Viveiros de eucalipto confirman o auxe nas plantacións a un mes da aprobación da 'moratoria', criticada polo seu "efecto chamada"
A Xunta nega que exista este "efecto chamada", denunciado por entidades ecoloxistas e polas forzas da oposición. Tamén se está a producir un incremento nas tallas de piñeiro e de especies autóctonas. A susprensión temporal de plantación de eucalipto duraría catro anos e estaría limitada a aquelas zonas ás que esta especie aínda non chegara.
As traballadoras da limpeza, en folga polas súas precarias condicións, empeoradas durante a pandemia que enriqueceu as empresas
O persoal da limpeza da provincia da Coruña levou a cabo este xoves unha xornada de folga que será continuada os 11 e 12 de maio. Reclaman un novo convenio colectivo que mellore as súas condicións e baixos soldos. Porén, a patronal ofrece unha conxelación salarial e dificultar as xubilacións
39 proxectos buscan reactivar a ría de Pontevedra, nunha mostra da súa riqueza produtiva e ambiental
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro seleccionou as iniciativas, moitas ligadas cos sectores pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura e outras relacionadas co coidado do medio ou a posta en valor dos seus valores naturais e do patrimonio marítimo. O importe total dos investimentos subvencionables supera os 3,2 millóns de euros
- Datos Coronavirus
- Acontece
As persoas que recibiron as dúas doses da vacina en Galicia teñen un 88% menos probabilidades de contaxiarse de COVID
A Xunta publica un estudo que destaca a gran diferenza de efectividade entre as persoas que recibiron a primeira dose (47,2%) e as que teñen a pauta completa (88,4%). A Comisión de Saúde Pública decidiu este martes non adiar a administración da segunda dose, como reclaman algunhas comunidades. A Axencia Europea do Medicamento avala a administración da vacina de Janssen, aínda que as tromboses figurarán entre os efectos secundarios.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Chegan as boas novas sobre a COVID: cada vez menos mortes, sen positivos nas residencias e a poboación maior, protexida
Nos últimos dez días rexistráronse só 5 falecementos relacionados coa enfermidade en Galicia e no último mes houbo só catro novos casos nas residencias. Ademais, co 95% da poboación maior de 80 anos xa vacinada, comeza a haber menos defuncións neste grupo de idade que nos máis novos.
O xuízo contra un ex-xefe do Corte Inglés de Santiago absolto dun delito de acoso sexual deberá repetirse
A Audiencia Provincial da Coruña anula a sentenza ditada hai un ano, que non viu delito nas insinuacións, tocamentos e proposicións realizadas polo xefe contra unha empregada, feitos probados, e que ignorou na vítima "unha situación de sufrimento pola humillación sufrida"
- Entrevista | Federico Pérez
- Cultura
"Coa pandemia a xente ten ganas de desafogar un pouco. Hai moitas ganas de rir e 'Cuñados' axuda a iso"
Cuñados está a ser a revelación da tempada. Gravada e proxectada en galego, dende a súa estrea é o filme máis visto en Galicia e un dos dez máis vistos en todo o Estado, onde se exhibe en 135 salas. Falamos con Federico Pérez, que protagoniza a película xunto con Xosé A. Touriñán e Miguel de Lira.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia achégase ás 900.000 doses administradas e avanza na vacinación das persoas maiores de 70 anos
Ademais da poboación maior de 80 anos, os esforzos de protección están a centrarse na poboación entre 70 e 79 anos, na que o 45,4% xa ten cando menos unha dose. Esta fin de semana administraranse 45.000 doses máis e a Xunta espera consolidar un ritmo de 150.000 doses semanais.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Vigo encabeza o incremento da incidencia da COVID, que segue alta na contorna da ría de Arousa
A cidade olívica duplicou o seu número de casos activos no último mes e a achégase ao nivel que obrigaría a establecer maiores restricións. Na maior parte de Galicia a situación permanece estable, aínda que O Grove, A Pobra do Caramiñal, Catoira ou Ribadumia presentan incidencias elevadas. Por cuarto día consecutivo non se rexistraron falecemento e por décimo día consecutivo non houbo novos positivos nas residencias.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de casos de COVID aumenta nos centros de ensino, con 100 positivos máis na última semana
A incidencia da enfermidade mantense estable na maior parte de Galicia, pero medra nas cidades de Vigo e Lugo e tamén nos centros escolares, on de o número de contaxios incrementouse notablemente dende o regreso das vacacións de Semana Santa.
Novas obras no Hospital de Ourense reactivan as alertas das enfermeiras sobre o estado xeral do CHUO
O complexo inicia unha actuación para ampliar as UCI, que se une a unha sucesión de obras nos últimos anos e que obrigará ao peche do cuarto andar do Hospital Cristal, co traslado de 22 camas e 25 traballadoras e traballadores a outros espazos.
A central térmica das Pontes segue a liderar, xunto con Alcoa, a xeración de emisións de CO2 en Galicia
As emisións de gases causantes de cambio climático das térmicas de carbón baixaron de 2,5 a 1,5 millóns de toneladas entre 2019 e 2020, debido a que produciron un 45% menos electricidade. A plataforma Galiza, un futuro sen carbón insta ao "peche total e definitivo da central das Pontes" e á aceleración da elaboración dos Convenios de Transición Xusta