As residencias galegas, protexidas pola vacina, só tiveron cinco novos casos de COVID na última semana
A mellora da situación é moito máis rápida que no resto da sociedade. Os casos activos nas residencias supoñen o 1,45% do total, fronte ao 4% que representaban en xaneiro ou o 7% de novembro. O efecto tamén se deixa notar no número de defuncións, 4 na última semana, fronte ás 108 de xaneiro.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia inicia a desescalada cun baixo nivel de contaxios pero cun 60% máis de hospitalizacións que antes do Nadal
No inicio da segunda desescalada a cifra de camas ocupadas por persoas enfermas de Covid-19 roldaba as 350, hoxe son aínda 564. Con todo, as boas novas son que o número de novos positivos é a máis baixa dende o outono e que a positividade está no 3,5%. Nas residencias rexistráronse unicamente cinco novos casos na última semana.
A 'Artesanía dixital' galega: o traballo coas mans de profesións non tan diferentes da vella artesanía
BenCuriosa presenta un documental interactivo, realizado por Antón Varela, que presenta o traballo de 12 creadores e creadoras galegas que traballan deseño de videoxogos, programación de apps, ilustración dixital, recreación histórica 3D, fotogrametría, arte dixital...
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de novos positivos de COVID sitúase en niveis previos ao Nadal, pero co dobre de camas ocupadas nos hospitais
A pesar do descenso das cifras de incidencia e positividade, o número de camas ocupadas nas UCI (133) aínda duplica o nivel que se rexistraba en decembro (entre 50 e 60) e o mesmo sucede no conxunto de unidades: 634 camas ocupadas, fronte ás 300 ou 350 dos días previos ao Nadal
O PP aproba en solitario a revisión do plan forestal, entre críticas da oposición de favorecer o sector do eucalipto
BNG e PSdeG critican a falta de diálogo e de análise no plan e reciben con escepticismo a proposta de última hora do conselleiro de Medio Rural dunha "suspensión temporal" da expansión do eucalipto a aqueles lugares onde non fora plantado ata agora, cualificando o anuncio como "ocorrencia" para buscar "titulares de prensa"
As mobilizacións galegas do 8M poñen o foco no traballo de coidados, o máis invisibilizado e afectado pola pandemia
A plataforma Galegas8M presenta baixo o lema 'Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!', o manifesto conxunto das mobilizacións locais e comarcais que se levarán a cabo o vindeiro 8 de marzo, folga laboral, no ensino, de consumo e de coidados.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O 66% das persoas en Galicia pasaron a Noiteboa na súa área de residencia, 12 puntos máis que no 2019
A mobilidade foi maior en Ourense e na Coruña e máis reducida en Lugo e Pontevedra. Os datos de mobilidade obtidos polo INE a partir do posicionamento dos teléfonos amosan que os desprazamentos a outros concellos foron máis frecuentes en Galicia que no resto do Estado entre abril e setembro, pero inferiores en novembro e decembro.
Galicia inicia a vacinación de 50.000 docentes entre críticas da CIG por erros de coordinación nas primeiras horas
A Xunta prevé que todo o profesorado menor de 55 anos reciba a primeira dose antes de final de marzo, vacinacións que comezan este mércores e que se realizarán nos hospitais. O sindicato denuncia que nas probas realizadas en varias cidades este luns e martes houbo longas esperas e erros no envío de SMS.
Xeopesca alerta sobre o gasto da Xunta en licenzas de Microsoft e o abandono do software libre
A entidade destaca que Madrid gastou en licenzas da multinacional estadounidense entre 2015 e 2019 case tanto como Galicia unicamente no ano 2019, segundo os datos comunicados polo Goberno rexional madrileño.
O Observatorio Eólico presenta unha guía para protexer os propietarios rurais e que os beneficios do vento fiquen no país
O documento inclúe propostas de contrato e información práctica para fortalecer a posición negociadora das comunidades rurais. "Debemos evitar présas e que os beneficios emigren, como xa pasou noutras ocasións", destacan os seus autores
- Reportaxe
- Política
40 anos do 23-F: a noite que a democracia cambaleou
Entrevistamos a Xesús Veiga, Carlos Barros, Joám Facal e Manuel Monge, que relatan a súa experiencia naquela xornada e analizan o seu desenvolvemento posterior. Os tres figuraba, ademais, nas 'listas negras' que os golpistas manexaban en Galicia, que ofrecemos nunha táboa interactiva con 500 nomes
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A Xunta reabre a hostalería e permite a mobilidade segundo a incidencia da COVID e por áreas sanitarias agás en 17 concellos
O Goberno galego crea unha nova escala de restricións baseada na suma de casos a 14 días e Feijóo pide á cidadanía que “se quere volver aos bares, teña un comportamento individual correcto”