A mobilización por un cambio de modelo nas residencias chega a Santiago esixindo servizos sociais públicos e de calidade
Centos de persoas manifestáronse en Compostela, convocadas por Modepen e Trega, nunha marcha na que se denunciou a conivencia da Xunta coas empresas privadas que dominan o sector en Galicia. Advirten de que a privatización incrementou os contaxios e as mortes por coronavirus nestes centros
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus no Barbanza mantense en 9 positivos, con 95 persoas en corentena
95 das persoas relacionadas co foco deron negativo nas probas PCR realizadas e permanecerán 14 días en illamento domiciliario. Este martes non hai que sumar ningunha nova infección de coronavirus en Galicia, onde nos últimos 12 días non se rexistraron novas mortes por esta enfermidade.
A ARMH esixe ante a Fiscalía o cambio do nome da Residencia Barroso, que homenaxea un militar franquista
A instalación universitaria, inaugurada en 1976 e xestionada pola Armada, toma o seu nome do Tenente Xeneral Antonio Barroso, que chegou a ser ministro do Exército durante a ditadura. A entidade pídelle a Dolores Delgado que valore sancionar o Ministerio de Defensa por incumprir a Lei de Memoria Histórica
Cangas torna en epicentro da protesta polas mortes por coronavirus nas residencias de Galicia
Dende hai tres semanas, todos os domingos os familiares das persoas que viven na residencia de DomusVi en Aldán levan a cabo concentracións ás portas no centro. Ademais, este sábado unha manifestación percorreu as rúas da vila. Este mércores 24 está convocada unha marcha en Compostela que esixirá servizos sociais "100% públicos" e de calidade
DomusVi rebélaselle á Xunta e cúlpaa ante as familias dos anciáns pola xestión do coronavirus
A directora da residencia da empresa en Compostela acusa o Goberno galego de tardar 9 días en comezar a hospitalización de enfermos de coronavirus e de rexeitar o traslado dos máis dependentes. Vellez Digna atopa verosímil a denuncia "pois algo debeu pasar para que deixasen morrer tantas persoas", pero ve tamén un intento da empresa de "escusarse" pola mala xestión realizada
O coronavirus destruíu máis de mil empregos no sector cultural galego e deixou outros 4 mil en situación de ERTE
O Observatorio da Cultura Galega do CCG analiza nun informe o impacto da pandemia sobre o sector, salientando que a destrución de emprego foi mesmo superior ao que sufriron a construción ou os servizos. 667 empresas culturais presentaron un ERTE.
Catro diferenzas entre o Ingreso Mínimo Vital e a Risga reivindicada por Feijóo
O presidente da Xunta, que vén cuestionando a axuda posta en marcha polo Goberno central, asegurou este martes nunha entrevista que o IMV "existe en Galicia dende 1991", en referencia á Risga. Porén, hai importantes diferenzas entre unha e outra , comezando pola súa contía, a súa cobertura, a compatibilidade con outros ingresos e a burocracia.
Longas ringleiras ante os concellos no primeiro día para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, que beneficiará uns 40.000 fogares galegos
Vigo e Ourense rexistraron importantes colas ante as oficinas municipais. Mentres, Santiago habilitou dous puntos de información que xestionarán as 620 citas previas xa concedidas. O delegado do Goberno central, Javier Losada anuncia que cando menos 7.000 fogares "xa percibirán a prestación este mes de xuño"
A 'Virxe do Río Sar' xa está no Museo das Peregrinacións
Na tarde deste luns a peza foi recollida do leiro do río e trasladada por técnicos da Consellaría de Cultura. Agora a figura será estudada en profundidade para determinar o seu valor patrimonial e confirmar a catalogación inicial, que a data no século XIV.
Os parques infantís comezan a abrir esta semana con críticas á Xunta pola escasa marxe de tempo dada aos concellos
Boa parte dos concellos adían a apertura ata levar a cabo desinfeccións e o cálculo da capacidade máxima permitida para cada instalación. Varias localidades acusan o Goberno galego de non ter achegado recursos para garantir a posta en marcha con seguridade e o PSdeG fala de "improvisación" de Feijóo.
Un pescador atopa por casualidade unha virxe do século XIV no leito do río Sar en Compostela
A peza, que representa a virxe co neno, é de estilo gótico e está moi traballada. O home puxo o achado en coñecemento dunha experta en patrimonio, socia de Apatrigal, que fixo un estudo e informou á Consellería de Cultura
A Coruña peonaliza 11.000 metros cadrados no centro, recuperando para as persoas "o espazo que o coche lles foi quitando"
O Concello presentou o proxecto de transformación da zona dos Cantóns, que se licitará entre este ano e o que vén. O Goberno local destaca que “o obxectivo é levar esta acción a todos os barrios para que en todos gocemos de espazos de convivencia como se fosen o mesmo
centro da cidade”