan representación
Os datos definitivos do Padrón, coñecidos esta semana, determinan o número de concelleiros que se escollerán en cada localidade o vindeiro mes de maio, aínda que os concellos poden esixir correccións ante a Xunta Electoral. As Pontes, Neda, Crecente, Boimorto, O Valadouro, Antas de Ulla, Ourol, Navia de Suarna, As Nogais, Folgoso do Courel, Castrelo do Val e Pedrafita do Cebreiro perderían edís.