- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma outros tres mil novos positivos de COVID, pero a hospitalización mantense estabilizada
O número de novos positivos detectados na última semana -coincidindo tamén cun récord de probas realizadas- rolda os 15 mil, o que eleva a cifra de casos activos ao máximo da pandemia. Porén, a maioría son asintomáticos. A positividade media mantense en máximos, un 15%. Aumenta lixeiramente o número de camas ocupadas nas UCI e no resto de unidades mantense sen cambios
De Serrat ás Tanxugueiras: o uso das linguas minorizadas en Eurovisión, unha materia pendente no Estado español
En cambio, países como Francia, Finlandia, Noruega, Suíza ou Estonia si escolleron como representantes nalgún momento cancións interpretadas en linguas distintas do idioma máis falado neses Estados.
- Datos
- Acontece
Menos poboación nas cidades e máis nas contornas urbanas e no rural: o cambio de tendencia que provocou a pandemia
A publicación das cifras oficiais do INE confima as tendencias apuntadas anteriormente. Durante o 2020 as sete urbes galegas perderon case 8 mil habitantes, que na súa meirande parte se trasladaron a localidades próximas. Nos vindeiros meses comprobarase se o movemento se mantén ou se reverte.
Consellos para un Nadal sen contaxios: un máximo de dúas unidades familiares nas ceas, máscara e ventilación
Os e as integrantes do Subcomité Clínico que asesora á Xunta difunden as súas recomendacións para reducir o risco de transmisión da COVID nos encontros familiares, limitando o número de persoas nas ceas e mantendo o mesmo grupo ao longo das dúas vindeiras semanas.
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A multiplicación de casos de COVID e a proximidade da Noiteboa provocan longas fileiras para facer probas de detección
Neste momento están habilitados 14 puntos para a realización de PCR ou tests de antíxenos gratuítos e sen cita. Porén, a elevada demanda provocou este mércores e xoves importantes esperas nestes lugares. As probas de detección en saliva das farmacias son a outra opción
- 📺
- Cultura
16 anos despois os 'Meniños cantores' volven achegar Galicia a Portugal a través das súas cancións
Este domingo a TVG emite o primeiro dos catro capítulos do documental que percorre a realización da segunda edición desta iniciativa, na que a rapazada de 17 centros de ensino dunha e doutra beira do Miño interpretan temas musicais do patrimonio de ambos os dous países.
Os barrios céntricos das cidades galegas, os máis próximos á consideración de 'zonas tensionadas' polo prezo dos alugueiros
Os prezos medraron un 20,7% en cinco anos nas sete urbes, onde no 2018 as familias destinaban ao seu pagamento entre un 14,3% e un 17,6% dos ingresos netos, sen contar os outros custos da vivenda. O esforzo económico é superior nos barrios populares, coma Os Mallos, a Agra do Orzán ou Coia, debido ao baixo nivel de renda nestas áreas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
8 gráficos que amosan que a pandemia de COVID vai quedando atrás
Nos 13 primeiros días de outubro notificáronse 401 novos positivos en Galicia, unha cifra que a finais de agosto se acadaba nun só día. Ademais, só oito localidade tiveron máis de 10 contaxios nas últimas dúas semanas e 216 concellos están libres de COVID.
A pandemia remite nos centros de ensino galegos, con só 69 casos activos de COVID
O curso comezou con 367 positivos nas aulas, que en catro semanas ficaron reducidos a unha quinta parte. A incidencia nos menores de 12 anos descende rapidamente e xa se sitúa preto da media
'Asterix e o Grifón' poderase ler en galego o mesmo día da súa publicación en todo o mundo
Xerais publica o vindeiro 21 de outubro o novo volume dos heroes galos, o primeiro editado dende a morte o pasado ano do seu coautor, Albert Uderzo. Trátase do volume número 39 da serie e conta co guion de Jean-Yves Ferri e os debuxos de Didier Conrad. A tradución ao galego é responsabilidade de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Agosto foi o segundo mes da historia que Galicia recibiu máis visitantes
A Costa da Morte e A Mariña superaron os seus récords de viaxeiros e pernoctacións e as Rías Baixas e Rías Altas practicamente igualaron os datos previos á pandemia. Despois dun xullo e agosto moi positivos, o sector confía en repetir os resultados en setembro e no outono.
As candorcas regresan á costa galega. Que facer ante unha interacción cun veleiro?
Dende o 25 de setembro notificáronse sete interaccións na costa galega, despois de varios meses nos que estes animais se concentraron no sur da Península Ibérica. Expertos do CEMMA e doutros centros de investigación puxeron en marcha unha web que rexistra todos os encontros e ofrece unha serie de recomendacións para as embarcacións