- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID segue estable en Galicia entre chamadas á cautela ante unha Semana Santa sen cambios nas restricións
As restricións xerais continúan sendo as pactadas antes de San Xosé, co peche perimetral autonómico, o toque de recollida de dez da noite a seis da mañá e o veto aos encontros de non conviventes en domicilios privados, alén das medidas da Xunta por concellos. Galicia rolda os 75 casos novos do coronavirus por cada cen mil habitantes a 14 días e 138 concellos non tiveron casos novos nese período
Galicia perdeu máis da metade das súas oficinas bancarias dende o 2008 e 45 concellos carecen xa de sucursal
Na actualidade hai tan só 1.234 oficinas abertas en Galicia, despois do peche de 1.300 en apenas unha década. Persoal do Santander alerta de que o seu ERE e novos peches afondarán "na exclusión financeira á que o proceso de reestruturación e concentración bancaria está levando a centos de galegos e galegas que viven nas zonas rurais"
A lei promovida polo BNG para a igualdade entre homes e mulleres na investigación acada o apoio de todo o Parlamento
PP, BNG e PSdeG aproban o inicio da tramitación da Lei Ángeles Alvariño, que recolle as demandas expresadas polo persoal científico a través de Investigal. O obxectivo é que as mulleres investigadoras non teñan que “elixir entre ser nais ou científicas”.
- Entrevista | Agustín Montes Coronavirus
- Acontece
"Hai un problema de produción das vacinas de COVID polo acaparamento a cargo das grandes farmacéuticas"
As mellores novas sobre a pandemia nos últimos meses tiveron que ver coas vacinas, un logro da ciencia que están a avanzar con máis lentitude que a desexada. Falamos sobre vacinas e vacinación con Agustín Montes, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC
- Entrevista | Luz Darriba
- Cultura
"O espazo público nunca é das mulleres, é importante que intervencións artísticas feministas o ocupen"
O pasado 8 de marzo o edificio da Deputación de Pontevedra en Vigo apareceu cuberto por faixas de gran tamaño compostas por tres mil máscaras, trenzadas e escritas unha a unha coas mensaxes enviadas por centos de mulleres. É a obra 'Coidármonos' de Luz Darriba, que fai fincapé no traballo de coidados, especialmente intenso na pandemia.
Adega e SLG alertan de que a moratoria do eucalipto anunciada pola Xunta provoca un "efecto chamada" con máis plantacións
Denuncian que o anuncio "acelerou" plantacións de eucaliptos "tanto ilegais como legais" co obxectivo de "ocupar a máxima superficie posible con esta especie antes de que se faga efectiva a moratoria". Esixen da Xunta que aplique xa a suspensión. Este domingo 22 concentracións protestarán en toda Galicia contra o Plan Forestal
A Axencia Europea reafirma a seguridade da vacina de AstraZeneca, que volverá ser administrada a vindeira semana
108 mil persoas recibiron en Galicia as dúas doses das vacinas contra a Covid-19, unha cifra moi semellante ao total de persoas infectadas dende o inicio da pandemia (115 mil). O 9,7% da poboación galega recibiu xa cando menos unha dose, incrementando a proporción de persoas protexidas.
O xuíz non ve delito nas gravacións de mulleres na festa da Maruxaina subidas a páxinas porno
A Asociación Mulleres en Igualdade de Burela e varias das afectadas, que foron filmadas mentres ouriñaban, denunciaron o sucedido, pero o tribunal alega que non existe delito, ao realizarse as gravacións nun espazo público. A entidade feminista cualifica como "inaceptable" a decisión e denuncia que "normaliza" as vulneracións de dereitos.
Detectado un novo foco de coronavirus nunha granxa de visóns de Santiago
Despois de confirmar a circulación do virus, a Xunta está a realizar estudos epidemiolóxicos nos para tentar determinar a orixe da infección. O gromo únese ao rexistrado na Baña en xaneiro. En toda Galicia funcionan 25 granxas con máis de 70.000 animais.
- Obituario
- Cultura
Morre Xosé Ramón Barreiro, deixando décadas de paixón e compromiso co estudo da historia de Galicia
O historiador finou este mércores na Coruña aos 84 anos de idade. Catedrático da USC, foi presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009 e publicou ducias de libros que axudaron a coñecer mellor a historia contemporánea do país, especialmente do século XIX.
O gasto público de Galicia na atención a persoas dependentes é un 18% inferior á media do Estado
O investimento situouse nos 5.505 euros anuais por dependente, fronte aos 6.506 euros anuais da media española, segundo destaca o Observatorio da Dependencia, que tamén analiza o efecto da pandemia: entre marzo e decembro faleceron en Galicia 462 persoas en lista de espera sen seren atendidas.
Sanidade suspende 14 días a vacina de AstraZeneca mentres a UE analiza un "número moi baixo" de efectos adversos
O Consello Interterritorial, no que participan Ministerio e comunidades autónomas, toma esta decisión de forma preventiva ante a aparición de 11 trombos cerebrais, un deles en España, aínda que a Axencia Europea do Medicamento defende que non hai probas que relacionen a vacina con estes problemas