O TSXG acredita que residencias privadas de maiores incumprían o descanso do persoal previsto no convenio
Unha sentenza dá a razón a CC.OO., CIG e UGT, que esixían o respecto dun descanso semanal mínimo de 48 horas e a compensación por traballar en días festivos recollida polo acordo asinado en 2018. Os sindicatos levan anos denunciando a vulneración dos dereitos laborais e a sobrecarga de traballo
Persoal e usuarios de residencias convocan manifestacións en memoria das vítimas e en defensa dos servizos públicos
As "marchas cívicas" celebraranse o vindeiro 11 de xuño nas sete cidades galegas. Servirán como homenaxe ás persoas que faleceron por mor do coronavirus e reivindicarán "uns servizos sociais plenamente públicos, asequibles, de calidade e de proximidade", en contraposición do modelo actual, "ferozmente privatizado"
Galicia pasa á Fase 2, sen franxas horarias e máis actividade cultural, comercial e na hostalaría
A partir deste luns 25 de maio en todo o territorio galego bares e restaurantes poderán servir no interior, abrirán as grandes superficies comerciais e tamén os cines. Ademais, ningún concello manterá quendas para o paseo ou a actividade deportiva. De momento, segue sen estar permitida a mobilidade entre as distintas provincias galegas, como demandaba a Xunta
Acusan a Xunta de "facer propaganda" cunha inexistente política de recuperación do oso pardo en Galicia
PDCC, ADEGA, Ecoloxistas en Acción e SGHN demandan a redacción inmediata dun novo Decreto de Recuperación da especie en Galicia e "a paralización daquelas actuacións que deterioran o seu medio natural", como a autovía A-76, minas a ceo aberto ou parques eólicos situados na súa área de distribución
O coronavirus non frea os pisos turísticos en Galicia: aumentan un 6% en catro meses e xa superan as prazas hoteleiras
Entre xaneiro e maio o número de establecementos rexistrados legalmente pasou de 9.872 a 10.551, mantendo un ritmo de crecemento moi semellante ao dos dous últimos anos. Ofrecen case 57 mil prazas de aloxamento, máis que o conxunto de hoteis existentes en Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra 10 novos positivos e baixa dos mil casos activos de coronavirus por primeira vez dende o 22 de marzo
Nas últimas 24 horas houbo un novo falecemento e catro persoas necesitaron ingresar nos hospitais galegos, onde o número de pacientes infectados coa covid-19 baixa ata os 85. Ademais, detectáronse outros 12 positivos a través de probas rápidas.
Galicia prepara o regreso ás aulas presenciais para o luns 25 con críticas sindicais pola planificación da Xunta
De pasar á Fase 2 do desconfinamento, os alumnos e alumnas de 2º curso de Bacharelato e do 2º curso de graos medios e superiores de FP regresarían ás clases, de forma voluntaria. CIG-Ensino cualifica de "temeridade" a intención de "dar sensación de normalidade" cunha medida "que pon en risco a saúde de familias enteiras"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea tres días sen falecementos con coronavirus por primeira vez dende o inicio da pandemia
Este mércores, no entanto, vén de producirse unha nova morte na Coruña, rompendo a liña positiva dos últimos días. A situación epidemiolóxica segue a mellorar, con só 9 novos positivos detectados por PCR e 4 novas hospitalizacións.
Os concellos costeiros rexeitan a proposta da Xunta para establecer unha cita previa para acceder ás praias
O Goberno galego buscaba aplicar en todos os areais o sistema que funciona para entrar na praia das catedrais, pero a maior parte dos Gobernos locais critican a iniciativa e advirten da imposibilidade de controlar o acceso en grandes praias. Varias localidades preparan iniciativas propias para garantir a distancia física
Galicia volve moverse: a Fase 1 significou un aumento do 25% nos desprazamentos fóra do fogar
Nos cinco primeiros días de aplicación da Fase 1, a mobilidade en Galicia aumentou un 20% con respecto á semana anterior e un 25% con respecto a dúas semanas atrás, segundo os datos do Ministerio de Transportes. A autorización para dar paseos e facer deporte xa supuxera un incremento.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Terceiro día sen mortes por coronavirus en Galicia, onde só se rexistrou un ingreso hospitalario pola enfermidade
Ese luns apenas houbo dous novos positivos por PCR. A Xunta contabiliza 1.139 casos activos, 35 menos que este luns. Dende o comezo da epidemia morreron en Galicia 607 persoas con coronavirus e 2.935 tiveron que ser ingresadas no hospital, 332 na UCI.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra só 5 novos casos de coronavirus e ningún ingreso na UCI noutro día de cambios na comunicación dos datos
Trátase do día con menos positivos novos dende o pasado 9 de marzo, igualando o indicador deste sábado. O Ministerio de Sanidade comeza a ofrecer polas tardes a actualización diaria da situación da enfermidade, para recoller os datos ata a medianoite. Pola contra, a Xunta seguirá informando das cifras pola mañá, pero só dos números rexistrados ata as oito da tarde do día anterior.